(2012-2013) Cumpreanos de setembro
Neste mes de setembro, na clase dúas nenas cumpliron anos. TAIDA e AITANA.
Ademáis, en Infantil 2 cumpriron HUGO e DANIEL.
Este curso cambiamos o modo de celebralo.
O día que cumpre anos cada neno, decora a súa coroa, lle cantamos, felicitamos, e regalamos bicos, apertas e palabras bonitas e a finais de mes, nos xuntamos tod@s para celebralo cunha tarta, patatiñas, gusaniños,....e sobre todo unhas velas que soplar!
Os encargados de facer a tarta son os nenos que cumpren anos.
Nesta ocasión fixeron unha tarta con galletas, leite, natillas de vainilla, chocolate e froita.
Se organizaron moi ben entre eles, repartindo o traballo. Ese día faltou Hugo, que estaba enfermo.
Como a tarta tiña que pasar unhas horas no frigo, a fixemos un día antes da celebración e o venres, por fin, todos a cantar e a soprar as velas moi forte!!!!
Despois repartiron pedaciños a todos os compañeiros e finalmente unhas patatiñas e gusaniños.
Aproveitamos este acontecemento para escribir sobre él, e traballar cos nomes destes compañeiros, (ou coas fotos, os de 3) e coa receita da tarta, lóxica-matemática, contando ingredientes e escribindo os núemeros correspondentes, secuenciando o proceso de elaboración da tarta, actividades adaptadas a cada idade e nivel de desenvolvemento de cada un de nós.
En outubro volveremos a xuntarnos para outra festa!