(2008-2009) Visitamos o Salón do Libro e facemos os nosos títeres
O día 2 de febreiro, como xa anotaramos no calendario da nosa aula, participamos nas actividades do salón do libro, e visitamos o noso conto que estaba alí exposto.
Ás 9 da mañá saímos cara Pontevedra en autobús, de camiño recollimos ós compañeiros da escola de Cerdeiras.
Cando chegamos, os de infantil asistimos a unha sesión de títeres, pero uns títeres moi especiais, todos eran ZAPATOS.
O que máis nos gustou, de tódalas historias que nos contaron, foi o do zapato grande, mediano, pequeno e PEQUECHO, que quería ir ata a lúa.
Tamén nos gustou a historia do SOL, a LÚA e a choiva. O TIGRE e o ELEFANTE ata facían ruidos.
Cando rematou a actuación, a nosa guía que se chamaba "Patricia", ensinounos onde estaba exposto o noso conto "A pricesa e o Oso" e o conto dos nosos compañeiros do colexio e da escola de Cerdeiras.
Aquí están todos os demáis traballos dos compañeiros do noso colexio: infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e sexto.
Despois de ver toda a exposición de traballos, visitar as covas da nube, das fadas e a das "apertas", tivemos un ratiño para ler contos... e había moitísimos.
Nese momento apareceu o LOBO ORBIL:
Aínda que algúns lle tiveron medo, algún ata se atreveu a darlle unha aperta "amorosa".
FACEMOS OS NOSOS TÍTIRES DE "ZAPATOS".
Ó día seguinte, falando do que máis os gustara da visita ó Salón, pensamos que igual nós tamén podiamos facer uns títeres con forma de zapatos, para contar a hisitoria de PEQUECHO.
Así que todos fixemos 4 zapatos: GRANDE MEDIANO PEQUENO e PEQUECHO.
E lle puxemos un pau para poder manexalos como títeres. Pintámolos de vermello porque os da actuación eran dese cor e co nome detrás para non confundilos.
Por grupos fomos contando a historia dos zapatos, cada quen como a lembraba. Tamén nos tivemos que poñer de acordo para saber que persoaxe ía facer cada quen.
Ás veces cambiabamos parte da historia para facela máis divertida.
Ata fixemos a LÚA e un COHETE como na obra de verdade. E como vedes PEQUECHO tamén chegou ata a LÚA.
OS ACTORES:
JAVIER DIEGO HUGO
AINHOA MIGUEL JAVIER
NEREA montando a pequecho no cohete para que chegase ata a LÚA, os propios actores ata "asomaban a cabeza" para ver o despegue.
NEREA INÉS
Xa lle contaremos todo isto ós compañeiros e compañeiras que non puideron vir por estaren enfermos.