(2012-2013) Preparamos o noso traballo para participar no Salón do Libro
Este mes, estivemos preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro Infantil de Pontevedra- "A toda máquina".
Xuntámonos nunha sesión cos compañeiros de Infantil 2 para facer unha choiva de ideas sobre o qué podíamos saber sobre este tema, as máquinas.
Previamente utilizamos a pantalla dixital para xogar a adiviñar algo que estaba oculto e mirando únicamente a través dunha pequena lupa.
Este foi o punto de partida ou o "elemento motivador" clave para incrementar o interese neste tema.
O que estaba oculto resultou ser un "helicóptero" ou tamén chamado "tornillo aéreo", algo inventado hai moitos anos.
Pero ata chegar a isto hai un percorrido que seguimos, dialogando, según onde estivera colocada a lupa. As nosas percepcións, observacións, deduccións e comentarios ían cambiando.
Vos amosamos un anaquiño dos diálogos que se estableceron:
(a lupa estaba colocada no xusto no medio)
-Es un barco, porque veo que tiene una cosa arriba para vigilar si vienen malos.
-A min parécenme dous perritos de madeira, o corpo.
-Un capitán conduce el barco.
-Es blanco y es nieve.
-É un avión, porque os avións teñen por fora algo redondo como eso.
-Es un helicóptero, porque se le ven alas.
-Me parece que es una pala.
-Una máquina quitanieve.
-Un helicóptero joverchaos.
(pasamos a observar coa lupa abaixo no centro)
-Unha escaleira.
-Un columpio.
-Unha ruleta para xirar.
-Es una máquina para deslizarse por las montañas de nieve.
-Me parece que es una máquina que coge madera.
(coa lupa arriba)
-Es un barco.
-Me parece que es un trampolín.
-Yo ya lo tengo claro, un avión porque tienen las alas muy cerca.
-Yo creo que es una avioneta. Tienen una ala y dos palas para sujetar otra ala.
Finalmente o vemos totalmente descuberto e a conclusión á que chegan algúns compañeiros é:
-Es una máquina de volar, porque tiene cosas puntiagudas y una esquina para que entren y alas.
-Es una avión porque tiene cuerdas y alas.
A partir de ahí, ademáis de tratar de dar comezo a un novo proxecto, a profe propúxonos participar no Salón elaborando entre todos un libro sobre "máquinas para axudar a algunhas persoaxes de contos" que estaban metidos en problemas.
Os contos elixidos foron:
-OS TRES PORQUIÑOS.
-BRANCANEVE.
-CARAPUCHIÑA.
-O FRAUTISTA DE HAMELIM.
-HANSEL E GRETEL.
-O COELLIÑO BRANCO.
-RAPUNZEL.
Despois de visionar algún contos, escoitar outros ou incluso contalos entre todos, nos puxemos a pensar nestas máquinas, poñéndolles forma e nome.
Para a parte de representación nos agrupamos en parellas, levando a cabo dúas actividades:
-plasmamos a estas persoaxes coas regletas e bloques lóxicos para logo fotografialos para o libro.
-debuxamos os inventos, escribindo o seu nome e unha breve explicación mesmos.
Ademáis, o profes das aulas que participan no Salón crearon unha "máquina",
unha cámara antiga onde se poderán ver cada un dos nosos traballos, das tres aulas que participamos.
Ademáis de ver o seu funcionamento tamén descubrimos cómo se fixo e de qué materiais estaba formada.
Para presentalo no Salón preparamos un panel coas nosas fotos de inventores, para o cal nos vestimos con roupa para semellar ser doutra época.
Ao noso traballo tamén o acompañan unhas instruccións que os nen@s de 5º elaboraron para explicar os pasos a seguir para saber utilízalo no Salón.