Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2010-2011) Traballamos e celebrámo-lo Magosto

Cando comezamos o mes de novembro marcamos no calendario o día tería lugar a festa do Magosto no colexio, sería o día 16. Deste xeito cada día o encargado podería ir contando cantos días faltaban para que chegase o día da festa.

 

Fixemos uns cestos para meter as castañas asadas, para elo empregamos unha plantilla que fomos repasando en  cartolinas.

 

Logo decorámolos con gomets e con debuxos de castañas.

 

E puxémolles o noso nome e o nome da festa: MAGOSTO.

 

Para coñecer como era a festa do Magosto, o profe esinounos o conto do Bolechas pero proxectado na parede... era un conto xigante.

 

Como nos gustou moito, quixemos facer un pequeno resumo do conto para levar para casa. Cunhas fotocopias do debuxo dos contos montamos o noso libro.

 

Había que recortalas e pegalas na orde correcta, a mesma que aparecía no conto.

 

Cos nosos pequenos libros xa rematados, comparámolos co libro de verdade e descubrimos que ós nosos lle faltaban as "letras" onde contaban a historia.

 

Así que entre todos escribimos no encerado o texto de cada unha das páxinas.

Que logo escribimos en cada unha das páxinas do noso conto, pero había que ter coidado de non equivocarse de páxina.

 

Poucos días antes do día que tiñamos marcado no calendario, levamos para casa unha nota para lembrarnos de traer castañas.

Como dicía no conto do Bolechas, o primeiro era cortalles un cacho para que non "estoupen", así que nos tivemos que separar as que viñan cortadas das que estaban enteiras.

 

Entre todos démolas organizadas en pouco tempo.

 

Algunhas estaban complicadas de descubrir, porque tiñan un corte moi pequeniño.

 

Estas foron tódalas castañas que xuntamos entre a nosa clase e os compañeiros e compañeiras da do lado.

 

 

CHEGOU DO DÍA DA FESTA DO MAGOSTO.

Por fin chegou o día da festa, o encargado tachouno no calendario e contóunolo ós demais.

 

Pouco despois, viñeron a buscar as nosas castañas nun cesto enorme, que tivemos que encher entre todos e todas.

Iban a levalas á asar, tal como poñía no conto dos Bolechas, menos mal que estaban todas cortadas e listas.

 

Mentras esperabamos a que se asasen, e antes de ir a participar nos xogos que había no pavillón, ordenámos a aula para poder logro facer a festa, xa que tamén ían vir os compañeiros e compañeiras da escola de Cerdeiras.

 

Chegou o momento de participar, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o centro nos Xogos do Magosto.

Cada clase tiña que ir pasando por cada un dos 8 xogos que había, e se se superaba gañabamos una medalla con forma de castaña, que nos daba o responsable do xogo, un compañeiro ou compañeira de sexto, que tamén nos ía explicando cada xogo.

O primeiro que nos tocou foi o xogo dos PUZZLES, que eran do conto dos Bolechas que xa vos comentamos.

 

Logo pasamos ó xogo de BUSCAR CASTAÑAS NA AREA.

 

Algunhas estaban moi escondidas.

 

Máis tarde participamos no xogo de RECOLLEITAR, había que coller as castañas que estaban nos castiñeiros e levalas á carretilla. Entre todos deixamos os castiñeiros sen ningunha castaña.

 

Cada quen tiña que esperar a que chegaran os dou "recolleitadores" para poder saír.

 

Despois de recolleitar "démoslle de COMER o xabarín e o coello", encestando as castañas nas súas bocas. Non era nada doado de facer.

 

Tamén fixemos de REPARTIDORES DE CASTAÑAS, recorrendo un circuito montados nunhas motos de xoguete, levando as castañas ata o seu sitio.

 

ENCESTAR CASTAÑAS, para poder cociñalas tampouco foi moi doado, pero entre todos démolo feito.

 

Ó final fomos quen de encestar unha chea delas.

 

Na CARREIRA DE CASTAÑAS, o complicado era que a nosa castaña chegase ó final do recorrido sen que saise do camiño.

Ó final conseguimos tódalas medallas de castaña.

 

Cando rematamos os xogos, as castañas xa estaban asadas e fomos enchendo os nosos cestos con elas, para poder comelas.

 

Alí estaban tamén, ademais dos compañeiros e compañeiras da clase do lado, os da escola de Cerdeiras, e entre eles estaba ASHLEY que estivo na nosa clase ata fai unhas semanas e que agora está no outro cole.

Pásamolo moi ben.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(2010-2011) Subimos ás aulas de primaria- recitamos poesías.

Nestes últimos días, ou máis ben semanas, con motivo do outono e da próxima celebración do magosto, nós na clase estivemos confeccionando un pequeno libriño, que fala en forma de poesía dunha castaña.

Tivemos que colorear, escribir, recortar, e por suposto aprender a poesía; cada un ó seu ritmo, tendo en conta que na clase somos nenos/as de 3, 4 e 5 anos.

E así é como quedou:

Como a aprendimos todos e o libriño nos gustou moito, a profe propúxonos subir ás aulas de primaria a recitala por parellas.

Tamén lles recitamos todos xuntas outra poesía que aprendimos do outono

 

OUTONO, TEN SONO

NON PODE DURMIR.

PONLLE UNHA MANTIÑA,

QUE SE QUEDA AXIÑA

SERENO E FELIZ. (Antonio García Teixeiro)

 

Así estivemos nas clases do 1º e 2º ciclo.

Aquí estamos en 4º e son Aroa e Aitana os que recitan a poesía. A profe pasa as páxinas do libro para que non se olviden nada.

Os nenos desta clase e a súa mestra, Susana tamén nos regalaron a nós unha canción do outono moi bonita.

Noutras aulas nos recitaron poesías do outono e das castañas e tamén falamos cos nenos e nos facían preguntas ou nós a eles para saber máis cousas os uns dos outros.

Foi moi emocionante e divertido compartir cos nenos maiores as nosas cousas así que xa estamos a pensar cal pode ser a próxima.

(2010-2011) Celebramo-lo Samain

A semana anterior á festa do Samaín no colexio, estivemos traballando sobre o tema.

Fixemos morcegos, bruxas, arañas e pantasmas para pendurar no corredor.

 

 

Xuntámolas todas para poder logo penduralas, fichemos unha chea delas. 

 

Para participar na festa do Samaín, xuntos cos compañeiros e compañeiras da outra aula preparamos o conto "Corre corre cabaciña", empregando un papel xigante, que iriamos despregando pouco a pouco.

  

 

Cada quen fixo a súa parte do conto

 

E tiñamos que organizarnos para traballar xuntos colaborando.

 

Así de longo nos quedou cando xa o tiñamos rematado.

 

Tamén fixemos cabazas de samaín, que daban moito medo, entre as dúas aulas fixemos cadansúa cabaza.

 

Que tamén decoramos.

 

 

Algúns particiamos no concurso de cabazas xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, traendo as cabazas decoradas das nosas casas.

Estas son as da nosa aula.

 

Cando chegou o día da festa do SAMAÍN, difrazámonos para dar "moito medo" ós compañeiros e compañeiras.

 

Pintámonos a cara con maquillaxes monstruosas que sabía facer a profe Ángela.

 

E viñeron a asustarnos os nenos e nenas de outros cursos difrazados.

 

Participamos na votación da "mellor cabaza do colexio", e por grupos visitamos a exposición, onde tamén estaban as nosas cabazas para escoller a que máis nos gustaba.

 

Escribir o seu número nun papel e deixar o noso voto na caixa, que estaba ó lando dunhas teas de araña moi asquerosas.

 

Asi quedaban tódalas cabazas da exposición encendidas... daban moitísimo medo.

 

Para rematar contámoslle ós compañeiros e compañeiras do colexio o noso conto, que puco a pouco ía a aparendo cando se tiraba del. 

 

Tamén asistimos ás actuacións dos demais compañeiros e compañeiras do colexio e para rematar, cando dixeron os gañadores e gañadoras da votación, resultou que a máis votada de Educación Infantil foi a do noso compañeiro ÁNGEL. 

(2010-2011) Mes de outubro- En qué andamos a traballar estes días

Xa hai tempo que non vos ensinamos e contamos nada do que estamos a facer.

Esta semana pasada xurdiron na clase conversas moi interesantes en torno a varios temas e finalmente e despois de votar todos para decidir sobre cal iniciar unha investigación, estamos a traballar e investigar sobre os VOLCÁNS.

Noutra páxina vos contaremos con detalle o que traballamos e o que descubrimos. 

Pero neste mes de outubro fixemos moitísimas cousas; de xeito paralelo a chegada do outono e á preparación das festas relacionadas, seguimos a decorar a clase

En setembro fixéramos debuxos de nós mesmos para decorar a porta de entrada xunto coa foto de grupo e follas pintadas por nos.

Tamén  levamos unha foto de grupo que pegamos nunha cartolina, xunto co horario de clase, e decoramos. Parecía un marco de fotos de verdade!

Ademáis, no recanto das rutinas do encargado, na alfombra onde falamos todos os días, cambiamos a ventana do tempo, que xa estaba moi vella, por un mapa de Galicia, onde está indicado con un puntiño ónde os atopamos nós, en Campo Lameiro

e debuxamos algúns símbolos característicos do tempo, para poder pegar no mapa cada día, como nas noticias.

aquí fáltanos a tormenta que cando sacamos a foto aínda non a debuxáramos.

Tamén seguimos a asistir a clase de Informática, e as primeiras semanas, traballamos coa pantalla dixital, buscando fotos do que nos interesaba, mirando as de clase e participando en xogos, sobre todo para que os de 3 se familiarizasen con eles e co seu funcionamento.

 

Na aula tamén seguimos a amosar moito interese polo proxector de luz e facemos montaxes moi orixinais, e o que máis nos atrae de todo son as pezas de cores que se reflexan na parede.

Pero como mellor se ve é cando oscureces toda a clase; ásí é chulo de verdade.

E un día ata nos fixeron un regalo moi moi interesante, un "caleidoscopio" que un neno da clase e a súa nai atoparon nunha tenda e nos mercaron un para a nosa clase e outro para infantil 2.

Aquí estamos probándoo e comprobando que se ven as cousas repetidas, moitas, moitas veces e pequeniñas,

Este neno que nolo regalou, decidiu poñerlle de nome "mirador", que soa máis fácil.

Nos escribímolle entre todos unha carta a él e a súa nai (con quen foi a mercalo) dándolle as gracias.

 

A NOSA CLASE E O NOSO COLE- O MÁIS SIGNIFICATIVO

Estamos a confeccionar un libriño individual sobre o máis relevante da nosa clase e os nosos profes así como do cole e finalmente o reflexamos nun gran mural para amosarlle aos nenos grandes cómo é a nosa aula, que hai nela e que facemos nos distintos recantos.

Aínda non o rematamos de todo pero en canto esté listo o poderedes ver no corredoiro e abrir as súas finestras a ver qué se esconde detrás.

 

Como este ano temos por fin parque novo, e os nenos da outra aula de infantil fixeron un gran mural con todos os seus xogos, un día estivemos observándoo e comentándoo entre todos.

Quedou claro que o xogo que máis nos gusta á maioría é a roda. Logo debuxamos na clase o xogo preferido e  pegamos unha foto do parque onde lle puxemos o título que os nenos de Infantil 2 inventaron "parque novo", pois previamente estivemos a diferenciar e atopar o título no mural.

Como xa estaba escrito só tiñamos que copialo.

 

O OUTONO

Como cada curso, observamos e conversamos sobre o máis destacado desta época, recollemos follas, as pintamos, creamos con elas, buscamos en internet froitos do outono, e os temos nunha cesta na clase; aínda nos quedan moitos por traer

debuxamos as nosas árbores espidas,

e tamén estamos a decorar o corredoiro con froitos xigantes.

Primeiro os pintamos con témpera,

e cando están secos, os enchemos con bolas de papel de periódico

e mirade que bonitos quedan colgados do teito.

Facendo as bolas de papel para enchelos tamén xogamos a imaxinar qué podía ser ese anaco de papel, e se nos ocurrían cousas divertidas, como por exemplo estas dúas,

 UNHA  MAZÁ

UN TELÉFONO   

 

Tamén estamos a confeccionar as nosas cestas para o magosto e facendo un libro dunha castaña, pero isto o imos a deixar para contarvos noutra ocasión.

Ata pronto!

 

(2010-2011) Traballamos sobre o Outono: árbores do patio e seta xigante

Cando chegou o outono, xa que así o tiñamos marcado no calendario da clase, estivemos falando das cousas que sucedían nesta estación, moitas delas xa as falaramos o ano pasado.

Lembramos que caían as follas, que os paxaros emigraban (así o investigaramos o curso pasado)... Cando llo contamos ós novos compañeiros/as, pesamos que o mellor era ensinarlles as árbores do ano pasado e ver se ca había follas no chan. 

Cando chegamos ó patio descubrimos que o chan estaba todo cheo delas. 

 

Entre todos recollimos moitas follas, verdes e de cor marrón, ata que enchimos a bolsa. 

 

Antes de marchar "despedímonos das ábores" cunha aperta. Voltaremos cada pouco para ver que árbores se quedan sen ningunha folla e cales se quedan con elas.

  

 

Xa na clase empregamos as follas para voltar a "vestir" a nosa ábore, coas follas verdes na parte superior e a as marróns na parte de abaixo. 

 

 

 

FROITOS DO OUTONO XIGANTES:

Coa chegada do outono decoramos o corredor con froitos do outono XIGANTES.

Os compañeiros/as da outra aula farían castañas,  nos unha seta enorme, e entre ambas aulas unhas uvas. 

O primero de todo foi ter unha silueta da seta en papel. 

 

Para pintala, como non nos poñíamos dacordo en que cores empregar, decidimos buscar en internet a imaxe dunha seta para ver que cores tiñan. De tódalas que había a que maís nos gustou foi esta.  

 

Despois de buscar as setas, chamounos a atención os diferentes tipos que habían e xurdiron moitas preguntas: poden comerse? cales? que cores teñen?... decidimos iniciar unha investigación (Proxecto de traballo) do que xa vos falaremos outro día.

Agora xa sabíamos que cores empregar, pero decidimos deixar a imaxe no ordenador para poder vela cando se nos esquecesen.

Puxémonos mans á obra, tiñamos que pintar de cor vermella pero tendo coidado de non pintar os círculos brancos, como os que atopamos na imaxe.

 

Pintamos entre todos as dúas partes da seta. 

 

 

Cando rematamos, lavámo-los pinceis para poder usalos noutra ocasión. 

  

Cando rematamos deixámolas a secar, ata o que votaramos o día seguinte.   

 

Cando chegamos, ó seguinte día, descubrimos que algúns dos círculos brancos foran pintados "por descoido", así que buscamos unha solución. 

Debuxamos, con axuda dun círculo de madeira, algúns do mesmo tamaño que os da seta. 

 

 

Recortámolos... 

 

E os pegamos nas setas, nos lugares que foran pintados por erro.

 

Chegou logo, xa coas setas rematadas, o momento de converlilas nunha seta xigante. Para elo fixemos bolas enormes de papel de xornal.  

 

E con moito coidado fómolas metendo dentro da seta para facela "engordar". 

 

Así de XIGANTE quedou a nosa seta, que colgamos do teito no corredor, era tan grande que casi era da mesma altura do encargado.

 

 

Xa coa seta feita tamén fixemos, outro día, a nosa parte do racimo de uvas xigante, que construimos xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula. 

 

Así quedaron penduradas no corredor do colexio.

 

 

(2010-2011) Facemo-las novas normas da aula

Na nosa aula xa tiñamos unhas normas que fixeramos o curso pasado, pero como estaban moi vellas e ademáis, temos novos compañeiros, decidimos voltar a facelas de novo.

Primeiro, entre todos e todas, decidimos "que cousas SI se poden facer na escola e cales NON". Todos xuntos as escribimos no encerado na columna que lle correspondía en cada caso. 

 

Logo, cada un foi facendo de "fotógrafo" e tomou fotografías das normas que escribiramos, os demáis compañeiros/as foron facendo de "actores" e representando as diferentes normas. 

 

Cando xa estaban feitas tódalas fotos, e cando todos foron fotógrafos e "actores", metímolas no ordenador e imprimímolas.

 

Unha a unha ían saindo pola impresora.

 

Ó final conseguimos xuntar todas estas fotografías... eran unha chea delas.

 

Para organizalas decidimos pegar en follas verdes as cousas que si se podían facer, e en follas vermellas aquelas que acordamos non se poden facer na aula.

 

Para que non se nos esqueza, debaixo de cada foto fomos escribindo a norma á que se refería a imaxe. Como xa as escribiramos entre todos no encerado tan só tivemos que ir buscando onde estaba a que lle tocaba á nosa foto.

 

Así quedaron as normas das cousas que NON se poden facer...

 

E así as de aquelas cousas que SI podemos facer. 

 

Agora podemos consultalas cando queiramos, e ademáis poderemos engadir novas normas segundo vaian "facendo falta".

 

Como nos gustaron tanto, pensamos que estaría ben levar as mesmas normas para a nosa casa, de modo que as familas tamén puidesen coñecelas.

Para iso collimos un folio vermello e outro verde, e neles voltamos a pegar as fotos das normas, esta vez máis pequeniñas. 

 

Cando o teñamos rematado ímolas levar para casa.

 

(CURSO 2010-2011) Fotografiamos a escola e creamos unha historia.

 Nestas primeiras semanas de clase, algúns nenos/as, cámara en man, adicáronse a facer fotografías pola escola, polas distintas estancias, daquelas cousas que máis lles chamaban a atención.

Cada semana  é un neno ou nena o que fai de fotógrafo.

O primeiro en comezar foi Pablo V.

Unha vez chea a cámara, as descargamos no ordenador da clase con axuda da profe, que ademáis logo tivo que imprimilas na impresora da sala de mestres.

Estas son as fotos que sacou:

  

  

  

  

  

 

 As vimos todos xuntos no ordenador

 

e  lles poñíamos títulos raros -que a profe dicía "orixinais"-

Ésta é a alfombra do corredoiro e a un neno se lle ocurriu poñerlle de título "Barro".

 Tamén había outras de cousas ou obxectos, que as empregaremos para un libro de vocabulario, onde escribiremos os seus nomes, como ésta

FERRAMENTAS

Finalmente, a profe propúxonos ao equipo dos de 5 escoller 5 ou 6 fotos que máis nos gustaran para crear unha historia.

Estas foron as que escollimos

e nos puxemos mans a obra, pegándoas en cartolinas.

 

 Noutra sesión, amosando xa as fotos elixidas a todo o grupo, entre todos fumos creando a historia.

Xa inventada, había que transcribila no papel e debuxar as esceas, así que nos repartimos o traballo e nuns días a rematamos, e así é como quedou:

"E QUERÍA LEVARSE AS PELOTAS E AOS PARRULOS"

Esperamos que vos guste. Outro día é outro neno fotógrafo e xa pensaremos qué inventamos coas fotos.

 

(2010-2011) Temos un parque novo, queres saber como é?

Por fin temos un parque de xogos novo, que xa podemos empregar nos recreos, para que todos e todas coñecesen tódalas cousas ás que se pode xogar nel, decidimos facer un mural para penduralo no corredor.

 

 

O primeiro foi debuxar "o chan do patio" nun "papel xigante", despois de falar un pouco sobre o asunto, acordamos que a forma que tiña era de un "rectángulo".

Anxo, que era o encargado ese día, ocupouse de poñerlle a porta pola que entramos ó mesmo.

 

Por parellas fomos pegando as fotografías dos "columpios" e xogos que hai no patio novo, escribíndolle debaixo como se chamaban.

 

Sabes que hai 13 xogos distintos? soubémolo contándoos cando xa estaban todos pegados, e comprobamos que no patio había os mesmos.

 

Cando xa tiñamos pegadas tódalas fotos dos xogos, había que marcar a reixa que ten ó redor, como é de cor verde pensamos en "debuxala" con gomets de cor verde.

 

Con tódalas fotos xa pegadas, un compañeiro tivo a idea de pintalo. Tras discutir un ratiño acordamos pintalo das mesmas cores que tiña o patio de verdade.

O chan era de cor vermello:

 

E por fora do patio nas zonas de herba pintámolo de cor verde, na zona de cemento de cor gris e na zona da carretera de cor negra.

Só quedaban por facer os últimos retoques.

 

POÑÉMOSLLE UN TÍTULO: 

Agora só faltaba poñerlle un título "PARQUE NOVO", pero cando xa tiñamos as letras listas caéronos todas ó chan se mesturaron as unhas coas outras.

 Vaia desfeita!

 

Primeiro observabmos que eran letras de dúas cores, unha verdes e outras negras, e agrupámolas segundo a súa cor, xa que eran dúas palabras.

 

 

Logo entre todos fomos ordenándoas e pegándoas no mural. 

 

Por fin tiñamos listo o título do mural!

 

 ONDE O PEGAMOS?

Co mural xa rematado chegou o momento de buscarlle un sitio no corredor onde todos puideran velo, cada quen suxeriu un sitio.

 

Ó final atopamos un sitio que nos parecía o mellor, pero alí xa había un mural do ano pasado, feito polos nenos e nenas da clase do lado...

 

Acordamos ir a preguntarlles, ós nenos/as é a profe Ángela, se o podiamos quitar, e por suposto que nos deixou.

 

Así pois, quitámo-lo mural vello:

 

Levamos o noso mural entre todo ata o corredor...

 

Na porta tivemos que organizarnos para facelo pasar sen rompelo.

 

 

E por fin puidemos pegalo no seu sitio.

 

 

(2010-2011) Comeza un novo curso... primeiros días de clase

 Comezamos un novo curso na aula de Educación Infantil 2, con tres novos compañeiros.

Esta é a nosa foto de presentación, para que poidas coñecernos: 

 

 

Nos primeiros días de clases aproveitamos para adaptarnos ó novo horario e para coñecer ós novos compañeiros, invitándoos a participar nos nosos xogos.

 

Xogamos coa plastilina ensinándolles "trucos" ós máis pequenos.

 

Xogando todos xuntos...

 

 

Tamén fixemos as novas bandexas para merendar.

 

Menos mal que lles puxemos o nome por detrás, porque senón non poderiamos saber de quen era cada unha. 

 

Preparamos a nova foto do grupo para poñer na porta da aula, onde cada un escribiu o seu nome.

 

E tamén levamos unha foto "máis pequena", para que na casa tamén puidesen coñecer os nosos compañeiros.

 

Como ó final do curso pasado recolleramos todo, agora tocaba ordenar cada tarxeta no seu sitio, as dos números foron as que nos deron máis traballo, pero entre todos démolo feito.

 

Tamén pegamos o novo "castelo" para marcar o encargado, xa que faltaban os novos compañeiros no que había antes. 

 

Así deixamos a nosa zona de rexistros...

 

Tamén escribimos unha nota para que na casa soubesen os días que iamos ó PAVILLÓN, para lembraros de traer o CHANDAL.

Xa vos iremos contando máis cousas...

 

(2010-2011) Facemos as nosas bandexas da merenda con follas das árbores do patio.

Esta semana por fin nos dispuxemos a facer as nosas bandexas para as merendas. A profe propúxonos decoralas con follas caídas das árbores no patio, pois o outono está a chegar e a herba empeza a estar chea delas.

Así que unha mañá saímos na procura delas, poñendo moita atención para non coller as que estivesen moi arrugadas xa que era difícil pegalas na cartulina.

Aproveitamos tamén para facer algún xogo na herba e facernos unha foto debaixo dunha das árbores.

Xa na clase, noutro momento, nos organizamos por parellas para comezar a actividade, tentando axudar os máis grandes aos máis pequenos,

              

                           

Pegamos as follas que nos gustaban máis e algúns ata lle pegaron herba; tamén pintamos con témperas de cores algunhas e deixamos a pegada e ademáis acabamos rematando a decoración con gomets.

Só faltaba escribirlle o nome cada un á súa e endurecelas con plástico nunha máquina. A profe nos contou que se chama plastificadora e nos fixo moita gracia este nome.

E así é como quedaron:

Agora xa temos ónde colocar a merenda e ademáis aproveitamos o que nos brinda a natureza!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.