(2012-2013) FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS (23/4/2013)
Hoxe, día 23 de abril, tivemos un anaquiño de tempo para conmemorar o día do libro na nosa escola.
O equipo de dinamización da biblioteca propuxo que, nesta ocasión, seriamos os profes os que lle iamos ler ós alumnos/as aqueles contos, historias, obras que, nos gustaban cando eramos pequenos ou que foran significativos para nós.
Por un anaco, todos os espazos do colexio se tornaron
" recantos lectores" e mostra disto, e do bo rato que pasamos lendo, son as seguintes imaxes:
Susana, titora de 4º curso fixo partícipes ó grupo de 5º curso da súa gran pasión pola obra de Kiplin " El libro de la selva".
Chus, elixiu as Tics, combinando imaxe na lousa dixital coa lectura en dúas obras preciosas, que vos recomendamos: " Yo, Ming" e " O color da area". O grupo de 3º...como vedes, nin pestanexa!!!.
Na aula de música tamén se agochaba un recanto lector, neste caso, a cargo da profe de música, Mercedes, que combinou o coñecemento de un curioso instrumento musical coa lectura de unha lenda africana para o grupo de 6º curso.
Aló, no salón de actos, no escenario acondicionado con colchonetas de cores, cómodamente ubicados atopabamos ó grupo de Educación Infantil 1, totalmente encantados co mago Tirso, que lles leu varios contos, como " A sereíña".
Loli, na aula de EI 1, achegoulles ós nenos e nenas de 4º curso a un dos seus libros preferidos " O Principiño"...e aí os temos, tratando de descubrir, qué é ese debuxo que, resulta tan enigmático do libro de Saint- Exupery.
¡¡¡ Anda, sorpresa!!!...ó redor da mesa da sala de mestres estaban o grupo de EI 2 boquiabertos, co conto dialogado que lle ofrecían as profes Marga e Isabel, " Amelia"....que quería ter unha balea!!!.
E co bo día que facía, fóra, baixo as árbores estaban tan ricamente, o grupo de 2º curso coas profes María e Ana, lendo " As manoplas de Carapuchiña", unha versión do famoso conto clásico.
E debaixo das outras árbores, a profe Ángela, e o profe Óscar poñían todas as súas ganas, lendo " A bruxa Regañadentes" ó grupo de 1º curso.
A experiencia foi moi amena, participando grandes e pequenos, e vivenciando a lectura a través de todos os sentidos, cos ollos, coas orellas, co nariz, coa pel.... porque a lectura debe verse, escoitarse, cheirarse, tocarse e vivirse intensamente...con todos os sentidos...¡¡¡¡
Ó finalizar, cada grupo fixo algunha actividade referida ós contos lidos. Por exemplo:
Xogar a debuxar e imaxinar como iría vestida Carapuchiña se fose verán.....
Ou imaxinar que...a boa constrictor de " O Principiño"...se zampou ¡¡¡¡a dora Lectora....!!!!
Aí vola deixamos para pechar esta pequena actividade toda guapa ela, vestida de primavera e rodeada de libros de poesía, no recanto da BIBLIO.