(2012-2013) BENVIDOS AO TERCEIRO CICLO!
BENVIDOS AO TERCEIRO CICLO!
Os nenos e nenas de 4º xa pasamos ao piso de abaixo. Non máis escaleiras!
Xa somos... OS DE QUINTO !
Durante este primeiro mes de curso pasaron e fixemos algunhas cousas que vos queremos contar.
O primeiro presentar a nosa aula. Nela temos distintas zonas:
a de traballar en gran grupo:
a de traballo en pequenos grupos:
e a de traballo individual:
-Tamén temos unha pequena zona de xogo, con taboleiros de xadrez, ocas,... e o armario con todos os materiais de plástica para empregar nos pequenos ratos libres ou recreos de choiva.
-A zona da biblioteca de aula
-A zona Abalar, que dentro de pouco esperamos comezar a usar.
-Tamén xa temos colgado o noso primeiro mural:
é un garabato que fixemos entre todos o primeiro día. Nel cada un buscou algunha forma, coloreouna por dentro. Con todas as formas atopadas escribimos unha historia. Algunha quedou tan bonita como esta:
-Decatámonos de que o garabato, en conxunto, tiña a forma dunha galiña. Decidimos que foxe a nosa mascota de aula. Non tiña nome así que, como en lingua castelá xurdiron preguntas sobre a poesía e vimos que non tiñamos moita idea, decidiu a profe que poderiamos facer un pequeno proxecto sobre ela.
Para comezalo escribimos na pizarra as cousas que sabiamos , entre elas había algún nome de poeta e poetisa que xa déramos en galego ou recordabamos do ano pasado. Con sílabas de catros deles decidimos entre todos chamala: LORBÉC TESLLAR
Irémosvos contando os nosos progresos no tema.
-Sequindo co tema do garabato, en plástica o seguimos a traballar facendo animais enxaulados. Algún quedou fantástico. Aquí tedes o antes e o despois dalgún deles:
Agora xa estamos a traballar as distintas formas do trazo
Ademais mentras debuxamos estamos a escoitar música. Axúdanos a desfrutar aínda máis nesta materia!