(2012-2013) Xa temos o primero proxecto de investigación do curso: Os dinosaurios
Xa pasaran varias semanas desde que comezou o curso e os que estaban xa o ano pasado na aula, estaban sempre preguntando cando iamos a investigar sobre algún tema.
Despois de ver na web os proxectos de investigación do curso pasado (AVIÓNS, ESPACIO...) os novos compañeiros e compañeiras tamén se interesaron polo tema.
[podes ver os proxectos que fixemos o ano pasado aquí]
Así pois decidimos comezar a nosa primeira investigación do curso...
O primeiro foi elexir o tema, cada quen foi escribindo no encerado o tema do que quería investigar... saíron moitísimas ideas:
DINOSAURIOS, BICHOS, MOSTRUOS, BRUXAS, MORCEGOS, LOBOS, TOMATES....
Como eran tantos temas, eleximos só uns cuantos e usando unha folla con imaxes dos temas, fomos rodeando aquel que nos apetecía máis.
O encargado foi facendo o reconto coas follas que cubriran os seus compañeiros e compañeiros... contamos os votos que recibiu cada un e finalmente os máis votados foron os DINOSAURIOS.
Unha vez elexido o tema, fomos dicindo o que xa sabiamos sobre o tema... sempre en orde, gardando o turno de palabra e escoitando ós demáis.
Preparamos un mural para a investigación e, entre todos e todas, ordeamos as letras do título da investigación ata formar a palabra DINOSAURIO.
Estas son as cousas que "SABEMOS" antes de comezar a investigación, nalgunha delas houbo discusión entre os compañeiros/as. Anotamos tódalas ideas previas, e acordamos que cando rematasemos a investigación, voltaríamos a ler a lista para comprobar se eran certas ou non.
Logo chegou o momento de anotar O QUE QUERIAMOS SABER?, non foi doado para os novos compañeiros/as, chegar a preguntas concretas e distinguir que non estabamos preguntando sobre o que sabían, senón sobre o que NON SABÍAN e querían descubrir.
Ó final estas son as preguntas ás que queremos atopar respostas.
Fomos dicindo tamén en que lugares poderíamos atopar a información, e fómolo anotando no noso mural da investigación.
Como na aula non tiñamos case nada dos dinosaurios, completamos unha nota para pedir información nas nosas casas.
Despois de levar a nota para casa, día a día fomos traendo información sobre os dinosaurios... ata un puzzle!!
Mirade todo o que trouxemos... e aínda queda moito por traer.
A cada quen que traía información nun libro, debuxo, ata vídeos nun pen-drive, facíamoslle unha fotografía e pegabamos no mural.
Agora tan só falta completar o noso mural coa INVESTIGACIÓN, organizándonos en equipos e atopando respostas ás preguntas...
Pero iso irémolo contando noutras entradas.