Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Investigamos sobre Exipto: Os xeroglíficos e as pirámides.

Podes ver os pasos anteriores desde proxecto de investigación nestas entradas:

- Comezamos a investigar sobre Exipto

 

Xa coa información organizada, chegou o momento de comezar a buscar a resposta ás preguntas que plantexaramos.

OS XEROGLÍFICOS:

Unha das cousas que queriamos saber de Exipto era como escribían, onde o facían, e que eran os Xeroglíficos.

Que son os xeroglíficos?

En gran grupo buscamos xeroglíficos na información que tiñamos: en libros, nas fotocopias, nos videos...

E debuxamos aqueles que nos pareceron máis curiosos.

 

Dalgunhas das fotocopias que tiñamos recortamos os xeroglíficos que aparecían neles... aparecían "debuxos moi diferentes". Que significarían?

 

 

 

Empregamos eses xeroglíficos para delimitar as diferentes partes do noso mural da investigación.

 

Escribimos o noso nome en xeroglíficos: 

Empregando unha aplicación informática que atopou o profe, e que podes atopar no recanto de infantil > vídeos > exipto... escribimos os nosos nomes en xeroglífico. (podes acceder a ela directamente desde aquí)

Investigamos entre todos e todas como funcionaba o programa. Pensamos que habería que escribir o noso nome na caixa branca, e que habería que premer no botón que tiña a T de "TRADUCIR"... e para imprimir a resposta habería que premer o boton que tiña a I de "IMPRIMIR".  Pero había dúas opcións que poñían "home e muller"... para que servirían?... pensamos que seguramente habería que indicar se se trataba dun nome de "chica" ou de "chico", e así o fixemos.

Cada un foi escribindo o seu nome, traducíndoo e imprimíndoo.. resultou moi doado.

 

A medida que ían saíndo os nomes fomos comparándoos cos dos demáis e descubrimos algo curioso... os dos nenos tiñan un xeroglífico dun home e os nomes das nenas un xeroglífico dunha muller... que idea máis xenial tiveron os exipcios!! 

Preparamos unha tarxeta co noso nome en xeroglífico e coas "nosas letras" para pegar na cadeira.

 

Agora temos nas nosas cadeiras os nomes en "xeroglífico", e tamén traducido "nas nosas letras" para poder descifralos.

 

Faltaba agora dar resposta ás preguntas que tiñamos plantexadas sobre os Xeroglíficos, e para poder plasmar toda a información que fosemos atopando preparamos o lugar onde iamos a escribir as respostas no noso mural, escribindo o número da pregunta e a palabra XEROGLÍFICOS.

 

 

Estivemos buscando entre a información que tiñamos, e que xa miraramos anteriormente cando buscamos xeroglíficos nela. Pedímoslle o profe que nos fose lendo o que poñía en diferentes lugares, descubrindo moitas cousas sobre os xeroglíficos.

 

A algúns ocurríuselles empregar a lupa para mirar os xeroglíficos máis pequenos dunha fotografía, resultou que se trataba da pedra de Roseta, que servía para traducir os xeroglificos porque estaba escrita en varios idiomas.

 

Por equipos fomos plasmando no mural todo o que xa sabiamos dos xeroglíficos, repartíndo as preguntas entre eles.

 

Cada equipo foi plasmando no mural a resposta que lle tocara explicar:

Como escribían nos nomes da xente se era un home ou muller?

 

Onde se escribían os xeroglíficos?

Quen escribía os xeroglíficos? 

Como sabemos o que significan os xeroglíficos?

De que estaban feitos os papiros?

 

Así quedou o noso mural con todas as respostas sobre os xeroglíficos. 

 

Cada un dos equipos foi contándolles ós demáis como plasmaron no mural a resposta á pregunta que lles tocara.

 

Tamén dramatizamos a posición na que escribían os ESCRIBAS... por que escribirían así? entre as respostas que xurdiron acordamos que "cremos" que seguramente non tiñan mesas e sillas para escribir nelas, teremos que comprobalo na información.

 

INFORMACIÓN DUNHA VIAXE A EXIPTO:

Noa comentounos un día,que a súa tía nos enviara por e-mail (ó correo de infantil) unhas fotos da viaxe que fixera á cidade do Cairo, en Exipto... había fotos moi curiosas como as enormes pirámides, os policías en camello e un barco antigua... para que a empregarían?

 

AS PIRÁMIDES:

Para buscar respostas ás preguntas que tiñamos sobre as pirámides, decidimos investigalo novamente todos xuntos, e empregar un vídeo dos que trouxera GABRIEL da súa casa (podes atopalo tamén no recanto de infantil> videos > Exipto).

Fómolo parando para comentar algunhas cousas que dicía, e cando rematou, entre todos e todas, fomos anotando nun listado as cousas que descubriramos nel:

  • As pirámides medían ata 138 metros de alto
  • Estaban feitas de grandes bloques de pedra
  • Levábanas desde as canteiras polo río Nilo nun barco (acordámonos da fotografía do barco que miraramos) e logo arrastrábanas polo chan, tirando as persoas delas.
  • Hai 18 pirámides ó longo do río Nilo.
  • As pirámides eran as tumbas dos Faraóns.

 

Agora tan só había que plasmalo no noso mural, pero nesta ocasión cada equipo, que se encargaría de cada resposta, tería que acordar e decidir como representar as respostas no mural.

Para contar que había 18 pirámides decidiron debuxar as dezaoito e escribir o número.

 

Para explicar como levaban os bloques de pedra decidiron buscar unha imaxe dos bloques nun barco e dos bloques arrastrándose polo chan con alguén tirando deles.

 

Para contar que estaban feitas de bloques de pedra, o equipo encargado decidiu facer un "esquema" debuxando unha pirámide e cunha flecha "sacar un bloque para fora", pareceunos unha idea BRILLANTE.

 

Para contar que estaban construídas ó longo do río Nilo, decidiron buscar unha foto do río, nas fotocopias que tiñamos na información, para contalo debaixo dela no mural.

 

Por último para contarlles a todos canto medían as pirámides, o equipo responsable decidiu recortar a pirámide máis grande que había entre a información que atopamos, e escribir "cunha raia" canto medían as pirámides, escribindo o número 138.

 

E así quedaron as respostas todas xuntas no noso mural, como contestación as preguntas sobre as pirámides.

Descubrimos tamén que os investigadores das pirámides se chaman ARQUELÓGOS, un nome que é moi parecido ós investigadores dos dinosaurios, que xa coñecemos pola nosa anterior investigación, que se chaman PALEONTÓLOGOS.

Para todas estas preguntas fomos dando resposta tamén no noso dossier persoal, que vos amosaremos cando rematemos esta investigación. 

 

REPRESENTAMOS EXIPTO EN PLASTILINA:

Un día xogando coa plastilina algúns compañeiros comezaron a facer pirámides, os demáis comezaron a facer tamén o río Nilo, a pedra de Roseta, a un home arrastrando un bloque de pedra...

Gustounos tanto como quedou que decidimos "reconstruir" o Exipto antigo empregando as nosas figuras de plastilina.

 

Podes recoñecer o rio Nilo?, a pedra de Roseta?, as pirámides? e ós exipcios arrastrando bloques de pedra?

 

 

CONSTRUIMOS UNHA PIRÁMIDE: 

Despois de investigar as pirámides, o profe plantexounos unha idea fantástica... facer na nosa aula unha pirámide de verdade... queres coñecer como vai o noso traballo?. Atoparás toda a información na entrada onde explicamos o proceso de construcción da nosa gran pirámide.

 

Un xeroglífico misterioso na porta da clase.

Un día pola mañá atopámonos na porta da clase un "xeroglífico misterioso".  Que poñería nel?

Despois de debatir todos xuntos, acordamos que o que había debaixo debía ser a "pedra de Roseta" e que a poderiamos empregar para "traducir a frase misteriosa".

Con axuda das letras móviles, fomos descifrando "entre todos e todas" cada unha das palabras, anticipando o que poñía nelas aínda que non estivesen completas, falando sobre que letras faltaban e que se lía cando nos equivocabamos na traducción.

Finalmente demos descifrado o xeroglífico, que facía referencia á pirámide que estamos a construir.

Somos un gran equipo arquelóxico!! ;) 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 13 invitados conectados.