(2012-2013) Celebramos o día da Paz
O Día da Paz:
- para o cal preparamos todo o colexio a canción adapatada "Ai, eu non pego",
- preparouse un mural na entrada do colexio con frases relacionadas coa Paz . No noso curso fixemos uns cuños coas letras necesarias para estampar no noso pedazo de papel: " A paz comeza cun sorriso" . Preparámolos con cenorias, cortando (con coitelos de punta redonda e sen fío) a letra que eleximos cada un.
.
Estaban tan fresquiñas e apetitosas que algún de nós aproveitou para merendalas!
.
.
.
Dita frase saía nun programa sobre a Paz co que xogamos na clase na PDI e pertence a Teresa de Calcuta. Gustounos!
.
Unha vez feitos os cuños, pintámolos e comezamos a estampalos na nosa tira de papel.
Ao facelo, como era a primeira vez que estampabamos, tivemos algúns problemas. Algunhas letras saían do revés e as veces torcidas. Para a próxima xa o teríamos aprendido. Desta vez deixámolo quedar así. Entendíase e era máis orixinal, ou non?
Aquí estamos a colocar a nosa frase no mural da entrada do colexio
-Tamén visionamos todos xuntos uns vídeos no salón de actos e cantamos todos xuntos a canción preparada