(2011-2012) Finalizando o proxecto de cabaleiros e castelos
Igual que remata o curso, o noso proxecto está chegando ó seu fin.
Isto é o que fixemos nestas últimas semanas.
Como o mural estaba prácticamente finalizado, o colocamos no corredoiro como punto de información a quen lle puidese interesar
E un día xuntámonos cos nenos de Infantil 2 para contarlles todas as cousas que averiguamos.
Así mesmo eles tamén nos contaron anteriormente cousas sobre a súa investigación sobre os avións e fumos todos xuntos a ver un ultralixeiro, que nos amosou o tío e Gabriel. Podedes ver esta saída no blog de Infantil 2.
Ademáis de facer o noso dossier sobre as preguntas da investigación, onde poñemos en práctica diferente tipo de habilidades de iniciación á lecto-escritura, de lóxica-matemática, manipulativas,...fixemos tamén outras actividades como
-Pintar con témperas castelos.
-Decorar con diferentes formas ou motivos a nosa foto de dama ou cabaleiro.
-Xogamos a ser cabaleiros e princesas disfrazándonos coas teas, facendo teatro.
Tamén temos un xogo novo no noso blog sobre cabaleiros con xogos e moita información. Se queredes visitar esta páxina premede no seguinte enlace ou accedede nos xogos de infantil.
http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm