(2008-2009) Facemos un castelo "xigante"
Un día mirando fotografías de nenos/as que estiveron na nosa aula en cursos anteriores, descubrimos que rodeando á porta que dá á clase do lado, fixeran un mural xigante.
Decidimos facer tamén o noso mural xigante, tras unha votación entre os debuxos candidatos, gañou a idea de facer o CASTELO que debuxara NEREA:
Unha vez tiñamos escollido o noso "modelo", fomos a buscar o papel para facelo "en grande", ¿canto papel nos ía facer falta?, como xa fixeramos outras veces collimos o metro e nos puxemos a medir e cortar o papel continuo co tamaño que necesitabamos.
Cos papeis xa cortados, fixemos equipos e dividimos o traballo, cada quen se encargaría de facer unha parte do castelo.
Descubrimos que non eramos capaces de pintar todos á vez porque se movía o papel, así que decidimos pegalo ó chan.
Unha vez pegado con celo puxémonos mans á obra.
Eso si, tiñamos que fixarnos no debuxo de Nerea para que nos quedara igual.
Para non confundirnos cada equipo escribiu o nome da cor que había que pintar en cada parte do mural: AMARELO, LANARXA...
Xa case tiñamos rematado o noso castelo, só faltaba unha parte.
De novo por equipos rematamos o traballo:
E tamén lle fixemos un sol e máis un avión.
Así quedou todo rematado, a porta da clase da profe Ángela parecía a porta do castelo.