(2011-2012) Máis cousas sobre Laxeiro
Mentres seguíamos a dar respostas ós interrogantes sobre este pintor galego, chegou case fin de curso, co cal tivemos que dar por rematado o proxecto.
Na sesión anterior vos contábamos que estivemos a pensar e a falar sobre cuestións derivadas dun cadro, "O neno pensador" que nos gustou bastante.
Fixemos moitos diálogos relacionados con él.
¿en qué estará pensando?
-En cosas extrañas, porque en el cuadro no hay cosas bonitas.
-En por qué Laxeiro se hace cada vez más viejo.
-En un parque.
-En que vuela la cometa.
-Nun parque no que xoga moito.
-Que vai ó parque.
-En que ten poderes.
Nós falamos das cousas nas que pensamos moito, porque nos gustan ou nos preocupan ou nos dan medo...
a neve, o cole, ir a primeiro, o parque, a praia, os irmáns, dinosaurios,...
Así, plasmamos nun folio un recordo, algo no que pensamos moito e algún desexo
Ás pregunta sobre qué cousas pintaba e cómo é a súa pintura, observamos moitos máis cadros e os títulos que tiñan, chegando á conclusión de que pintaba:
Noutra sesión traballamos sobre o cadro "Maternidade"
O representamos nós tamén poñéndolle un título diferente
"Mamá buena"
"Mamá te quiero"
"Mamá y el bebé"
"A miña filla"
Tamén lle fixemos un marco ao cadro orixinal que cada un tiña, pegando gomets ao redor del e facendo seriacións con eles.
Ante a pregunta feita a todos sobre ¿cómo pensades que é a súa pintura?
-Extraña.
-Alegre.
-En algunos cuadros es muy bonita y en otros muy aburrida.
-Me parece que hace unos cuadros para que la gente lo recuerde.
-Pienso que Laxeiro es el hermano de Picaso y se parecen los cuadros.
Así, lendo na información traída, averiguamos que unha das etapas da súa pintura foi chamada "picasiana" pola gran influencia deste pintor na obra de Laxeiro e por ser moi similar.
Ademáis Laxeiro retratou moi ben o entroido e as costumes galegas, o campo e o mar, a relixión, a xente achegada.
Como xa non vive, a resposta á pregunta ¿onde está agora? enterrado no cemiterio de Lalín, tiña moitas outras respostas abertas ao pensar e ao maxín de cada un de nós: no ceo, na lúa, moi lonxe, nas estrelas,...
Foi unha pena non ter máis tempo para coñecer máis cousas de Laxeiro ó marxe do que nós queríamos saber nun principio.
¿Quén sabe? o mellor o curso próximo si o recordamos moito podemos continuar.....