Eventos
Agradecemos teñades en conta o seguinte:
Tedes que recoller ós nenos/as pola tarde no Centro.
É mellor que leven roupa e calzado axeitado e cómodo.
Lembrade que traian unha visera ou gorra e, se o consideran necesario, botarlles protector solar antes de saír da casa.
Deberán levar comida axeitada á idade do neno (non carguedes demasiado as mochilas).
Lembrade mandarlles unha botella de auga de plástico.
NON poden levarse botes de cristal ou latas, xa que poden resultar perigosos para os nenos/as.
A hora de chegada (18:00 hora) é aproximada. Se ben en ningún caso está previsto chegar antes desa hora é posible, que por diversas razóns (tráfico, horarios, meteoroloxía....), poida chegarse máis tarde. En todo caso avisaremos por Abalar Móbil cando esteamos de camiño.
Itinerario da saída (horarios aproximados):
SAÍDA DO CENTRO: A partir 9:00 horas
CATAMARÁN NO PORTO DO GROVE: 11:00 horas (duración 1 hora 15 minutos)
ALDEA GROBIT NA ILLA DA TOXA: 12:30 horas
MOMENTO PARA COMER:
ACUARIO DO GROVE: 15:30 horas
SAÍDA DO GROVE: 17:00 horas
CHEGADA AO CENTRO: a partir das 18:00 horas
O día 13 de xuño é festivo local en Campo Lameiro,por ese motivo NON HABERÁ CLASES. Reanúdanse o día 14 de xuño.
Reunión coas familias do novo alumnado de 3 anos, que se incorpora por primeira vez ao centro no curso 2023-2024
Na aula de Educación Infantil 2, ás 10:00 horas (tal como xa se comunicou vía telefónica)