Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2010-2011) Facemos o noso mapa para ir ó Salón do Libro

Mañá imos ir a visitar o Salón do Libro, para o que fixemos o noso traballo como xa vos comentamos (pódelo lembrar aquí e aquí) .

Comprobamos que todos trouxeran a autorización, xa que fomos anotando os nosos nomes nunha folla a medida que a iamos traendo.

 

Comprobamos que, efectivamente, mañá iriamos a visitar o salón do libro, xa que o tiñamos anotado no calendario.

 

Falando sobre a viaxe de mañá, sairon moitas preguntas de como iamos ir ata alí, por onde teriamos que pasar... así que decidimos buscalo nun mapa.

 

E facer o mesmo mapa pero en tamaño "xigante", e poñerlle as fotografías dos sitios polos que iamos pasar de camiño.

O primeiro foi marcar no recorrido de onde sairiamos (CAMPO LAMEIRO) e ata onde teriamos que viaxar (PONTEVEDRA), marcámolos con gomets vermellos e debaixo de cada un puxemoslle o seu nome.

 

Pintamos a parte do mapa que representaba ó mar, xa que segundo nos contou Martín Pontevedra está cerca do mar e dun río (que tamén tiñamos debuxado)

 

Comezamos a pegar as fotografías do colexio e do Pazo da cultura (onde está o salón do libro, a primeira en Campo Lameiro e a segunda en Pontevedra.

 

Fomos pegando tamén outras fotografias dos sitios polos que iamos pasar, así mañá poderemos comprobar si pasamos por todos eles. Ata marcamos o Colexio de Cerdeiras (onde recolleremos os nenos e nenas que virán no noso autobús) e as árbores que hai polo camiño.

Remataremos este mural cando voltemos da visita (con fotografías e textos... de todo o que vivamos alí) 

 

Tamén fixemos un mapa para levar para as nosas casas, e así contarlles ós nosos pais e nais cal era o camiño.

 

Nel seguimos o mesmo proceso que no mapa xigante, colorear a parte que representaba o mar, marcar o punto de partida e chegada, poñerlle os nomes dos lugares e pegar as fotos na mesma orde que no mapa feito por todos e todas.

 

Xa tiñamos listos os mapas para levalos para casa, pero antes de irnos comprobamos que os nosos mapas tiñan as mesmas fotos, e na mesma orde, que no mapa xigante.

 

Actualización: 

Durante a viaxe a Pontevedra, fomos facendo fotos desde o autobús a cada un dos lugares que marcamos no noso mapa.

Ó dia seguinte da viaxe, pegamolas no mapa xigante que fixeramos días antes. 

 

E descubrimos que efectivamente pasamos por tódolos lugares.

 

 

Se queredes visitar a exposición, podedes facelo nos horarios de apertura que atoparedes nesta web:

www.salóndolibro.org

Horario de apertura para as visitas:

De luns a venres de 17 a 21 h, sábados de 11 a 14 h e de 17 a 21 h; domingos e festivos de 11 a 14 h. Exposicións abertas ata o 20 de marzo.

Ou ben descarga o folleto informativo, cos horarios e actividades desde aquí.

 

 

(2010-2011) Proxecto do corpo: acadamos información, chégannos novas e nos organizamos por equipos.

Nesta semana sucederon moitas cousas interesantes relacionadas con este novo proxecto.

 Temos máis cuestións ou interrogantes xurdidos

-¿cuánto pesa el cerebro?

-¿cómo se rompen los huesos?

-¿cómo son as tripas?

-¿por qué son fuertes los músculos?

-¿cómo facemos a enerxía?

-¿cómo se forma el esqueleto?

 

Ademáis, xa independientemente, en decembro xurdira nun neno a curiosidade por saber "¿Por dónde salen los bebés?", co cal ó ter tanta relación co corpo, o desenvolveremos de xeito paralelo e tendo en conta que non é tan extenso como o actual.

 Por outra banda, sabedes que estabamos facendo as siluetas dos nosos corpos en tamaño natural verdade? pois xa as rematamos

            

Aquí estamos pintándoas coa cor carne...e...listo!

 

A nota enviada a casa foi dando os seus resultados e todos e todas aportamos todo o que puidemos, ata poder darlle forma material ao noso recanto de material relacionado co tema

Por un lado, libros, películas, revistas, ata unha radiografía,

por outro o material de papel impreso sacado de internet ou de recortes, que imos pegando no noso mural

que aínda temos que organizar pois é moitísimo o material que trouxemos todos.

Como os temas sobre os que xiraban os interrogantes inicialmente (agora temos máis) eran o corazón, o esqueleto, o sangue e os pulmóns, nos organizamos por equipos para subir á biblioteca a buscar información

equipo que investiga sobre os pulmóns

esqueleto

sangue

corazón (falta Taida, que estes días non estivo na escola)

Os equipos están compostos por un neno ou nena de 3, un de 4 e un de 5 e entre nós, comezando o encargado dese día, eliximos aos compañeiros e o tema que máis nos interesaba.

Para non olvidarnos dos compoñentes do noso equipo e da nosa temática, coas fotografías que fixemos, as pegamos no recanto do corpo humán cada equipo co seu icono representativo do corpo

 

Xa na biblio do centro, unha vez que a profe localizou algunhas enciclopedias e libros do corpo humán, nós buscamos o que nos interesaba

                       

Cada vez que un equipo atopaba algo que consideraba importante e que tiña que ver co seu tema, marcaba a páxina cun papel e a profe encargouse logo de fotocopiar todo.

Pero xa na clase había que organizar tanta fotocopia e clasificala en cada un dos equipos

non foi doado pois moita información ven toda xunta, falando de varios temas á vez, pero con axuda da profe conseguimos organizala.

Os libros máis relacionados co tema do corpo tamén os baixamos da bibliteca para ter na aula uns días e consultalos

Nesta próxima semana tamén adicaremos varias sesións a buscar información en internet, os mesmos equipos formados, sobre todo imaxes do noso tema para poder facer un power point con todas elas.

Ademáis, no recanto do corpo humán tamén temos un apartado de "novas" que van xurdindo, como por exemplo

a de David que faltou uns días ó cole porque estivo ingresado no hospital e lle tiveron que poñer unha mascarilla para poder respirar.

ou a de Miguel, irmán dun neno de clase, que sacou un oso do dedo do sitio e nolo veu a contar

Además de para aprender cousas novas tamén aproveitamos todo o que vai xurdindo para escribir sobre o mesmo e así avanzar no noso proceso de lecto-escritura, ao ritmo de cada un.

E isto é todo polo momento.

Este venres pedimos ás familias fotos de cando todos erabamos bebés, para facer unha pequena exposición delas e a partir de ahí despexar algunhas dúbidas e interrogantes.

Boa semana!

(2010-2011) Actividades sobre a Paz

Como todos os anos, no calendario escolar temos un día adicado á celebración da Paz, aínda que na escola trátase de potenciar e fomentar o desenvolvemento de valores moi conectados á paz, en cada momento da xornada, a partir de problemas e conflictos que xurden, de conversas, de xogos, nos distintos espacios e cos agrupamentos entre os nenos e nenas.

Para festexar este día tan especial, uns días previos á data, preparouse na nosa aula a partir de diferentes actividades.

Comezamos a elaborar un libriño, que incluía, debuxos e explicacións de cáles son os nosos mellores amigos (dentro da escola e fora) e por qué

 

 

 "Oscar, porque juega conmigo al pilla pilla".

 

 

Nos sacamos fotos con eles

E o libro tamén incluía unha canción da paz que aprendimos  e coa que traballamos a partir de distintas actividades de lecto-escritura.

Tamén fixemos unha portada, aproveitando a pomba como símbolo da paz, facéndoa coas pegadas das nosas mans e decorándolle as ás.

Ademáis, partindo do cadro "El Guernica", de Picasso,

e do que nel observábamos, chegamos a conclusións moi interesantes sobre a Paz, e o modo de conseguila na nosa escola, ademáis de achegarnos a unha obra de arte moi coñecida na nosa cultura e sociedade.

Individualmente cada un recreou o seu Guernica particular dándolle un pouco de colorido e alegría,

poñéndolle logo un marco, e se colocaron todos nos corredoiros para expoñelos,

Tamén levamos a cabo unha experiencia interciclos, con outras aulas de primaria, que consistiu en recrear o mesmo cadro en tamaño xigante, dividindo a tarefa entre os participantes.

Aquí estamos os de infantil, que por turnos imos aportando o noso granciño de area,

E así é como quedou finalmente,

Tamén asistimos a unha pequena celebración na sala de usos múltiples, onde os nenos e nenas de primaria e os de sexto, nos deleitaron con dúas obriñas de teatro, e rematamos a celebración cunha canción colectiva, que a profe de música nos ensinou, de Mercedes Peón.

Tamén enchemos o colexio de pegadas pintadas e decoradas e con mensaxes de paz.

Na nosa clase cando vimos todo o colexio cheo das pegadas non saíamos do asombro e todos buscábamos as que cada un pintara.

Cunha pegada tamén decoramos a contraportada do noso libriño e coas seguintes conclusións de cómo acadar e ter paz na nosa escola e nas aulas:

- sendo amigos.

- prestando xoguetes.

- querendo a todos.

- axudando.

- facendo regalos.

Creo que todos podemos alomenos cumplir un destes requisitos ¿verdade?, pois a seguir traballando pola paz!

(2010-2011) Día da Paz: traballamos o Guernica e moito máis

Un día pola mañá o mestre trouxo un cadro moi extraño, era todo de cor negra e branca e nel podíamos ver cousas interesantes. Díxonos que se chamaba o Guernica e que o pintara Pablo Ruíz Picaso.

No cadro descubrimos:

  • Un cabalo
  • Xente berrando
  • Unha espada
  • Un incendio
  • Lume nunha montaña. 
  • Unha perna e un brazo cortados (pola espada)

Chegamos á conclusión de que seguramente era o cadro dunha guerra, e por iso estaba de cor negra, porque era algo moi triste. 

Por iso decidimos "colorealo" para facer un novo Guernica con cores, para que a xente do cadro non estivera tan triste e non se pelexaran.

Fixémolo xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Cada quen pintou o seu Guernica das cores que máis lle gustaban.

 

Cando xa tiñamos o cadro rematado fixémoslle un marco de cartolina vermella, onde escribimos o noso nome e o título do cadro "GUERNICA"

 

Entre todos fixemos unha exposición de Guernicas no corredor do colexio. Cada quen pegou o seu cadro no lugar que mellor lle parecía.

 

Fixemos unha chea de cadros, estes son algúns deles:

 

UN GUERNICA XIGANTE FEITO ENTRE TODOS:

Decidimos facer tamén unha versión xigante do Guernica coloreada entre tódolos nenos e nenas do colexio.

Os compañeiros e compañeiras de 5º encargáronse de medir o papel e debuxar o cadro en tamaño xigante.

 

Repasaron o cadro empregando o proxector e a imaxe que tiñamos no noso ordenador.

Fixérono por sorpresa e nós atopamo-lo cadro debuxado cando baixamos a aula de inglés.

Xa co cadro debuxado, tiñamos que decidir como o iamos pintar entre todos os que querían colaborar (infantil, 4º, 5º e 6º), pensamos que o mellor era "repartir o cadro" en catro pedazos e poñerlle un cartel a cada un deles.

Para non debuxar sobre o papel, marcamos as partes cun fío de cor vermella.

Tamén lle puxemos un cartel co nome de cada profe, no cacho que lle correspondía pintar á súa aula.


Xa tiñamos o cadro divido nas catro partes.

 

Chegou o momento de "avisar" ás aulas participantes que xa podían vir a pintar o cadro, para elo escribimos unha carta que entregamos a cada mestra.

A profe de sexto e de quinto

A profe Ángela da outra aula de infantil e a mestra de cuarto.

Cada curso foi pasando pola nosa aula a colorear a súa parte do cadro, e claro nos xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil tamén:

  

Logo viñeros os compañeiros de cuarto, e pintamos todos xuntos.

 

Tamén pasaron pola nosa aula os compañeiros e compañeiras de quinto a pintar a súa parte.

 

E tamén os da aula de sexto curso

(Podes ver tódalas imaxes do proceso na galería fotográfica AQUÍ)

 

Cando o cadro estivo rematado chegou o momento de recortalle a parte que sobraba, entre dous rematamos de seguido.

 

Tivémolo que levar entre todos, porque era enorme

 

Para que todos soubesen como se chamaba o cadro e quen o pintou, puxémoslle un cartel anunciándoo.

 

Agora todo o mundo pode ver o noso cadro na entrada do colexio.

 

ADEMÁIS TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ...

Xunto co resto dos nenos e nenas do colexio fixemos uns pes, para facer un camiño que ía deste tódalas aulas ata  a sala onde celebrariamos o día da paz.

E así quedou o camiño

 

Tamén  fixemos unha bandeira con forma de man, para cantar a canción "Un saludo Paralá" de Mercedes Peón.

 

E asi cantamos a canción todos xuntos.

 

OS  MEUS MELLORES AMIGOS SON...

Coa cámara de fotos fomos sacando, uns ós outros, fotografías cos que cada quen elexía como os "seus mellores amigos".

Pegamos a foto e escribimos os seus nomes nunha folla.

 

Levamos a folla e o noso cadro do Guernica para casa, para ensinarllo ás nosas familias.

Enroscámolos nun tubo

 

Que podiamos usar ademáis como catalexo, micrófono...

 

 

 

(2010-2011)-Podaron as árbores do patio

Á volta das vacacións de Nadal, un día decatámonos, mirando pola fiestra do cuarto de baño, de que algo lles pasara a algunhas árbores do patio

Despois dun rato de diálogo e compartir opinións xa todos sabíamos que o que lles pasara é que as podaran, para que estivesen máis sanos e sacar as ramas que xa non valen; incluso tamén porque están demasiado longas e poden ser perigosas.

Decidimos saír ao patio a observalos máis de cerca e así tamén xogamos a pensar a qué se parecían agora tan desnudiños,

Nalgúns atopamos similitudes con algunhas letras como a "v" a "u" ou a "y".

A profe propúxonos elixir o que máis nos gustaba a cada un e sacarlle unha foto, para logo pintar con témpera sobre ela.

Aquí temos as fotos xa impresas en tamaño grande e antes de comezar os debuxamos intentando que foran iguais ao que tiñamos cada un na súa fotografía.

E logo xa pasamos a pintalos.

Ás cores de partida eran o marrón e o verde que son as que observamos no patio pero logo cada un elixía as que lle parecía para completar o cadro e ademáis como se trataba dun debuxo do "inverno", lle engadimos lun pouco de neve coa pintura branca.

Así quedaron no noso recanto das estacións

Ó lado xusto temos os cadros que pintaramos en novembro do outono,

e así nos imos facendo máis conscientes do paso do tempo, do concepto das estacións do ano e as diferencias e similitudes que supoñen entre elas.

Cando cambiemos de estación adicaremos outro recuncho á seguinte!

 

(2010-2011) Comezamos un novo proxecto de traballo: ¿QUÉ TEMOS DENTRO DO CORPO?

Xa no Nadal unha nena de clase propuxo que podíamos investigar sobre o que tiñamos dentro do corpo.

A todos nos pareceu boa idea así que agora que rematamos co traballo do Salón do libro, esta semana comezamos o proxecto.

Coma sempre comezamos falando do QUÉ SABEMOS do tema, e á pregunta de ¿qué temos dentro do corpo? estas foron as respostas:

-O cerebro.

-Os osos.

-Sangre.

-Os bebés. As mulleres. Todas.

-Un corazón.

-As costelas.

-O esqueleto.

-A barriga.

-Os pulmóns. Están aquí, no nariz (todos están dacordo).

-Los pulmones, si fumamos nos ponemos malitos.

 

Á pregunta que sería a seguinte parte do proxecto,

¿QUÉ QUEREMOS SABER OU AVERIGUAR?

-Cosas del esqueleto, de los huesos.

-Da sangre, por donde vai.

-Ónde está o corazón. Para qué sirve (un neno contesta: pa que estemos todos vivos).

-Si lo azul de los brazos es sangre.

-Ónde están os pulmóns.

Probablemente a medida que vaiamos respondendo a estas dúbidas e atopando información, xurdirán outras cuestións ás que responder.

 

Cando falamos de ÓNDE PODEMOS BUSCAR A INFORMACIÓN para investigar e averiguar estas cousas:

-No ordenador, en informática.

-Fotos.

-Revistas.

-Na pantalla grande de informática.

-Nas casas.

 

Así que levamos unha nota para casa pedindo axuda para recopilar información no noso proxecto.

 E mentres tanto, comezamos por facer a silueta de cada un,

 

 Cando estean todas feitas, lle pegaremos  a fotocopia da nosa cara, a pintaremos e iremos pegando no noso corpo cada unha das súas partes das que antes falamos e ver ónde verdadeiramente están e cómo son.

 Xa vos contaremos cómo continúa.

 

 

(2010-2011) Facemos un libro para o Salón do libro Infantil e Xuvenil

Vos amosamos cómo quedou finalmente o libro que fixemos entre todos para presentar no Salón do libro.

Cada páxina onde está escrita a verdade ou mentira, ten dentro unha solapa que se tiras dela podes averiguar a resposta.

Para poder velo tendes que premer en ficheiros adxuntos.

 

(2010-2011) Preparamos o salón do libro

Este ano o tema do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, trata sobre a MENTIRA.

Antes de comezar a preparar o noso traballo, un libro relacionado co tema, xurdiron na clase diálogos sobre a mentira; pensamos en contos nos que os protagonistas minten ("Pinocho", "El traje del emperador", "Corre corre cabaciña", "Carapuchiña", "Os tres porquiños",..), diferenciando os por qués das mentiras: uns minten para salvarse e que non os atrapen, o lobo para poder comerse os porquiños ou a Carapuchiña, outros porque sí, para divertirse, outros porque teñen medo de dicir a verdade.....

 O punto de partido proposto polos organizadores era o conto "El traje nuevo del emperador"

e como participábamos máis clases do colexio, decidimos facer un traballo común, aportando cada curso unha tarefa diferente.

En primaria encargáronse de facer ao emperador, un boneco feito con escaiola, o corpo e a cara, a capa e os zapatos, e os nenos e nenas de infantil decoramos a coroa, os calzóns (con corazóns) e a banda onde puxera "emperador guapo".

un equipo encargouse de decorar a coroa,

outro, recortou os corazóns e decorou os calzóns con eles,

e outro encargouse da banda.

Xa estamos listos!

Agora hai que vestir ao emperador,

Así de chulo quedou o noso protagonista.

Na súa capa transparente (porque en realidae non existía), ten uns bolsillos onde van colocados os libros con distintas historias que cada clase fixo en común.

Na nosa clase a profe propúxonos facer un libro que contase verdades e mentiras sobre o noso pobo e a nosa escola, para que os nenos doutras escolas e pobos xogasen a adiviñar.

 

Para elo empezamos inventando mentiras disparatadas e divertidas sobre nós:

-"detrás de la mesa de la profe hay un lobo"

-"en el patio del cole hay un muñeco de nieve"

-"un mono se escondió en el cole de Campo Lameiro"

-"debaixo da miña almohada hai un tigre"

 

Despois pasamos a inventar mentiras sobre o noso pobo e o noso colexio, seleccionando as que máis nos gustaban, e pensamos en cousas características do pobo (o río, o parque, os petroglifos, o concello,....) e da escola para contar as verdades.

E nos puxemos mans á obra, escribindo e ilustrando cada mentira e verdade.

               

Só faltaba decidir o símbolo co que poderíamos mostrar aos demais se o que estaban lendo era mentira ou verdade. A un neno se lle ocurriu que poñendo o pulgar hacia arriba ou hacia abaixo e todos estivemos dacordo.

Só faltaba facerse unha foto cada un coa mentira que escribira, colocando o pulgar dun xeito ou do outro según fora unha mentira ou non.

E o resultado o podedes ver na seguinte páxina.

O pasamos moi ben facéndoo e mellor todavía léndoo logo entre todos. Esperamos que vos guste!

(2010-2011) O Nadal

Xa comezamos un ano novo e un mes novo e o Nadal quedou atrás pero vos queremos mostrar algunhas das actividades que fixemos nesas datas.

Como empezamos a preparar unha obriña que trataba de Papá Noel, para o festival de Nada, adicamos uns días a conversas e diálogos sobre Papá Noel, mirando fotografías e power points de ónde vive, dos duendes ou elfos que o axudan e de moitas cousas máis relacionadas con él e cos nenos.

E sobre todo a pensar, establecer hipóteses sobre algunhas preguntas que a profe nos ía facendo e a esclarecer algunhas dúbidas.

De paso tamén pintamos un gran Papá Noel onde pegamos na pegada da man de cada un, os regalos que lle íamos pedir.

           

Tamén fixemos unha árbore xigantesca e con relieve, xunto cos nenos da outra clase de infantil, á que lle metimos por dentro papeis de xornal para que estivese ben gordiña

e recortamos papel adhesivo verde para pegarlle por riba

e fumos traendo cada un un adorno da nosa casa para decoralo entre todos

 

e así de bonitiño quedou

Tamén fixemos árbores de Nadal pequeniños para levar cada un á súa casa. Tiñamos que recortar a cartulina para facer o cono, decorala con papeis de cores e formas distintas; cun cepillo de dentes e témpera branca lle facíamos a neve e finalmente recortamos unha espiral tamén con pintiñas de neve para poñer sobre a árbore.

 

          

 

Ademáis tamén decoramos bolas para colgar no corredoiro

E fixemos a nosa postal de Nadal para felicitar ás nosas familias.

                                

E por suposto, lle escribimos a nosa carta aos Reis Magos e Papá Noel, pegando nela os regalos que lles pedíamos

Pero ao que lle adicamos máis tempo foi aos ensaios para a obra do festival e a elaboración dos traxes.

Erabamos tres equipos, por un lado os duendes verdes, por outro os duendes expertos vermellos e por último os reporteiros.

Aquí estamos nun dos ensaios. Como algúns días faltaban nenos, outros compañeiros se animaban a representar o seu papel.

Os tres equipos nos puxemos mans a obra para a elaboración dos traxes.

Aquí estamos os duendes vermellos cortando os chalecos.

Aquí os reporteiros que tiñamos que facer as cámaras

e aquí os duendes verdes

Ademáis do vestiario, precisabamos preparar algo do escenario

A mesa de debate onde se sentaban os expertos, na FÁBRICA DE PAPÁ NOEL.

E por fin chegou o día do festival!

e o fixemos todos moi ben. Se queredes ver a actuación podedes achegarvos ao blog de Infantil 2.

Ó día seguinte do festival, finalizaban as clases e entre outras actividades fixemos unha pequena festa.

Uns días antes todos pensamos no que queríamos que houbese na festa. Os nenos de infantil 2 escribiron algunhas cousas nunha lista e nós a completamos, para que así os profes puidesen preparar todo ben.

 

 

e agora desfrutar!!

              

Como comezo das vacacións non estivo nada mal. E ademáis ese día nos levamos os traballos de todo o trimestre as nosas casas. Que ledicia!!

(2010-2011) Preparamos o noso traballo para o Salón do Libro 2011

Este ano o "Salóndo Libro" ten como tema "A mentira" e entre varios cursos do colexio fixemos o emperador do conto "Otraxe novo do Emperador", así foi o fixemos:

Para lembrarnos como era, e ensinarllo ós novos compañeiros/as da aula, recorrimos o colexio buscando os nosos "traballos" de cursos anteriores, estabamos buscando "os libros que fixeramos":

O do IGLÚ.

 

O do MAR.

E no andar superior, na biblioteca...

 

O edificio da CIDADE


E o noso libro de PEIXE.

 

 

Xa na aula, coñemos o conto co que iamos traballar xunto co resto dos compañeiros do colexio. "O novo traxe do emperador".

Lémolo, contámolo e ata o miramos nunha película de debuxos animados (que podes atopar aquí)

 

Fomos a ver como levaban o traballo os nosos compañeiros de primaria... aínda lle faltaba á cabeza do Emperador.

 

Como estivemos a xogar coas rimas, decidimos escribir unha versión do conto "rimado" (podes ver o conto xa rematado aquí)

 

Cada quen debuxou o que contaba a súa rima, que se correspondía cunha parte do conto, que por certo "reinventamos un pouquiño".

 

Logo chegou o momento de escribir o texto que se correspondía a cada debuxo.

 

Decidimos poñer cada un dos dous versos da rima dunha cor, verde e azul.

 

Tamén tivemos que facer a portada, onde tivemos qeu escribir o título.

 

E tamén escribir os nosos nomes, porque nos eramos os autores do conto.

 

Cando xa o tiñamos rematado, revisamos que todo estivese correcto.

 

Co noso libro xa feito, xuntámonos outro día cos compañeiros e compañeiras da aula do lado, para facer a nosa parte do Emperador: 

Un calzoncillo cheo de corazóns:

Unha coroa decorada.

 

E unha banda onde escribimos "EMPERADOR GUAPO".

 

Así quedaron unha vez rematados, pero antes de irllos poñer ó emperador xogamos un pouco a ser "emperadores" con eles.

Fómolos levar para que llos puxeran ó emperador.

 

E visitamos ó Emperador Xa rematado, ata ANXO era máis alto ca el. Estaba moi simpático cos calzóns de corazóns que lle fixeramos.

 

Así quedou todo "elegante" co seu traxe imaxinario o noso Emperador.

 

Nos petos da súa capa "transparente" puxemos os libros feitos polos cursos que participaron na súa elaboración (E.I.1 EI2, 4º, 5º e 6º, xunto cos compañeiros/as da E.E.I. Cerdeiras)

Podes ver onde está o noso libro?

 

Como xa vos comentamos, no calendario novo do 2011, tiñamos marcado o día 21, porque ese día ían levar o noso libro (xunto co emperador) e o do resto dos compañeiros/as a Pontevedra.

Cando chegou o día, preparamos o noso libro, puxémolo na capa do emperador e...

Todos xuntos fomos a despedilo.

 

Xa o veremos cando vaiamos a visitar a exposición e a participar nas actividades do Salón do Libro no mes de febreiro.  Xa vos contaremos todo o que pase cando vaiamos.

 

Se ides visitar o Salón do Libro, non esquezades ver o noso libro que está na capa do Emperador, a ver que vos parece.

 

Máis información sobre as actividades e exposición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra nesta ligazón:

www.salondolibro.org

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.