Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Preparamos a nosa visita ó Salón do Libro?... facemos un mapa

Podes ver como elaboramos o noso traballo para o Salón do libro 21013 na seguinte entrada publicada anteriormente:

(2012-2013) Inventamos máquinas para facer o noso traballo para o Salón do Libro

 

PREPARAMOS A VISITA Ó SALÓN DO LIBRO:

Co noso traballo para  o Salón do libro rematado  xa en Pontevedra, chegou o momento de ir preparando a nosa visita. 

O primeiro foi anotar no noso calendario o día 5 de MARZO, cando visitariamos o Salón do Libro para participar nas súas actividades... e por suposto voltar a saudar ó lobo ORBIL.

Agora cada novo día o encargado podería contar cantos días faltaban ata que chegase esa data tan especial.

 

Preparamos tamén o noso dosier persoal sobre o invento que "deseñara" cada parella, así como da "cámara antiga dos inventos". Aproveitando o xogo LIM (que xa vos amosamos na entrada que se cita ó comezo deste texto) lembramos tamén as partes do noso traballo.

 

Anotamos tamén nun listado os nenos e nenas que ían traendo a autorización para asistir ó Salón, e ó lado do nome indicabamos tamén cantos "euros" trouxeramos cada un. AlgúnS traían uha soa moeda cun número "2" e outros dúas moedas co número "1"... chegamos á conclusión que era a mesma cantidade de cartos.

 

Tamén contamos cantas moedas xuntamos, cantas tiñan o número "2" e cantas o número "1"...

 

 

FACEMOS UN MAPA PARA CHEGAR ATA O SALÓN DO LIBRO:

Para visitar ás actividades do Salón do libro, tiñamos que ir ata Pontevedra nun autobús pero... Como iamos chegar ata alí? por onde tiñamos que pasar?

A profe ÁNGELA e o profe ÓSCAR amosáronnos no E.D.I. un mapa onde estaba marcardo o recorrido de cor azul. Podía verse por onde ía a carretera e por onde había árbores e casas.

 Ámbalas dúas aulas xuntas, fomos descubrindo o que se agochaba en cada punto do mapa, no que nos podiamos ir desprazando co dedo.

 

No mapa, aparecían uns lugares marcados cunhas letras, e se premías sobre eles podías ver os lugares polos que iamos pasar... fómolos comentando un a un, algúns xa os coñeciamos e con outros tivemos que discutir ata chegar a unha conclusión. 

Podes ver o mapa interactivo que empregamos na seguinte ligazón (Fai click na imaxe para abrir a ruta en google maps con puntos marcados de street view)

Ligazón ó mapa con "lugares" marcados en street view 

 

Coas diferentes imaxes que aparecían nos puntos marcados do mapa (en street view de google maps) fomos elaborando o noso mapa, lembrando a orde en que foran aparecendo, e para que servía cada un dos lugares indicados: COLEXIO, CONCELLO, TALLER, FÁBRICAS.... ata chegar ó PAZO DA CULTURA.

 

Coas imaxes xa pegadas no noso mapa, chegou o momento de escribir, por equipos o nome de cada un dos lugares.

 

Para pegalos unha vez rematados debaixo de cada uha das imaxes dos lugares polos que iamos pasar.

 

Debuxamos as partes do percorrido no que atopariamos árbores, debuxamos onde criamos que estaban as nosas casas,  coloreamos de azul o mar, que estaba preto do Pazo da Cultura, etc.

 

Así quedou o noso mural-mapa xa rematado (fai click na imaxe para ampliala)

 

Como era un mapa demasiado grande para poder levalo no autobús, cada un de nos fixo o seu propio mapa partindo do que fixeramos entre todos e todas. Para elo tivemos que debuxar o recorrido (parecía unha "S"), situar as diferentes imaxes na orde correcta, debuxar as "árbores" nos puntos indicados e escribir o nome de cada un dos lugares (ou pegalos no caso dos máis pequenos)

 

Foi moito traballo, pero coa axunda dun modelo e prestando atención ós detalles...

 

Demos feito un mapa tan fantástico coma este...

 

Agora tan só quedaba agardar a visita ó salón para empregar o mapa no percorrido e comprobar que, efectivamente iamos pasar por todos eses lugares que xa coñeciamos.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 14 invitados conectados.