Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Visita ao Salón do Libro

Un curso máis visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra na súa 14º edición.

Collemos o autobús ben cedo cos nenos e nenas de Infantil.

Ao chegar ao Pazo da Cultura estábannos agardando unha guía.

 

Xunto cos nenos do colexio Toural de Vilaboa ,dirixiunos (saudando primeiro a Orbil, por suposto) ata a sala onde participariamos xunto con eles nun taller  chamado "Arte-facto".

Nel preparamos cada un de nós, con materiais de refugallo, uns marcianiños que penduramos nuns móbiles que nos tiñan preparados.

Tiñan algúns xa feitos como exemplo.

Así que puxémonos mans á obra.

Con todos eles fixemos o móbil para colocar na nosa aula.

Ao sair guiáronnos ata unha parte do Salón onde estaban algúns dos traballos dos colexios que participaran nesta edición. Algúns tan chulos como...

 

Entre eles estaba o noso!

  (Se queredes ver o noso traballo  pinchade na imaxe anterior)

Logo dirixíronnos ata as diferentes salas ambientadas: no interior dun ordenador, unha máquina de escribir e outra con rodas dentadas basada na película "Tempos Modernos de Charles Chaplin. Nelas nos explicaron e preguntaron algunhas cousas referentes as máquinas.

Na outra parte da Sala había aínda máis traballos de colexios.

Tamén unha gran máquina dos desexos. Se pechabamos os ollos cumpliríanse!. Iso dixeron.

Xa na biblioteca do Salón algún neno da clase percatouse de que na decoración das paredes puxeran textos de Xulio Verne, ao igual que tiñan aparellos deseñados por Leonardo da Vinci, dous personaxes dos que falaramos na clase. 

O guía seguiu mostrando os distintos traballos e aparellos que íamos atopando.

Tamén había unha exposición de láminas de ilustradores.

E un apartado adicado a autora homenaxeada deste ano: Marilar Aleixandre.

Xa rematando estivemos no apartado de Maquinando Contos.

Alí sacou a tres voluntarios (os tres da nosa aula, pois nos estabamos portando moi ben). Cada un tirou dunha das cordas e sacaron tres palabras.

Con elas comporemos unha pequena historia de máximo 10 liñas e enviarémola para participar nun concurso no que o agasallo será un lote de libros.

Con esta última actividade demos por finalizada a nosa visita, non sen antes despedirnos de Orbil e recoller o móbil que fixeramos no taller.

De alí marchamos cos máis pequenos ata o parque da Xunqueira para merendar e xogar un rato.

E de aquí, xa regresamos ao noso colexio.

 Foi un bo e completo día!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.