(2012-2013) Xogos do Magosto
Para a celebración do Magosto dende a nosa área preparáronse como os últimos anos unha serie de xogos polos que o alumnado iría pasando.
Este curso fíxose un circuito de 7 xogos cunha temática común que foi "as celebracións do noso centro" ( A festa das festas) . Así de haber un xogo sobre o MAGOSTO, tamén houbo outros sobre: o NADAL, o día da PAZ, o ENTROIDO, as LETRAS GALEGAS, o día do LIBRO, os MAIOS e o SAMAÍN.
En cada un deles estaban de monitores 2 nenos e nenas de 6º curso. Eles encargáronse tamén de preparar algúns dos materiais e carteis.
A estación número 1 ocupouna o Magosto co xogo do Tizón. Explicábano Fátima e Ismael Escariz
De alí pasaban a actividade do Día do Libro, onde tiñan que ordenar e completar cada curso unha historia. Estaban de bibliotecarias Antía e Tania.
O 3º xogo foi sobre a Festa do Nadal. Nel tiñan que seguir o percorrido que os levaría ata Papa Noel. Se lles contaban o ben que se portaron este darialles un caramelo. O noso Papa Noel foi Xermán e a súa dona Andrea
No medio da pista estaba a xogo do Día da Paz. Tiñan que tentar botar fóra do paracaídas sacudíndoo unha pequena bomba. De militar estaba Jose e de pacifista Uxía
Na 5º estación do circuito celebrábase o Día dos Maios. Alí Lara e Meritxell pedíanlle axuda aos nenos e nenas para colorear e recortar flores e laranxas para decorar o seu maio.
De alí pasamos a celebrar o Samaín cunha carreira de bruxas e bruxos que se pisaban as vasoiras unhas as outras. De monitoras estaban Noelia e Tamara
E , por último, celebramos o Entroido. Para elo o paiaso Ismael Serrapio prestábanos unha das súas motos para ir a mercar a tenda de Maica un gorro de paiaso . Pagábase cun pequeno chiste ou broma. Se Maica ría, Maica vendía!