(2012-2013) Traballo do Magosto
Xa que se achegaba o Magosto as titoras do terceiro ciclo decidimos facer un mural conxunto que puidese decorar o noso corredor durante este tempo.
O alumnado de 6º preparou o fondo do mural pintando un bosque no cal estampou follas do outono pintadas coas témperas.
Os nenos e nenas de 5º encargaríamonos de facer con follas os animais que habitarían neste bosque polo Outono.
Coas follas que nos mandaran traer compusemos o mellor que puidemos a forma do animal que nos tocara:
Para poder facelo algún neno e nena trouxo o debuxo da silueta do animal ou incluso xa un modelo preparado da casa para guiarse por el. Algún aínda tivo que botar a man pola ventá para coller as follas que lle faltaban!
Fixámolos nunha cartolina e pintámolos con cola
E os deixamos a secar nas mesas da clase ata que toda a cor blanca da cola desaparecese
Cando secaron quedaron así de brillantes e tesos!
O resultado final foi este. Quedou moi ben!
Tamén para esta celebración preparamos unhas regueifas que fumos cantando por todas as aulas
Participamos no circuito de xogos sobre o Magosto no pavillón ( se pinchas nel atoparás toda a información e imaxes)
E comemos as castañas asadas como remate da Festa.