(2012-2013) Día da nai
Nos pequenos pero sabrosos momentos de plástica, andamos a empregar os ultraportátiles para coñecer un pouquiño a Picasso.
Para elo tentamos darlle resposta a algunha das preguntas propostas na webquest que traballamos sobre el.
Agora que case a temos rematada podemos presumir de saber algo máis sobre este gran pintor e escultor español.
Aproveitando un programa informático chamado Picassohead ao que nos enlazaba a web preparamos cada un de nós un retrato "picassiano" da nosa nai co que poder agasallala o día da nai. Aquí podedes ver o fermosas que quedaron. (Se clicades sobre a imaxe enlazaravos a unha revista dixital con todas elas)
Con el preparamos unha tarxeta na que lles escribimos unhas palabras de cariño. Tamén o acompañamos cunha maternidade de Picasso coloreada por nós; posto que xa miraramos que era un tema que lle gustaba plasmar nas súas obras especialmente a este artista.
Aquí tedes mostra dalgunha delas.