Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Celebramos o día da paz: Que podemos dar...?

Para conmemorar o día da paz estivemos traballando sobre o tema durante varios días antes.

Miramos o  VÍDEO "OS PAXAROS" 

Dialogamos sobre o que sucedía nel, pantexando unha serie de preguntas:

Por que non queren estar co paxaro grande?  por que se rin do paxaro? por que lle fan burla? que deberían facer os paxaros pequenos?  por que animan os paxaros pequenos a que picoteen o grande? sucedería o mesmo se deixasen estar con eles ó paxaro grande? Como se sentirían os paxaros?

Debuxamos o que sucedía no  vídeo escribindo o que dicía cada unha das persoaxes do mesmo.

 

Outro día, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, estivemos analizando e falando sobre un mural que tiña a profe Ángela na súa aula. Nel unhas persoaxes contaban "que cousas podemos dar"...


Así fomos dando ideas de que "podemos dar..." ós demáis sen que custe cartos:

  • Un bico
  • Unha aperta
  • Unha flor
  • Unha idea
  • Un sorriso
  • Axudar
  • Unha carta
  • Unha man
  • Escoitar

Con cada ídea fomos "dramatizando" o que decidimos escoller: dar un bico, unha flor, unha aperta, axudar... 

 

Organizámonos por parellas ou tríos, segundo apareciamos nas fotografías.

 

Cada parella tiña que, tras poñerse dacordo, recortar a fotografía, pegala nun folio de cor (que previamente dobraran pola metade)

 

E escribir na parte de fora o que sucedía na foto: BICOS, APERTA...

 

A medida que ía rematando cada equipo pendurábao no mural do corredor.

 

Completamos o mural escribindo "DÍA DA PAZ" e "30 DE XANEIRO", que é o día da paz.

 

Na nosa aula coloreamos e escribimos o que dicía unha das persoaxes do mural, e os nosos compañeiros e compañeiras da outra aula encargáronse do outro.

 

Decidimos decorar o mural con "símbolos da paz" que buscamos no ordenador. Tivemos que contar cantos necesitaríamos na nosa aula, e pegar tantos símbolos como nenos e nenas. Unha vez rematados tivemos que "calcular" cantos tiñamos que borrar para que houbese un para cada un dos compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

E así quedou o noso mural, case rematado, coas persoaxes, o título e os nosos "agasallos". Tan só faltaba ir pegando no mural os símbolos da paz que estabamos coloreando.

 

Se levantabas un dos nomes... aparecía a nosa foto.

 

Podes ver tódalos agasallos que "queremos dar...", no xogo LIM que atoparás no recanto de infantil no apartado xogos.  Fai click na imaxe para abrir o noso xogo.

 

E así quedou o noso mural rematado, xunto co que fixeramos para o festival de Nadal, na nosa obra "meniños de tódalas cores".

 

Tamén fixemos un mural "en pequeno" para ensinar na casa todo o que "podemos dar...". Fomos pegando as fotos e iamos o mural a ver que "tiñamos que escribir" en cada unha delas.

 

Cun laciño estaba listo para levar para casa.

 

Colaboramos tamén no mural sobre o paz feito por todo o colexio, pegando as nosas notas musicais.

 

CHEGOU O DÍA DA PAZ:

O día 30 de xaneiro, tal como poñía no calendario, iamos celebrar o día da paz no colexio.

Xa pola mañá viñeron unhas nenas de sexto a contarnos un conto titulado "orellas de bolboreta".

 

Logo fomos tódolos nenos e nenas do colexio á sala de usos múltiples.

 

Alí miramos un pequeno vídeo sobre a paz, e tamén o vídeo dos paxaros que tanto nos gustara!!!

 

Como remate de festa cantamos e bailamos a canción "eu non pego". 

 

Despois da celebración, tan só nos quedaba anotar na nosa axenda-diario, o que sucedera ese día.

 

Escollemos pegar unha foto do mural da paz e escribir "día da paz", así o poderiamos comentar na casa coas nosas familias.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 16 invitados conectados.