Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Así foron os primeros días do curso

Comeza un novo curso e coma cada ano adicamos as primeiras semanas a adaptarnos ó novo grupo, especialmente este ano que tiñamos moitos compañeiros e compañeiras novas. Había moito que explicarlles sobre o funcionamento da aula e moitas das súas suxerencias que incorporar.

Visitamos as diferentes dependencias do colexio, o patio e todo o contorno.  Ata limos algún conto no xardín traseiro.

Tamén descubrimos todo o que se podía ver na web do colexio, no recanto de infantil: xogos, fotografías, vídeos... deste xeito todos os que usen o ordenador saberán onde atopalos.

 

Recuperamos os rexistros, que recolleramos ó final do curso pasado, e explicamos ós novos compañeiros e compañeiras como era o funcionamento deles: o encargado, o calendario, o horario dos mestres que veñen (pavillón, música, aula de informática...) o tempo que fai e o rexistro acumulativo.

 

E aínda nos queda por explicarlles como funciona o rexistro de libros que levamos para casa, pero eso será noutro momento. 

Descubrimos todo que tiñamos na aula: difrazámonos, xogamos, compartimos e ideamos xogos...organizámonos para recoller e para traballar en recantos.

Ademáis este ano, os novos compañeiros do colexio de Cerdeiras trouxeron consigo moitísimo material, así que agora temos moito onde elexir... e recoller, claro.

 

Días antes dunha reunión que ían ter o mestre cos nosos pais e nais, fixémoslle un cartel de "benvida" o colexio.

Fomos debuxando as ideas de cada un, ó final quedounos un debuxo do noso colexio, co patio e todo. Tamén acordamos e escribimos entre todos e todas on texto  "OLA PAIS"

 

Usando témpera rematamos o mural, non foi doado pintar "todos xuntos" e poñernos dacordo... sobre todo para os máis pequenos. Para ser a primeira vez que traballabamos "xuntos" fomos capaces de organizarnos, falar para decidir que parte pintaba cada quen e compartir o material.

Tivemos tamén que cambiar a nosa foto de grupo para poñer na porta da aula, xa que aínda tiñamos a do curso pasado (con nenos e nenas que están en primeiro). Como sempre puxemos os nosos nomes para que todos e todas coñezan quenes estamos este ano na aula.

 

Levamos tamén para casa, nunha cartolina máis pequena, a foto de grupo con nomes dalgún dos noso compañeiros e compañeiras, así na casa podemos contar quen está este ano na nosa aula.

 

E pola parte traseira da foto, pegamos tamén o día que imos ó pavillón e os días que temos que traer froita para a merenda, así non se nos esquecerá.

 

Neste primeiros días tamén nos organizamos para falar nas asambleas, contamos historias e limos contos, fomos por primeira coas mestras de música, inglés, relixión e descubrimos o divertido que era ir ó pavillón.

Comezamos a identificar o nome dos novos compañeiros e compañeiras, e tentamos escribilos. Menos mal que sempre podemos recurrir ós listados que hai na aula e ás tarxetas de cada un... de seguro que moi pronto xa seremos capaces de facelo sen axuda.

 

Os maís maiores ata tentaron escribir o nome de "tódolos compañeiros e compañeiras"... e iso que somos 13.

 

Refixemos a nosa bandexa para a merenda, nesta ocasión optamos por debuxar platos, vasos, un garfo, un coitelo e unha culler.

 

Para facelo contorneamos a silueta de platos, vasos, culleres, garfos e coitelos que tiñamos nos xoguete. 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.