Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2010-2011) O Traxe do Emperador (versión rimada para o Salón do Libro)

Este ano voltaremos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano está adicado "A Metira". Fixemos xunto a outros compeñeiros e compañeiras de todo o colexio, un traballo para expoñer na exposición (ver proceso de elaboración nunha entrada posterior), e nel incluímos a nosa versión "Facendo rimas" do conto "O traxe novo do emperador".

 

 

 

COMEULLE A PIRULETA

A UN NENO EN BICLICLETA

 

 

 

 

 

 

ENCERROUSE NO CASTELO

SÓ  DEIXOU  ENTRAR Ó NENO

(ÁLVARO)

 

 

 

 

 

 

 

www.salondolibro.org

(2010-2011) Á volta do Nadal... atopamos unha sorpresa

Xa estamos de volta, despois das vacacións do Nadal.

O primeiro día, en canto chegamos, atopamos debaixo da nosa árbore de Nadal dous agasallos, un para a nosa aula e outro para a dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

Entre todos abrimos o regalo, e dentro atopamos....

 

Un libro chulísimo titulado a ARAÑA MÁIS INTELIXENTE

 

De seguida lle atopamos un sitio nun dos andeis da nosa biblioteca de aula, ademáis tamén lle puxemos o seu número. Tocoulle o número 92.

 

Como xa rematara o Nadal, tamén chegou o momento de quitar os nosos adornos da árbore de Nadal.

 

Cada un foi quitando o adorno que trouxo, para poder gardalo na casa e empregalo na árbore do próximo Nadal.

 

Ó final á árbore quedou sen ningún adorno.

 

Tamén o primeiro día tivemos que cambiar o noso calendario, porque "xa se lle acabaran as follas",  por outro novo, onde xa anotamos a data na que levarían o noso traballo para o salón do libro, pero eso xa o contaremos noutro momento.

 

(2010-2011) Así é o noso boletín trimestral

Cada trimestre, ademáis do boletín oficial do XADE, levamos para as nosas casas un feito por nos, onde contamos todo o que sucedeu ó longo dos días na aula.

Esta vez nunha das follas puxemos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras, nunha foto de todos xuntos.

 

Pola parte de atrás pegamos as iconas dos nosos recantos e xogos preferidos.

 

Se queres coñecelo, así é o noso boletín "As novas da escola".

Nan portada, ademáis do noso nome (e apelidos para os de máis idade), tamén poñemos a nosa idade.

 

Tamén contamos con fotografías e texto algúns feitos destacados do trimestre, deste xeito facemos recapitulación de todo o sucedido, e somos conscientes de todo o que aprendemos e cal foi o proceso.

Neste caso o SAMAÍN, o MAGOSTO e o proxecto de investigación sobre as SETAS.

 

Os recantos favoritos, despois de consultar os máis anotado na axenda escolar.

 

Dentro do boletín, tamén levamos unha folla coa explicación (con fotografías) de moitas das cousas que fixemos no trimestre, indicando que queriamos acadar con cada unha delas.

 

Levámolos para casa o último día de clase, xa que o outro boletín (o do XADE) viñerono a buscar os pais/nais uns días antes pola tarde, para comentar co mestre a evolución ó longo deste tempo.

 

 

 

 

 

(2010-2011)Creamos volcáns con distinas técnicas- Remate do proxecto

Vos estivemos contando anteriormente qué andivemos a investigar e a averiguar sobre os volcáns.

Ademáis, como na clase temos un pequeno recanto MUSEO onde expoñemos as nosas "obras", vos amosamos algunhas delas relacionadas con este tema.

Primeiro comezamos por facer volcáns con plastilina, unha vez que xa coñecíamos as partes do volcáns, aínda que nos resultou máis difícil do que pensabamos ao principio. Así quedaron:

A algúns ata lle puxemos nomes, como "Traquer", "Bimbo" ou "Congo".

Noutras sesións pintamos os nosos volcáns con témperas, con distintas cores que nós eliximos.

Noutras sesións pasamos a crear volcáns con distintos tipos de materiais de refugallo e con distintas texturas: lá, teas, algodón, recheo de almofada, botóns,...ademáis de pinturas, rotuladores, cola,...

Aquí estamos a traballar, axudándonos uns aos outros e compartindo o material e tamén as ideas, ¿por qué non?

Xa rematadas, fixemos uns cadros realmente moi abstractos, así que poñede a traballar a imaxinación.

A maioría utilizamos os botóns para facer as pedras e rocas pequeniñas que expulsa o volcán, e a lá vermella para a lava.

Así quedou o noso MUSEO

Agora está baleiro de novo porque levamos os traballos para casa, pero á volta das vacacións seguiremos creando máis obras orixinais.

Tamén rematamos o noso volcán da clase que fixeramos seguindo o modelo que trouxo Andrea. Nós lle engadimos a lava e unha cheminea por dentro.

Con todo o recopilado que temos no noso mural dos volcáns faremos un gran libro de aula para a nosa biblioteca.

Xa rematamos o proxecto e mirade a diferencia de cómo debuxábamos os volcáns antes de aprender sobre eles,

       

e despoís, cando xa sabíamos máis cousas e polo tanto podíamos entrar en detalles,

 

Agora á volta das vacacións de Nadal, como imos participar no salón do libro Infantil de Pontevedra, que trata sobre a "mentira", prepararemos os noso libriño de aula, xa volo amosaremos cando esté rematado.

Un saúdo!

(2010-2011) Traballamos sobre o Nadal

Cando rematou o mes de novembro, marcamos no noso calendario o día que remtaban as clases e cando ía ser o día de Nadal, así podemos ir contando os días que faltan ata chegar ata esa data.

 

Decoramos os corredores con bolas xigantes, xunto ós demáis compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Traballamos por parella facendo unha bola entre os dous colaborando.

 

Así quedaron penduradas no corredor do colexio.

 

Tamen fixemos unhas árbores de Nadal...

 

Que ata tiñan neve, usamos un cepillo de dentes para pintalos así.

 

E claro, tamén lle puxemos unha cinta ó rededor, cortándoa cunha tesoira.

Uns últimos retoques...

 

Así de bonitos nos quedaron, agora só había que levalos para casa.

 

Tamén participamos na recollida solidaria de comida.

 

E fixemos a nosa árbore de nadal xigante, para decorar entre as dúas aulas.

 

Toda chea de papel de xornais para facela "moi gorda",  como estaban tamen os compañeiros da outra clase acabamos de seguido todos xuntos.

 

E con follas de aironfix e celofán de cor verde, como as follas dos piñeiros.

 

Puxémolo no corredor, agora só faltaba traer cada quen un adorno da súa casa.

 

Para lembrarnos escribimos unha nota pedíndollo ós nosos pais/nais.

 

Pouco o a pouco fomos enchendo a árbore cos adornos que fomos traendo da casa.

 

Ata que nos quedou así de bonito.

 

Os compañeiros e compañeiras da outra clase fixeran un Papa Noel xigante, e nos invitaron a poñer os nosos regalos na súa bolsa.

 

Tamén ensaiamos a nosa actuación para o Festival de Nadal, para ensinarlla a todos o último día antes das vacacións.

Ademáis os nosos compañeiros e compañeiras de de 5º curso, van a ser or encargados de "tocar a música" da nosa actuación. Por iso tivemos tamén que ensaiar todos xuntos.

 

E preparamos os nosos difraces para que "parecese unha entrevista de verdade".

Así fixeron o seu disfraz os expertos en temas relacionados con "Papa Noel".

 

Así o fixeron os periodistas, que farán as preguntas, estaban preparando as súas cámaras de fotos.

 

E así o fixeron os duendes axudantes de Papa Noel.

 

Tiñamos que mirarnos no espello para comprobar se estaba ben feito.

 

 

Tamén tivemos que preparar unha mesa para os "axudantes".

 

 

E así de ben o fixemos durante o Festival.


 

 

Esta é a canción que cantamos no festival:

Onde traballa Papa Noel, onde traballa

Iso é o que eu quero saber, onde traballa

a ver se ti me podes responder, a ver.

 

Di quen axuda a Papa Noel, quen o axuda

Iso é o que eu quero saber, que o  axuda

a ver se ti me podes responder, a ver.

 

Como sabe quen se portou ben, como o sabe

Iso é o que eu quero saber, como o sabe

a ver se ti me podes responder, a ver.

 

Como acerta Papa Noel, como acerta

Iso é o que eu quero saber, como acerta

a ver se ti me podes responder, a ver.

 

Como se mete Papa Noel, como se mete

Iso é o que eu quero saber, como se mete

a ver se ti me podes responder, a ver.

 

O último día de clase fixemos unha festa na aula, pero o día anterior tivemos que escribir unha lista das cousas que iamos necesitar para poder facela.

 

Todas estas...

 

E así de ben o pasamos na festa

 

 

 

 

(2010-2011) Investigamos sobre as SETAS (Proxecto de traballo)

Lembrades que fixeramos unha seta xigante polo outono?, cando a estabamos a facer  xurdiron varias preguntas sobre as setas, ademáis alguén escoitara na tele que un home estaba no hospital por comer unha seta.

 

Decidimos comezar unha investigación a ver se descubríamos cousas sobre as setas. 

O primeiro foi dicir que cousas sabiamos das setas, en moitas delas tivemos que discutir e poñernos de acordo e noutras as ideas estaban enfrontadas. O mellor era investigar para saber quen tiña razón.

 

Como eran moitas cousas, pensamos que o mellor era decidir unhas poucas preguntas para investigar, aquelas que nos parecían máis importantes. O final quedámonos con estas:

 

Coas nosas preguntas xa preparadas chegou o momento de pensar ¿onde podiamos buscar as respostas?. Xurdiron moitas ideas, pero finalmente decidímonos por estas "fontes de información".

 

Ademáis escribimos unha nota para as nosas casas, pedindo ós nosos pais e nais se tiñan información sobre as setas, e no la podían deixar.

Preparamos o noso recanto de investigar, como vedes aínda non tiña ningunha información, agás a noticia do home hospitalizado por comer setas que atopamos tamén nun xornal. A medida que fora chegando a información poderiamola ir poñendo no recanto, e consultala cando quixeramos.

 

Nuns días xa tiñamos unha cheda de cousas: fotos, libros, debuxos...

 

Eran todos moi interesantes, e cando alguén traía una nova "información", contáballe ós demáis como a conseguira.

 

 

Tamén xuntamos unha chea de libros sobre as setas.

 

INVESTIGAMOS:

Como tiñamos catro preguntas, tivemos que pensar por cal empezar primeiro e como facer para atopar as respostas a cada pregunta.

Despois de falar un anaco sobre o tema, alguén lembrou que cando investigaramos  "os paxaros" o curso pasado, nos orgainzaramos por grupos e atopamos tódalas respostas.

Así pois decidimos organizarnos en grupos e puxémonos mans á obra:

 

De que cores son?

Un grupo investigou de que cores podían ser as setas, algúns buscaron en fotografías:

 

Outros nos libros que xuntaramos:

 

E outro equipo buscou a palabra SETAS, no ordenador, e apareceron moitísimas fotos con setas de moitas cores:

 

Cada grupo tiña unha folla con setas debuxadas, que podía ir pintando das cores que fora descubrindo, ó final xuntaríamos as cores descubertas por cada equipo.

 

Cando todos remataron de buscar, recortámo-las setas que pintaramos das cores "descubertas" e fómolas pegando no noso mural:

E debaixo de cada cor, unha fotografía da seta que descubriramos con esas cores.

 

Escribímoslle o nome enriba de cada cor, para que ninguén se confundise.

 

Todas estas foron as cores, e os tipos de seas qeu descubrimos... Eran unha chea delas!, atopamos 11 cores distintos de setas.

 

Como nos divertiu tanto buscar as cores das setas, e había tantas e tan diferentes todas, pensamos que sería interesante facer unha seta de plastilina para levar para casa.

Anotamos nunha folla o noso nombre debaixo da seta que queriamos facer, segundo a cor que máis nos gustase.

 

Así todo o mundo sabería que seta estaba a facer e de que cor tiña que ser.

 

Despois de moito practicar por fin demos feito as nosas setas.

 

Pintámolas con Alkil para que endureceran e non romperan.

 

Deixámolas a secar, e ó día seguinte levámolas para as nosas casas.

 

 

Cales se poden comer?

Un día Martín trouxo da súa casa unha chea de setas, foi moi divertido tentar adiviñar como se chamaban buscándoas nos libros que tiñamos.

Ademáis comprobamos que eran das cores que xa descubriramos.

 

Pero seguiamos sen saber, cales delas se poderían comer ou non, polo que acordamos non tocalas e lavar ben as máns o o faciamos "sen darnos conta".

 

Para descubrilo fixemos un equipo que se encargou de buscar nos libros como "saber cales se comen ou non", e descubriron que había uns debuxos cuns garfos que ás veces estaban tachados.

Seguro que os tachados significaban as que non se podían comer.

 

Como o resto dos compañeiros estaba a investigar onde nacían as setas (que era outra pregunta) puxémolo no mural para contarllo cando remataramos.

 

Para que ninguén se confundise, enriba dos garfos escribimos que siginificaban (SÍ se poden comer, ou NON se poden comer)

 

Pegamos algunhas setas e debuxamos outras das que atopamos nos libros, e acordamos que o mellor sería sempre mirar no libro para saber se unha seta se podía comer ou non, porque ademáis algunhas estaban "repetidas" e eran moi parecidas.

 

Onde nacen?

Mentras un equipo estaba a investigar cales se comían ou non, outros adicáronse a buscar no ordenador onde poden nacer as setas, que era outra das preguntas que tiñamos que respostar.

Escribindo "SETAS" apareceron unha chea delas, agora so faltaba ir observándoas con coidado e descubrir onde nacera, Anxo encargouse de ir anotando os sitios que ia descubrindo o grupo.

 

Descubrimos que podían nacer na auga, nas árbores, na selva, no monte, nas piñas e ata na praia (e iso que todos pensabamos que non podían nacer alí)

Así o puxemos no noso mural, cunha foto e o nome do sitio onde nacera a seta. 

 

Cando nacen?

Tan só nos quedaba unha pregunta por respostar, esta iamola investigar todos xuntos. 

Menos mal que o profe atopou algúns vídeos onde dicían cousas das setas, tivemos que estar moi atentos para escoitar que nacían cando chove, e caen as follas (así que acordamos que tiña que ser no outono) e tamén na primavera.

Seguro que tiñan razón, porque Martín trouxera as súas setas xusto cando no patio caeran as follas.

Ademáis tamén descubrimos como era a seta máis grande do mundo, parecía un balón de fútbol do grande que era.

 

Entre todos anotamos no noso mural o que tiña que suceder para que naceran setas, cada un dos equipos se encargou de debuxar e escribir ben a choiva, o outono ou a primavera.

 

Así quedou o mural:

En cada unha das preguntas fómoslle escribindo "SI" a medida que iamos investigándoas e atopando a resposta.

E así quedou o noso mural da investigación rematado, que puxemos no corredor para contarlle a todos e todas os nosos descubrimentos.

 

Facémo-lo noso libro das setas:

Agora que xa atoparamos a resposta ás nosas preguntas, pensamos que deberiamos contalo na casa, pero claro non podiamos levar o mural.

Decidimos facer un "libro das setas" onde contariamos todo o que descubrimos na nosa investigación.

Fixemos unha folla coas cores que descubriramos:

 

Sempre podiamos consultar o mural cando tiñamos algunha dúbida.

 

Noutra folla debuxamos e escribimos, onde e cando nacen as setas.

 

Fixemos unha folla coas que se poden ou non comer, e sempre podiamos voltar a consultar nos libros, porque agora xa sabiamos distinguilas.

 

Queres ver o noso libro das setas?, este é un exemplo de como quedou.

 

Coñecementos previos, plantexamento de preguntas (e hipóteses previas)

 

Fontes de información:

 

Resultado da investigación (asimilación do aprendido e reorganización dos esquemas cognitivos previos como resultado da nova información e do proceso de aprendizaxe por descubrimento. )

De que cor poden ser?

 

Cales se poden ou non comer?

 

Onde nacen as setas?

 

Cando nacen as setas?

 

Podedes ver o noso mural coa investigación no corredor do colexio.

(2010-2011) Investigamos sobre os volcáns

No mes de outubro xurdiu a partir dunha conversación que suscitou moito interese, o tema dos volcáns.

Despois dunha votación con outro tema que tamén nos interesaba, quedou claro que todos queríamos averiguar máis cousas dos volcáns.

Tentamos escribilo todos xuntos e coñecer as súas letras,

 

Partimos dos coñecementos que tiñamos sobre os volcáns, e as nosas ideas:

-Bota a lava.

-Queiman.

-Son como montañas.

-Tiene fuego.

-Sale en los gormitis.

-Podemos facer un volcán nós, entre todos. Con barro. Para poder velo na clase e non ter que velo no ordenador.

-Yo vi uno en la tele.

 

Debuxamos cada quen o seu volcán para afondar máis e observar a súa forma e ver como o reflexa cada un.

Noutra sesión, a profe amósanos na pantalla dixital, o que parece a "silueta" de algo e pensamos qué pode ser:

-parece un tobogán.

-un agujero.

-una telaraña.

-un león.

Era un volcán visto dende arriba, dende un avión por exemplo.

 Aquí xurden algunhas preguntas que constitúen a seguinte parte do proxecto, ¿qué queremos saber sobre os volcáns?

-¿cómo es la lava?

-¿cómo explotan os volcáns?

-¿cómo son?

-ver videos del volcáns.

-facer un volcán.

 

Á pregunta de ónde averiguar todo isto e atopar a información:

-Nas casas, preguntando aos pais.

-No ordenador da clase.

-Nos libros.

-En informática.

 

Mandamos unha nota a casa pedindo axuda e colaboración na aportación de calquera tipo de información relacionada cos volcáns e as familias sí que traballan, porque nos empeza a chegar moita, moita información e moitas cousas interesantes.

Un neno da clase tróuxonos un mapa da illa de Tenerife, onde hai un volcán, O TEIDE, que curiosamente parécese moito o nome dunha nena de clase, TAIDA.

Así averiguamos que é a montaña ou pico máis alto de España.

Os seus tíos, primo e abó estiveron alí e nos trouxo moitas fotos para velo máis detalladamente.

O pegamos xa fotocopiado, no noso mural, marcando o percorrido ata o volcán,

e xa individualmente o localizamos nun "mapa" de España, e aprendemos así que este volcán está nunhas illas, rodeadas todas de mar.

Na aula buscamos en internet entre todos e atopamos algun video interesante,

              

para poder atopar resposta á pregunta de cómo explotan, e así averiguamos que cando un volcán explota se di que entra en "erupción".

E que bota ou expulsa lava, gases e ceniza, rocas e pedras, fume,

aquí estamos recortando todas estas cousas que expulsa, para pegalas no noso libro sobre os volcáns e así non olvidarnos.

Ademáis un día, Nicolás trouxo a clase un bote de "arena volcánica" do TEIDE.

Puidemos tocala e cheirala e cada quen pegou unha pouca no seu libro.

 

Unha mañá tamén nos levamos todos unha sorpresa cando Andrea apareceu na clase cun gran volcán que fixera na súa casa coa súa familia

quedoulles chulísimo e así ademáis tamén nos deu ideas a nós para facer o noso e pensar con qué materiais o poderíamos elaborar.

Nos puxemos mans á obra,

Aínda non temos fotos de cómo quedou pero volo amosaremos na próxima páxina que escribamos.

Outro día, Aitana tróuxonos un libro que foi mercar coa súa nai, sobre o lume onde aparecía un volcán

 

E Raúl, como a súa aboa estivo pasando uns días en Tenerife, tróuxolle unha figura do volcán Teide, feita por algún artesano da zona,

Así e con axuda do ordenador tamén puidemos ir averiguando as partes do volcán.

¿sabíades que os volcáns tamén teñen unha chimenea, que vai por dentro por onde sube o magma cando entra en erupción?

Vistos os videos sobre cómo erupcionan, decidimos facer un experimento na aula, simulando a erupción dun volcán.

Invitamos aos nenos da clase do lado a que participaran nalgo tan interesante,

primeiro botamos a auga no bote

despois vinagre

e por último o bicarbonato (sempre baixo a supervisión e mirada atenta dos mestres)

e foi como máxico porque en canto os tres elementos estiveron mezclados, empezou a subir espuma e sair como si fora a lava dun volcán.

o experimento gustounos moitísimo e temos ganas de repetilo noutra ocasión. Xa o faremos co noso volcán que está rematado.

Ademáis, contarvos que a finales do mes de outubro saleu nas noticias que un volcán estaba entrando en erupción e estaba morrendo xente.

A profe ensinounos no ordenador e en fotos cómo era ese volcán, ónde estaba, en Indonesia, o volcán MERAPI e fixemos algunha actividade ademáis de introducir na clase un enorme MAPAMUNDI.

para localizar o lugar exacto onde se atopaba

a partir de ahí, estábamos pendientes dos últimos acontecementos que tiñan relación con este volcán e os comentábamos, escribíamos,... 

e ademais como outros nenos/as trouxeran fotos dalgúns volcáns, decidimos pegalos no noso mapamundi, para isto tivo que axudarnos moito a profe, eque ela sabe ónde está cada lugar, cidade, país.

Un neno tamén nos trouxo información doutro volcán, o monte FUJI en Japón, e fotos da súa ladera de lava xa totalmente seca porque agora no está activo ou funcionando.

Aquí estamos mirando un mapa do mundo pequeno que él trouxo onde están sinaladas as distancias entre este volcán e o Teide, que está máis cerquiña nosa, para darnos conta do lonxe que está.

Toda a información que nos ía chegando a colacábamos nun gran mural para poder vela e comentala cando quixéramos

O proxecto está prácticamente rematado e cada neno elaborou o seu libro onde está recopilada a información.

Tamén adicamos parte do proxecto ao "arte", a crear con distinas técnicas os nosos volcáns e pronto volveremos para mostrárvolo!

(2010-2011) Así facémo-la nosa Axenda escolar

Este curso comezamos a levar para casa, cada fin de semana, a nosa axenda escolar, nela imos anotando o que pasa cada día no colexio e así poder comentalo cos nosos pais/nais.

 

Temos unha caixa chea de "pegatinas" dos diferentes xogos e recantos que temos na aula. O primeiro foi recortar moitísimos e ordenalos nunha caixa. Para logo poder usalos.

 

En cada folla da axenda marcamos en cada un dos días da axenda os seguintes elementos:

  • Síntome: (ledo ou triste)
  • O tempo que fixo ese día (choiva, sol, nubes...)
  • Na merenda: anotamos cada día o que traemos de merenda, a ver se somos capaces de colorear tódolos debuxos, ademáis podemos debuxar aquelas cousas que non saen.

 

Na parte posterior de cada páxina pegamos os xogos, recantos ou actividades que temos cada un dos días.

 

Temos unha chea de iconos para pegar segundo o caso (ordenador, xogo simbólico, construccións, puzles, libros, pavillón...). Cada quen ten que escoller o que corresponde.

 

Por último na parte inferior o mestre pode deixar os seus comentarios para as familias, e as familiar facer tamén os seus.

Levámola cada fin de semana para as nosa casas. Temos que lembrarnos de traela de volta cada luns, senón non podemos facela ese día.

 

Nota: a axenda estamos a empregar e que pode descargarse da web www.recursoseducativos.net

(2010-2011) Nós tamén votamos

Cando chegamos pola mañá, atopámonos no corredor cunha mesa que tiña enriba unha caixa, e alí tamén estaban os pais/nais dalgúns compañeiros/as.

Decidimos ir a "investigar" para que serviría e porque tiñan que estar alí algúns pais/nais "vixiando".

Dentro da caixa había algúns papeis que meteran outros pais e nais.

 

Cada que comentou a súa idea de "para que serviría aquela caixa con aqueles papeis", ata que un compañeiro comentou que era una "votación" e que os pais estaban alí para vixiar que cada un metese "un só papel" na caixa.

Ademais atopamos unha lista onde algúns nomes estaban tachados, seguro que os xa meteron o seu voto.

 

Descubirmos ó final que se trataba dunha votación entre os pais/nais para o "Consello escolar", e que podían votar os pais/nais de tódolos nenos/as do colexio.

Xa na clase pensamos que estaría ben facer a nosa votación na clase, así que todos xuntos (as dúas aulas) dedicimos votar para escoller quen nos gustaba máis das persoaxes de "Dora a exploradora", que todos coñeciamos.

O primeiro foi escoller ós nenos que vixiarían a "mesa de votación", decidimos que foran os encargados de cada unha das aulas.

 

Logo chegou o momento de que cada quen escribira no seu papel quen era o seu personaxe preferido, ademáis como estaban na clase pegado co seu nome foi doado de escribilo.

 

En orden e "vixiados" polos responsables da mesa electoral fomos deixando o  noso voto en segredo.

 

Cando xa votaron todos, e como non nos ía dar tempo a "contar os votos" e ver quen gañou, puxemos un cartel na caixa avisando que non se podía abrir, ata que estiveramos todos listos.

 

Antes de contar os votos, preparamos o panel onde iamos ir anotando os resultados, algúns escribimos os nomes dos candidatos.

 

Mentras os demais buscamos no ordenador "fotos" de cada un deles para pegarllo ó lado do seu nome.

 

Co taboleiro preparado, chegou o momento de recontar os votos,os dous "membros da mesa de votación", foron os encargados, un deles lía os votos e o outro poñíalle un gomet por cada un dos votos.

Se algún voto non podía ser lido, porque non se entendía, poñíamoslle o gomet en "voto nulo".

 

Cando rematamos, contamos os gomets de cada un e escribímoslle o número ó lado de cada un. Finalmente o gañador foi "BOTAS".

 

Xa coa votación rematada, fixemos a nosa "folla de escrutinio" persoal, poñendo o mesmo número de gomets na súa folla.

 

As veces había que ir a comprobar no taboleiro se os tiñamos todos ben postos nas follas de cada un.

 

Así quedou a folla de votacións cando rematamos. 

 

 

 

 

 

(2010-2011) AS FESTAS DO OUTONO: Samaín e Magosto

No outono hai dúas festas que non podemos deixar de celebrar. Agora que xa as vivimos, vos contamos cómo nos foi.

Polo SAMAÍN xa sabedes todos que é tradición que cada neno e nena traia a súa cabaza que decorou na casa con axuda da súa familia.

Nós fumos traéndo as nosas e nos retratamos con elas, antes de colocalas todas xuntas coas dos demais nenos do colexio, para a exposición.

 

  

 

 

  

Eses días tamén tiñamos unha cabaza na clase que trouxo a profe para abrir e decorar entre todos.

Marcamos por ónde abrila, lle pintamos ollos, nariz e boca e a baleiramos:

    

         

Como estes días traballamos de maneira conxunta con nenos da autra clase de infantil, eles se encargaron de rematala; Iker a pintou toda de témpera con distintas cores.

Polo Samaín ademáis de traballar distintos conceptos e a través da lecto-escritura e a lóxica matemática e en traballos en papel, tamén preparamos un conto

                  

Na aula de música aprendimos a canción do conto, e nas clases entre todos fixemos un gran mural que se plegaba (e o podíamos facer aparecer e desaparecer). Nel contábamos a historia con debuxos e os nomes dos persoaxes ou esceas.

os profes Oscar e Ángela o ían abrindo e contando mentres nós cantabamos a canción cando correspondía.

Ese mesmo día tamén nos maquillamos nas clases; tiñamos varios modelos para elixir entre vampiro e monstro

e a verdade é que dábamos bastante medo.

Os nenos máis grandes tamén viñeron visitarnos vestidos para a ocasión e máis dun tivo que esconderse ou sentarse ó ladiño dos profes para non ter medo, aínda que hai que dicir que somos todos uns valentes eh!

 

O MAGOSTO- CELEBRACIÓN

En días anteriores ao magosto xa vos contamos noutra páxina algunhas cousas que fixemos.

Pero ademáis, como nesta festa se comen as castañas, e na clase tiñamos outros froitos do outono que tamén queríamos probar, adicamos parte dunha sesión a probar algún deles.

Unha nai nos trouxo unha chea de freixoas,

a profe as cortou pola metade e nós as comíamos con cuchariñas de prástico, igualiño que cando comemos os kiwis.

foron todo un éxito e encantáronnos á maioría de nós.

O que non gustou tanto foi o zume de granada,

pero sí foi moi divertido facelo, o pasamos moi ben e así xa sabemos a qué sabe esta froita tan extraña.

Mirade cómo usamos o exprimidor, a maioría sentíamos cóxegas nas mans,

 

Neses días tamén confeccionamos a nosa cesta para meter as castañas asadas o día do magosto. As fixemos en cartulina, cunha plantilla en forma de castaña e as decoramos con gomets, pintando, con castañas,.

e cun cordel as rematábamos para pechar o bolsiño e convertilo en bolso.

O día do magosto foi moi divertido porque fixemos xogos no pabellón, por equipos (cada aula era un equipo) e tiñamos que superar 8 probas. Por cada proba superada conseguíamos un colar cunha castaña dunha cor.

Esto supoñía que nos tiñamos que esforzar todos/as moito para acadar un obxectivo común.

aquí estamos na primeira proba, de conseguir meter unha castaña nun iogur.

nesta proba temos que meter nunha cesta unha castaña  tirándoa dende unha distancia.

ou nesta, que temos que ir levando co dedo a castaña polo camiño sen que se salga del.

Foron todos moi divertidos, pero o que máis nos gustou á maioría foi a proba de ir na moto a recoller castañas e a de darlle de comer ao coello e ao xabarín.

E por fin a comer as castañas asadas!!!

Así demos por rematada esta xornada e tamén finalizamos outra etapa deste trimestre.

Agora nos toca embarcarnos noutras aventuras como o Nadal e o Salón do Libro Infantil.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.