Blog de dinamización da lingua galega
SAN VALENTÍN
Hoxe 14 de febreiro é un día moi importante é o día de SAN VALENTÍN.
É un día no que ós nosos amores lles dicimos que os queremos, aínda que nos dea vergoña. Tamén é o día que lles decimos ás nosas amistades que as queremos e que estamos moi contentos de que sexan nosos amigos e amigas e poder compartir as nosas cousas con eles e elas.
No colexio puxemos un buzón cunha margarida na cal cada pétalo poñía :"QUÉROTE" .
Os nenos e nenas que quixeron poñerlle algo especial a unha amiga, un amigo, a un curmán, á súa irmá ou irmán, a un profe en fin , a quen quixera, colleron un pétalo e escribironlle cousas moi bonitas que fixeron que o día de hoxe fose o máis especial.
Houbo algún neno ou nena que non recibíu ningún pétalo pero están no pensamento dalgún neno ou nena polo que aínda que non haxa buzón, poden mardarlle unha carta a esa persoa especial e facer que calquera día sexa o día máis feliz da súa vida.
Valentín Paz Andrade
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.
Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez(Pontevedra) e morreu o 19 de abril de 1987.
Foi avogado, escritor e activista político.
Foi membro da Real Academia Galega.
Propóñoche unha adiviña:
Onde está ubicada esta estatua de Valentín Paz Andrade?
Seguro que pasache unha chea de veces por diante dela e nin te deches conta.
E aquí tendes un informativo feito nos estudios do CPI dos Dices de Rois.
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
O luns, 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ.
Xuntámonos todos e todas na aula de usos múltiples e alí os nenos e nenas de 6º coa axuda da mestra de inglés contáronnos unha historia sobre unha nena xaponesa. A historia titulábase:"Historia de Sadako Sasaki"
Uns lían a historia en inglés mentras outros e outras a traducían ó galego.Fixérono moi ben. Logo miramos a historia de Sadako Sasaki nunha película.
Para finalizar o acto e quedar cun bo sabor de boca, tódolos nenos e nenas do centro cantamos unha canción titulada:"Celebra la vida",cantada por Axel e Bustamante.
Foi un momento moi emotivo, cantamos a canción todos e todas xuntos entendendo cal é o significado da PAZ ou uns dos moitos significados que pode ter.
FESTIVAL DE NADAL 2011
Este ano no Nadal a verdade é que nos lucimos todos e todas, viñemos súper elegantes, a ocasión merecíao pois comemos os"gusanitos" de Fin de Ano, iso non sa fai tódolos fines de ano.
Tivemos ambiente festivo toda a mañá do 21 de decembro, os nervios do festival, os nervios das Campanadas de Fin de Ano, a elegancia,as notas..., houbo de todo.
Comecemos.
Os nenos e nenas de 3º foron os anfitrións e presentaron o programa do festival.Fixérono de marabilla, así foi que lles cantaron o de B, R, A, V, O : BRAVO!!!!!!!! pois estiveron de película.
Os nenos e nenas de infantil do cole, botáronnos uns bailes que nos fixeron cantar e bailar a nós tamén. Mirade que estilo!!!!! daquí sae algún artista, seguro.
Son os máis guapos do cole, con perdón para os outros e outras guapos e guapas...!
Como tódolos anos, os nenos e nenas do cole de Cerdeiras tamén nos traen algo para que vexamos a súas dotas artísticas .Este ano contáronnos un conto cunha mensaxe moi fermosa.
Os nenos e nenas de 1º cantaron e bailaron, deixáronnos coa boa aberta.!
Os de 2º bailaron e cantaron e tamén nos recitaron unha poesía entre toda a clase.Quedoulles moi bonita.
Os nenos deste cole saben facer de todo:Mirade que atentos estaban.
A clase de terceiro, ademais de facer a presentación tamén, cantaron e bailaron.
Vaia meneo se deron.!
Os de 4º bailaron e cantaron unha panxoliña que acompañaron con pandeiretas, foi moi emocionante.Mirádeos!
Os da clase de 5º tiveron moito traballo: cantaron en galego e en inglés e ademais, tamén bailaron.Son uns profesionais.
Os da clase de 6º cantaron unha canción moi simpática que prepararon con moito traballo.Dáselles ben facer calquera cousa.
As representantes do concello viñeron a entregar os premios ás postais de nadal que foron seleccionadas para facer a postal de felicitación de nadal do concello.
Xa vistes que había moito ambiente.Tódalas nenas e nenos estaban moi atentos para ver o que facían as outras clases.A verdade é que pasamos moi ben.
FELIZ ANO 2012!!!!!!!!!!
SAMAÍN
OLA NENOS E NENAS DO COLEXIO PEDRO ANTONIO CERVIÑO.
Entereime sen querer que este ano ides celebrar o SAMAÍN
Como a min me gusta a festa, tamén quero participar...
pero non sei qué teño que facer......
Mentras o penso vouvos contar un pouco a historia do SAMAÍN:
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros
Preguntarédesvos e quen son eu?
Pois teredes que agardar ó dia do Samaín que ó mellor aparezo ou ó mellor non!!!!!! Coma os pementos de Padrón que: "Uns pican e outros non".
Ola nenos e nenas.Polo que me enterei pasástelo moi ben no Samaín e de min nin vos lembrastes.Non vos preocupedes,a verdade é que non puiden ir, tiña outra cita noutro sitio pero o ano que ven vou seguro.
Como non fun á vosa festa, mandáronme unhas fotos as cales vos vou a comentar, porque eso seino facer moi ben.
O cole estaba TERRORÍFICOOOOO!!!!!!!!!!
Menos mal que non fun!!!!!
Houbo sustos para tódolos gustos...
aquí tendes unha mostra...
e aquí outra, a verdade é que metían medo
Na exposición de calacús houbo de todo.Aquí tendes unha escolma.Vese que as fixestes con moito asco, con moita gana de meter medo,todas estaban HORROROSAS
Como vedes houbo de todo.A verdade é difícil escoller cal é a máis fea de todas, todas o son...!
Tódolos cursos participastes e a verdade,desde onde eu estaba,víasevos moi ben,pois puxéronme diante de todo.
O comezo foi espectacular con esta bruxiña que nos meteu medo xa de entrada...
E logo tódalas bruxas, bruxos, esqueletes, e todo o que apareceu por alí que fixo o que puido.
Infantil que ían moi acorde coa celebración.
2º ciclo que ían de esqueletes....!!!!!
MIMÁ!!! aquí está opúblico de pé , que estaría pasando....a verdade, nin me lembro.
1º ciclo que cantaron unha canción .....de medo, claro!
2º ciclo cantaron e tocaron unha canción con bruxa e demo...
3º ciclo ía a cocer a uns cantos nenos e nenas pero non lles deu tempo, queda para o ano que vén...
Houbo agasallos para as cabazas que máis vos gustaron.Aquí está os gañadores e gañadoras.
Tamén houbo diplomas para a cabaza máis:
-elaborada
-"mellor pelaso"
-pavera
-orixinal
-traballadora
-"fashion"
- elaborada
- completa
E aquí rematou o Samaín por este ano.Agardo que o ano que ven o pasemos tan ben.
EU ESTABA ALÍ, ESTIVEN TODO O TEMPO.....E NIN VOS ENTERASTES. o ANO QUE VÉN POÑEREIME NOUTRO SITIO E A VER SE SABEDES ONDE....
Védesme, detrás das nenas que leron os contos de MEEDOOOOOO....!
HASTA O PRÓXIMO SAMAÍNNNN!!!!
Dispoñibles tódolos números da revista escolar "O Cervo", para visualización online do seu contido íntegro
Despois de varios meses de traballo, xa podes ler tódolos números publicados da revista escolar "O Cervo", en formato dixital cunha curiosa animación feita en flash.
Podes acceder á hemeroteca do "Cervo", no menú lateral dereito, ou ben premendo na seguinte ligazón.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=category/8/76
(2010-2011) Editamos o número 15 da revista escolar "O Cervo". Queres leela?
Un curso máis, o equipo para a dinamización da lingua galega editou, coa colaboración de tódolos alumnos e alumnas do centro, que aportaron os seus traballos; o número 15 da revista escolar "O Cervo".
Cada familia levou para a súas casas unha revista con DVD, que incluía diferentes celebracións levadas a cabo ó longo do curso .
Agora tamén podes ver o seu contido íntegro, así como o de números anteriores na versión "online" da nosa revista escolar.
Accede á versión online da revista escolar "O Cervo" premendo no seguinte botón.
Celebración da festa dos maios no colexio.
Este ano con motivo da celebración das Letras Galegas, fixéronse moitos traballos,uns referidos ó autor ó cal ían adicadas as Letras Galegas este ano:Lois Pereiro
uns traballos foros expostos e outros foron realizados na aula empregando diferentes materiais.
Desde fai uns anos, vense celebrando no colexio a festa dos MAIOS.O traballo facíano os nenos e nenas dos cursos máis altos;eles e elas preparaban o maio e tamén as coplas.Este ano como novidade, participou todo o cole:desde os máis pequenos ó máis grandes.
Primeiro reparteuse o traballo por ciclos, cada un trouxo o material que lle correspondía.
e logo por aulas, foise montando.
os pequenos fixeron cadeas de pampullos,
Os de terceiro fixeron as cadeas de laranxas:
e como vedes cada un foi facendo para engalanar o mellor posible o maio deste ano.
Todos e todas traballaron ben e con alegría
poñendo moita concentración
e finalmente aquí tendes o resultado da participación de todos e de todas
bueno,aquí os pequenos están a darlle os últimos retoques e agora siiiiii! agora ,aquí está o traballo rematado
bonito,non?. Aquí, en Campo Lameiro somos uns artistas.
Para o festival que fixemos as coplas do maio tamén por todo o colexio.Quedaron moi divertidas e as cantantes e os cantantes fixérono moi ben.
Ademais dos maios, no festival tivemos música:cantamos todos e todas a canción:Debaixo da figueira
e logo tivemos teatro representado polos nenos e nenas de 5º
e tocamos o Himno Galego.
Cantando os maios
Estructura métrica das coplas dos maios:
As coplas dos maios teñen a seguinte estructura métrica:
8A - 8B - 8A - 8B
Ou ben
8 - 8A - 8 - 8 A
En calquera caso o importante en que se trate de estrofas de catro versos octosílabos e que se axusten á melodía.
Exemplo de interpretación das coplas dos maios.
Para saber máis:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »