(2011-2012) Coñecemos a Laxeiro
Hai xa unhas semanas, un día a profe preguntounos si sabíamos qué era ou que significaba unha palabra que nunca escoitáramos: LAXEIRO
Pensando, pensando, cada un sacou a súa propia conclusión do que podía ser,
(unha montaña, un lazo, unha selva,un cabalo, unha pala, un lago, unha serpe, un camión, o nome dunha persoa, un cocodrilo)
Finalmente descubrimos que sí era o nome dunha persoa, como dixera un compañeiro.
Imaxinamos a que se podía adicar e decidimos preguntar se sabían na casa algo sobre unha persoa que se chamaba así.
Un par de nenos trouxéronnos enseguidiña información
e así soubemos que se trataba dun pintor galego de bastante recoñecemento.
A partir de ahí, e tendo en conta que non sabíamos nada nadiña del, pasamos a falar do qué nos gustaría saber sobre este pintor:
-¿todavía vive ou xa morreu?
-¿qué cores utiliza na súa pintura?
-¿cómo é o seu arte, a súa pintura?
-¿qué cousas pintaba?
-¿ónde está agora?
-¿ónde vivía?
E con ista información chegada da casa, e algunha imaxe que vimos no ordenador de clase e cando subimos á aula de informática, fumos averiguando algunha cousiña.
-XA MORREU.
Para iso tiñamos que elixir entre dúas opcións, discriminando sons para saber que palabra colorear
e aínda que os anos nos resultan cantidades moi abstractas de entender todavía, sí ordeamos os números do seu ano, 1996 para compoñelo.
-UTILIZA TODO TIPO DE CORES, PERO ESPECIALMENTE E CON MAIOR FRECUENCIA O NEGRO, O GRIS E O MARRÓN.
Agora, para descubrir qué cousas pintaba, estamos traballando con algúns cadros del, observándoos, xogando a pensar, expresándonos sobre eles, escribindo, poñéndolles título, representándoos,.. e xa vos iremos contando o que averiguamos!