LETRAS GALEGAS 2013
O venres 16 de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Este ano é adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Durante toda esa semana fixemos traballos relacionados co autor: murais, investigamos na web, etc.
Tamén fixemos o maio entre tódolos nenos e nenas do centro; desde infantil ata 6º. distribuímos o traballo e o resultado foi este:
O venres fixemos un pequeno festival no que tódolos nenos e nenas participaron.
Os nenos e nenas de 6º prepararon un power point con catro autores e autoras destacados que foron:
.Rosalía de Castro
.Castelao
.Cunqueiro
.Roberto Vidal Bolaño
Os Nenos e nenas de E.I. fixeron baile que se chama " O bolero" e os nenos e nenas de 2º ciclo cantáronlles.
Os nenos e nenas de 1º ciclo bailaron "O galandún"
Todo o centro cantou Os maios.
E os nenos e nenas de 3º ciclo tocaron o Himno Galego