Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2010-2011) Comezamos un novo curso-primeiros días de clases.

Este curso temos compañeiros novos, RUBÉN, NICOLÁS, TAIDA e AITANA, de 3 anos.

Esta é a nosa foto de grupo e somos, de esquerda a dereita e de arriba abaixo:

RAÚL - AROA - ÁNGELA- ANXO- PABLO V.- DAVID

 PABLO P.- NICOLÁS- CRISTINA- ANDREA- AITANA- RUBÉN- TAIDA

Transcurridos uns días de coñecernos, de xogar e estar xuntos durante toda a mañá, podemos dicir que nos vamos adaptando e integrando uns cos outros, aínda que a marcha dos nenos que pasaron para 1º nótase e nos acordamos moito deles.

Aquí vos amosamos algunhas fotos destes primeiros días, para que vexades qué ben o pasamos.

 Tamén aproveitamos para ir elaborando algún mural dos recantos ou facerlle un arregliño aos que tiñamos

e ata nos regalaron unha alfombra nova para xogar cos coches.

Seguimos a facer moitas cousas, noutra páxina volo contamos.

(2010-2011) Temos novos compañeiros

Este curso temos novos compañeiros despois de que algúns compañeiros e compañeiras marcharan para primeiro.

¿Queres coñecelos?

Estes somos os nenos e nenas de Educación Infantil 2 este curso. 


ÓSCAR (PROFE)   -  IKER
 
ÁLVARO   ÁNGEL   JESSICA   ASHLEY   DAVID   GABRIEL  MARTÍN   MARCOS  JAVIER  ANXO

(2009-2010) Ultimo día de clases- buscamos un tesouro e asistimos a un contacontos.

O último día de clases en Educacion Infantil os mestres prepararon un xogo: "a busca do tesouro", con distintas probas e pistas.

Como tiñamos moi recente o traballado cos comics, especialmente os super heroes e heroínas, os tres equipos que se fixeron con todos os nenos e os profes (Óscar, Mercedes e Ángela), correspondían a algúns moi coñecidos como.

spiderman                                        superman

 

                          batman

               

 

Xa organizados por equipos, o xogo comezou nas aulas de infantil onde se repartiu un sobre a cada equipo coa primeira pista, que entre todos tentamos ler e descifrar.

 

           

Buscamos e atopamos as seguintes pistas, debaixo das escaleiras polas que se sube á biblioteca, 

tamén houbo que subir á clase de primeiro, despois de comprender que varios nenos/as desa clase tiñan outra pista,

tamén debaixo da mesa do secretario do colexio atopábase outra pista,

e ata nunha caixa de reciclar papel, onde había moitísimo papel; ista sí que foi difícil de atopar pois a pista estaba escrita tamén en papel......

Cada vez que superábamos unha proba, facíamos unha festa da alegría de pasar á seguinte,

 

                  

 

Outras atopábanse fora, na pista de futbol, e incluso no patio onde fixemos este ano o recreo,  enterrada entre a area, alí enterrado había un mapa,

                                      

que nos indicaba un recorrido que había que facer ata chegar por fin ao tesouro!!!

Aquí estamos co noso mapa.

c 

Por fin, despois de moito buscar e descifrar mensaxes, chegamos ao desexado tesouro.

que se atopaba nunha caixa na entrada e resultou ser, unha caixa chea de coches

que se foron repartindo. Como Andrea atopou a caixa primeiro, lle tocou a ela repartilos,

Xa no tempo do recreo, algúns que aínda quedaran con fame da merenda, nos unimos a unha festa dos alumnos de 3º fora no patio, que tiñan moitísimas cousas ricas.

cómo nos poñemos!!!

Ese día, tamén asistimos a un contacontos organizado pola biblioteca municipal, para dar por rematado o curso escolar.

E agora a disfrutar do verán!!

(2009-2010) En busca do tesouro: xogo de pistas de fin de curso

O último día de curso, tiñannos unha sorpresa preparada, iamos xogor a atopar un tesouro agochado.

O primeiro foi xuntar as dúas clases e facer tres equipos:

Spiderman:

Supermán:

 

Batman:

 

Cada equipo comezou cunha pista dentro dun sobre, que nos iría levando por todo o colexio en busca do tesouro.

Todos xuntos tentamos "descifrar a primeira pista" 

 

Outra tíñana os compañeiros e compañeiras de primeiro, que o ano pasado estaban connosco.

 

As pistas fichéronnos subir e baixar as escaleiras...

 

Outra pista estaba dentro da caixa de reciclar papel.

 

Debaixo da  mesa do despacho de secretaría tamén atopamos unha das pistas.

 

E ata debaixo da escaleira, detrás do mural do mar, se agochaba unha das pistas.

 

Tivemos que buscar polo xardín, unha das pistas máis complicadas de atopar...

 

Que o final estaba enterrada debaixo da terra, e sinalizada cunha baideira de cada  equipo.

 

A algúns dos equipos custoulle máis que a outros atopala.

 


O que estaba agochado ¡ERA UN MAPA DO TESOURO!

 

Seguindo mapa tivemos que ir por varias zonas do colexio ata chegar ó tesouro, que estaba marcada cun "X" de cor vermella, como nos mapas dos piratas.

Ó final os tres equipos chegamos xuntos á última pista...

 

A última pista dicía que o tesouro estaba  na entrada.

 

Entre todos pensamos "cal podía ser o tesouro"

 

Que  resultou ser un coche de xoguete para cada un.

 

Andrea repartiu os coches a todos os "investigadores"

 

Ó final xogamos todos xuntos cos coche que se atopaban no tesouro.

 

Xa no recreo nos atopamos cos compañeiros e compañeiras de terceiro que estaban a celebrar unha festa, á que nos convidaron a participar.

Para rematar o día asistimos a unha sesión de contacontos.

(2009-2010) Descubrimos e traballamos o COMIC

Na semana das letras galegas descubrimos un debuxo dun cuco que dicía algo sobre Uxío Novoneyra e o que dicía estaba metido dentro dunha especie de globo.

Un neno da clase que é moi entendido en comics, especialmente de Asterix e Obelix, díxonos que estaba dicindo algo nun "bocadillo".

A profe explicounos que os bocadillos aparecen moito nos comics e que serven para escribir neles o que as persoaxes din.

Na escola xuntamos algúns que atopamos de Asterix

de Ben 10, Código Lioko e ata dos Bolechas.

E así fomos descubrindo as características do comic: que cada escea sucede nunha viñeta, que existen bocadillos de dicir e de pensar,.... 

O comic dos Bolechas era tan divertido que todos os días un ratiño o adicábamos a a contalo e nos gustaba dramatizalo por parellas.

A partir de aquí xurdiu crear diálogos entre 2 compañeiros da clase que quixéramos e escribir nos bocadillos o que se dicían.

Tamén fixemos a mesma actividade por parellas e decidimos que sairía na revista do colexio.

--¿bañámonos?

-eu quero facer un castelo

-sí, imos á auga

 

-hola ¿qué tal? estás moi guapa

-quero ir a pasear, a xogar ao escondite inglés e aso columpios.

 

-Iago, ¿qué che gusta facer?

-gústame facer músculos

-a min gústame tocar o tambor

 

 

-¿imos a xogar un pouco ao parque?

-despois de merendar. Déixame miña nai.

-sí, a saltar.

-¿jugamos a los columpios?

-vale, vamos a correr al parque

 

Pero ademais dos comics que tiñamos na clase, tiña que

 haber máis. Así que adicamos unha xornada a buscar en internet portadas de comics e persoaxes coñecidos e pouco a pouco fomos descubrindo outros como Zipi Zape, Mortadelo e Filemón, e os superheroes: spiderman, superman, batman, ironman, os 4 fantásticos.

Estos os coñecíamos todos e contamos o que sabíamos deles. Nos vestimos na clase con teas que facían de capas e facíamos de superheroes. Coloreamos moitos e inventamos diálogos para poñer no bocadillo o que estaban a dicir.

Escribimos moito, xogamos coas letras dos seus nomes e tamén descubrimos outro día que nos comics aparecía outra cousa que chamaba atención por cómo eran as letras, as ONOMATOPEIAS e os signos de EXCLAMACIÓN,

Nos creamos algunhas onomatopeias na clase, e nos fixemos fotos cun bocadillo enorme, no encerado, para escribir dentro del.

Primeiro tiñamos que decidir si queríamos un bocadillo de pensar ou de dicir.

Despois pensar no que íamos a dicir e escribir no noso bocadillo e se necesitábamos algún obxecto para acompañar na foto, para facer algunha onomatopeia.

 

"Yo tengo un libro de los Bolechas"

Con todas as persoaxes recopiladas decidimos facer un mural onde colocalas.

O fondo do mural o fixemos de témpera de moitas cores, e traballando todos xuntos, pois era un espazo moi amplo de papel.

O único obxectivo que había que cumplir nesta obra plástica era ser quen de pintar respetando o pintando polos compañeiros, pintando ó lado e non por riba do xa feito, e o fixemos bastante ben.

Este foi o resultado final

E a continuación, pegamos o título "Persoaxes de comic" e os protagonistas,

O temos colocado no corredoiro para lembrarnos e poder miralo cando queriamos, e para engadir máis persoaxes que descubramos, pero iso xa será o cuso que ven!

(2009-2010) Visitamos Indiana Bill e o Verbum "A casa das palabras"

O día 17 de xuño tivemos unha excursión moi especial, xa que saímos pola mañá e voltamos pola tarde, así que tivermos que comer todos xuntos.

Ademáis ian, ademáis dos de Infantil, os  compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e os da E.E.I. Cerdeiras (de Fragas)

Días antes de saír fomos anotando nunha lista, os nomes dos nenos e nenas que ían traendo a autorización e que ían ir a excursión.

 

Pola mañá fomos ó parque INDIANA BILL, que estaba en Nigrán, e para chegar alí tivemos que ir no autobús e pasar por "tres túneles".

 

Cando chegamos, despois de quitar os zapatos entramos no parque "pola boca dun crocodilo xigante", tranquilos que era de xoguete.

 

Tamén había un tobogán xigante...

 

E moitos sitios por onde trepar, saltar, correr e xogar.

 

Cando saímos do parque chegaba a hora de comer, así que nos fomos ata a "praia de  Samil", organizámonos nas mesas qe había.

 

E nos sos comemos a nosa comida e recollemos ó rematar.

 

Pero había un problema, unhas gaivotas, que seguro que tiñan moita fame porque querían comernos a comida, ata lle comeron o seu bocadillo ó profe Óscar.

 

Cando rematamos de comer, e ata que chegar a hora de entrar no museo "Verbum", puidemos xogar nos columpios que había alí.

 

E tamén beber nunha fonte, na que necesitabas que un compañeiro apretase o botón para saíse a auga.

 

Antes de marchar cara o museo, demos un paseo para mirar a praia e as piscinas.

 


Xa chegaba o momento de entrar no museo, que estaba alí en fronte, só había que cruzar, con moito coidado un paso de peóns.

 

 

Dentro do museo primeiro "xogamos cos sentidos", había que ir poñendo nunha man cada un dos cinco sentidos.

 

E ó final de todo había que coloreala.

 

Despois visitamos a exposición do museo, cada unha das salas era un cubo "cuadrado", que tiña un letra que tiñamos ir descubrindo.

Como esta museo "era especial" e se podían tocar as cousas, ata nos deixaron tocar un "piano moi especial".

 

E para rematar unha das "caixas" nos contou un conto.

 

Xa de volta, ó día seguinte, mesturámonos os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo, para facer murais sobre o que miramos e fixeramos na excursión do día anterior.

Na clase de primeiro fixemos dous grupos.

 

Atá alí subiron compañeiros e compañeiras de 3, 4 e 5 anos.

 

E na nosa clase estiveron tamén nenos e nenas de primeiro e segundo.

 

Así quedou o mural que fixemos o grupo que estaba na aula de infantil. O lugar donde comemos, onde había de todo "a praia, as piscinas, as mesas, os barcos, o parque..." e ata as gaivotas.

 

Pasámolo de medo. 

 

(2009-2010) Que paxaro será? INVESTIGAMOS

Un día pola mañá cando entramos no cole, estamos todos discutindo que paxaro era o que atopamos morto no patio.

Uns pensaban que era un loro, un canario ou unha aguia, pero ninguén o sabía de seguro.

Así que decidimos "investigar que paxaro era".


A INVESTIGACIÓN:

Primeiro lembramos, e anotamos as cousas que sabiamos do paxaro.

  • Estaba morto
  • Tiña o pico laranxa
  • Non tiña plumas
  • Era moi pequeniño

Logo pensamos en hipóteses para explicar o sucedido
  • O paxaro estaba morto porque o pisaron
  • O paxaro estaba morto porque un can o mordeu
  • O paxaro estaba morto porque caeu dunha árbore
  • Non tiña plumas porque llas arrancaron
  • Non tiña plumas porque era unha cría e aínda non lle naceron.
  • Era moi pequeniño así que seguro que é unha cría.
  • Seguramente caeu dun niño dunha das árbores cando naceu, e por iso morreu.

Todos aceptamos a última hipótese, pero quedaban dúas dúbidas

  1. Como nacen os paxaros?
  2. Que paxaro era: un canario, un aguia, un loro, unha avestruz "bebe".

Para responder ás preguntas, e contar o que lle pasara o paxaro organizamos catro equipos, cada un deles investigaría unha parte e logo llo contaría ós demais.

 

Un equipo investigou que paxaro podia ser, cos datos que tiñamos decidiron buscar en internet fotos de "paxaros" e anotaron nun papel os que pensabamos que podían ser:

 

O loro, a aguia e o canario non podían ser porque o peteiro non era da cor que viramos. Cando un paxaro que buscaban non era poñíanlle diante un "NON", e pasaban ó seguinte.

De entre todos pensamos que "tal vez" podería ser un periquito.

 

Os outros equipos investigaron como nacen os paxaros, como caeu da árbore, e como  serían os paxaros que vivían con el.

Cando tódolos equipos remataron de investigar pegaron as súas "conclusións" nun mural, e un por un foron explicando o qeu descubriron ós demais.

Algúns explicaron que pensaban que era un periquito e por que.

 

Outros contaron como caeu da árbore. "Cando non estaba a súa nai naceu e caeu do niño que estaba na árbore, e como non tiña plumas non podía voar"

 

Outros contaron como nacen os paxaros, saen dun ovo que teñen que romper co peteiro para poder saír.

Os outros equipos contaron que paxaros vivían co que atopamos e onde vivían.

 

Cando rematamos de explicar a investigación, e despois de respostar as preguntas que lles facían os seus compañeiros e compañeiras, decoramos o mural con gomets.

 

Agora está no corredor debaixo da investigación sobre a migración dos paxaros a África. ¿Caería o paxaro cando quería ir á África? ¿ou xa viña de volta?

Eso quedará para outra investigación.

 

 

 

(2009-2010) Investigamos sobre os xornais e facemos o noso

Durante varias semanas estivemos traballando con "xornais", descubrindo para que serven e as partes que teñen, ademáis fixemos o noso propio xornal.

O primeiro xornal que atopamos foi un que se "chamaba" A VOZ DE GALICIA.

 

Así que investigamos "que é Galicia", nun mapa descubirmos que era onde viviamos. Seguro que se chamaba así o xornal porque contaba cousas que pasaban en Galicia.

 

Outro díao profe trouxo moitos mais xornais, cada un tiña o seu nome "DIARIO DE PONTEVEDRA", "EL PAIS", "EL MUNDO", FARO DE VIGO", "MARCA"...

Descubrimos que cada un contaba "cousas" de un sitio distinto, e ata había un que só falaba de deportes.

 

A profe Ángela trouxo ó cole moitos "xornais en branco", así que decidimos que cada quen faría o seu.

O primeiro foi escoller un título para o noso xornal.

 

Ademáis do nome do Xornal, tivemos que poñer unha noticia "na portada", como pasaba en tódolos xornais qeu tiñamos.

 

E os máis pequenos fixérono pegando as letras.

 

Tamén descubirmos que os xornais "contaban as mesmas noticias", algúns ata contaban a mesma nova na portada.

Pensamos que seguramente eran novas tan importantes que tódolos xornais as quería contar.

 

Os xornais ademáis de noticias, tamén teñen "anuncios". Descubrimos que os fan para que a xente "compre cousas" como coches, casas...

 

No noso xornal, tamén puxemos novas e anuncios.

 

Descubrimos tamén "algo moi curioso", en tódolos xornais había un mapa con "soles, nubes, paraugas...".

Despois de "debatir" sobre o asunto acordamos que eran "mapas do tempo", para saber que día ía facer.

 

E claro no noso mapa tamén puxemos un "mapa do tempo". Busamos onde quedaba Campo Lameiro ¿poñemoslle un sol ou choverá?... 

 

Tamén lle puxemos noticias de deportes, e outras cousas máis.

 

Cando rematen as clases ímolo levar para casa. 

 

Outro día fixemos  "as nosas páxinas" para o xornal escolar "O Cervo", que podes descargar de seguido:

(2009-2010) Visita ao museo de Pontevedra.

O pasado 20 de maio visitamos o museo de Pontevedra. Algúns recordábamos cómo era porque inventamos un conto coas fotos de lugares e edificios de Pontevedra, e unha delas era do museo.

       

 

Xa na escola en seguintes días, recordando o que víramos alí, o que máis nos chamou a atención e gustou, foi:

- UNHA COCIÑA ANTIGA DE PEDRA.

- BARCOS.

- ESPADAS, CAÑÓNS.

- UN SOFÁ CON VENTANAS E DEBUXOS.

- ZAPATOS.

- PEDRAS.

- SOLDADIÑOS PEQUENOS.

- UN RETRATO DUN CABALEIRO.

- PEZAS DE CRISTAL, PRATOS.

- UN CADRO DUNHA RAÍÑA.

- A PARTE DUN BARCO. SE NOS MOVÍAMOS MOVÍASE O BARCO. TIÑA UNHA PORTA SECRETA.

- UN TESOURO. PENDIENTES, PULSEIRAS, COLARES.

 

Decidimos reflexalo nun papel en debuxo e escrita,

3 ANOS

 BARCOS

 

BARCOS                                   CUADRO DO REI

 

 

COCIÑA                                     CUADRO  DO REI

BARCO                                       PUERTA

 

SOLDADOS                                              CHICAS

 

 

4 ANOS

A PORTA     O REI       BARCO           EL TESORO

 

SOLDADITO     BARCO         CUADRO        SOMBRERO

 

MUÑEQUITOS    CUADRO        ESCALERAS    LA COCINA

PENDIENTES    BARCO             CAÑÓNS      COCIÑA

 

 

5 ANOS

 

 

 

 

 

CADRO  DA  RAÍÑA   SOFÁ         BARCO      COCIÑA

 

Sen dúbida o que máis gustou a case todos foi a porta secreta do barco e os "tesouros".

O día da visita ao museo aproveitamos que estabamos pretiño dos nenos/as colexio cos que fixemos a experiencia de escribirnos e intercambiar información sobre a cidade, así que fumos a visitalos.

Días antes estivemos lendo o listado cos nomes dos nenos e nenas e despois cada un eliximos a un deles para escribirlle unha carta, facerlle un debuxo,....

Unha vez elixido mirabamos de novo a foto do grupo

para ver cómo era o noso "destinatario".

e mans á obra, a contarlles moitas cousas nas nosas cartas, que despois metíamos nun sobre, escribindo o remitente e o destinatario.

Xa no colexio Manuel Vidal Portela, nos xuntamos todos

entregamos cada un a súa carta e as profes do colexio, nos regalaron a todos caramelos.

Os nenos nos tiñan preparada unha sorpresa tamén,

fixeran un traballo precioso, con debuxos e coas fotos das súas caras para que non os olvidemos.

e así é, non os olvidaresmo.

Esperamos poder continuar o curso próximo a facer máis cousiñas con estes novos compañeiros, e agora lles toca a eles visitarnos.

(2009-2010) Visitamos o Museo e ós compañeiros/as dun colexio de Pontevedra

O pasado xoves 20 de maio, xunto cos compañeiros/as da outra aula e da E.E.I. Cerdeiras, fomos a visitar o Museo de Pontevedra.

 

Como o autobús se retrasaba tivemos que agardar ata que chegase.

 

Cando chegamosa a Pontevedra, e mentras agardabamos o noso turno para entrar no Museo, aproveitamos para tomar a merenda.

 

Mentras estabamos alí vimos como pasaba por diante un tren.

 

Para visitar o Museo fixemos dous grupos. os de 5 anos por un lado e os de 3 e 4 por outro.

 

Entre outras moitas cousas miramos un braco de guerra.

 

O camarote do capitán

 

E ata había un tesouro de OURO.

 

 

VISITAMOS ÓS NENOS E NENAS DUN COLEXIO DE PONTEVEDRA:

 Despois de visitar o Museo, como estaba preto, decidimos facerlle unha visita ós nenos do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela, cos que nos escribiramos cartas en varias ocasións.

Antes do día da excursión da quen escribiu unha carta para cada un dos nenos/as e nenas do "colexio de Pontevedra".

Cunha lista de nomes que nos enviaron, fómolos identificando nunha foto, para saber a quen lle estabamos a escribir a carta

 

Cando cada quen sabía a quen lle ía a escribir a súa carta, puxémonos mans á obra. 

 

Non podiamos esquecernos de poñer o nome do neno ou nena...

 

E tamén no sobre onde metimos as cartas.

 

Aquí están as cartas xa preparadas.

 

O día da visita, despois de coñecer o Museo, fomos camiñando ata o cole dos nosos compañeiros/as e alí nos atopamos con eles.

 

Démoslle un por un as cartas que fixeramos.

 

E eles déronnos "caramelos" e ademáis un agasallo

 

Quérelo ver?, aquí está o agasallo que nos deron.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.