(2012-2013) Teatro nas Letras Galegas
Durante estas semanas previas á Celebración das Letras Galegas no noso centro estivemos a preparar una obra de teatro que ten como título "Inventos Lunáticos".
Xa temos máis ou menos aprendido o papel de cada un, ensaiamos no escenario para saber por onde moverse e situarse, adaptar o ton de voz, traballar a expresión corporal,...
Tamén preparamos os decorados: con bolsas do lixo a modo de cortina coloreamos os fondos do escenario para cada momento da obra.
Moito desfrutaron nesta parte tamén! Aquí sí que estaban concentrados. Así de bo foi o resultado final!
O decorado tamén precisaba dunha gran máquina. Para facela empregamos a escada na que pegariamos engranaxes. Aquí estamos a debuxalos e pintalos.
Xa tiñamos todo listo para honrar no Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño coa nosa obra de teatro.
Mais non estabamos todos. Unha das protagonistas da obriña faltou toda a semana. Entre todos decidimos agardar a que regresara para representala.
Así que nos vindeiros días prepararemos un cartel para colocar no centro anunciando a nosa representación teatral.
Entrada de balde, por suposto!
(Xa vos contaremos como nos foi)