(2008-2009) Ordeamos a biblioteca de aula
Os venres levamos un libro para casa, pero últimamente non eramos capaces de atopar o libro que nos interesaba, porque temos moitos e non os tiñamos ben organizados.
Por iso un día na asamblea plantexouse que deberiamos organizala de algún xeito, para que os libros tivesen "o seu sitio".
Entre as propostas que xurdiron estiveron:
- organizalas polos cores da portada
- poñerlle unha fotocopia da portada como cando tiñamos 3 anos.
- escribirlle un número a cada libro e poñer outro na estantería.
Das tres propostas acordamos que non podíamos organizalas por cores, porque todos liñan moitas cores na súa portada, e que xa non "eramos pequenos", para poñerlle a fotocopia da portada pegada.
Así que decidimos usar a idea de Laura de poñerlles números ós contos, ademais tamén o podiamos usar logo para o rexistro do préstamo de libros.
O primeiro que había que facer era quitar tódolos libros e valeirar as estanterías, gustounos a idea de Nerea de facer unha fila e ir pasándonos os libros facendo unha cadea.
Nuria que era a encargada ía pasándolle os libros ó seguinte da lista ata chegar a Javi, que os ía amontonando nunha mesa.
Foi moi divertido facer o traballo deste xeito.
Cando xa tivemos a nosa biblioteca valeirada, chegou o momento de organizar o traballo.
Fixemos tres equipos.
Un equipo se encargaría de escribir no ordenador tódolos números que íamos necesitar:
Outro equipo iría recortando os números e meténdoos nun bote.
Un terceiro equipo ordenaría os números e os iría pegando nos libros.
Cando xa tódolos libros tiñan o seu número nos atopamos cun problema... ¿os libros de Nacho terían un número distinto ou o mesmo?...Ademáis ocupaban toda a estantería de abaixo.
Acordamos que o mellor era poñerlle o mesmo número porque "eran da mesma colección e porque así os tiñamos o curso pasado", ademáis se os amontonábamos deixabamos sitio para máis libros.
Un a un cada compañeiro/a foi poñendo o seu libro favorito na estantería, porque non todos cabían nela e moitos terían que estar metidos na caixa.
Acordamos que, de tódolos xeitos, cando nos "gustase máis" outro libro, o cambiariamos para a estantería.
Unha vez colocamos os libros, puxemoslle un número "escrito a man" na estantería, para saber onde colocalos e poder atopalos rápidamente.
Cando rematamos, xa tiñamos ordenada a nosa biblioteca de aula. Agora era doado atopar o libro que queriamos levar para casa...