Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
Enlaces á aula virtual CFR materiais da docencia 1
Hola a todos/as:
Adxunto vos deixo un enlace que, envía a asesoría do CFR, con materiais da aula virtual vinculados coa 1ª das docencias que Rexina nos deu, o pasado martes 11 de novembro.
Estamos pendentes da organización de esta actividade sobre as tarefas e o currículo, e en canto teñamos aspectos concretados xa imos falando.
Ahí vai o enlace ( que tamén tedes no voso correo electrónico)
Rosana
http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.php?id=337
Primeira docencia do curso "O novo currículum de primaria"
- Data: 11 de novembro de 2014
- Lugar: C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño
- Hora: 16:30 a 19:30 h.
- Ponente: Rexina Ortigueira Lestón (Asesora do CFR de Pontevedra)
Descarga a presentación empregada na ponencia na aula virtual do CFR de Pontevedra, ou directamente nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/file.php/332/P...
Primeira docencia do seminario, o 22 de outubro na escola de idiomas de Pontevedra sobre traballo cooperativo
- 4 horas de docencia (teóricamente quedarían outras catro pendentes)
- Docente: Jose Ramón Lago (Universidade de Vic)
- Presentación do programa: "(Aprender a cooperar. Cooperar para aprender)"
- data: 22 de outubro
- horario: 16:30 a 20:30 horas.
- lugar: salón de actos da escola de idiomas de Pontevedra
SESIÓN 1: lembrando que son e por que dos proxectos de traballo
Presentamos a continuidade do P.F.P.P. para o curso 2014-2015
Esta proposta de continuidade foi aprobada e levarase a cabo no centro ó longo deste curso 2014-2015
Presentamos de seguido a proposta de continuidade do Plan de Formación Permanente do Profesorado, que foi presenado no C.F.R, para desenvolver no noso centro ó longo deste curso 2014-2015:
- itinerario 1: as tarefas na aula e os novos curriculums
- curso: os novos currículums (15 h.)
- seminario: as tarefas nas aulas (30 h.)
- itinerario 2: os proxectos de traballo nas aulas
- seminario: os proxectos de traballo (30 h.)
Descarga o esquema explicativo dos itinerarios e actividades proposas (pdf)
Nova esctructura na web:
Para adaptarnos a esta nova estructura, tamén se levou a cabo unha reorganización dos espazos web destinados a cada unha das actividades.
Por unha banda mantemos o apartado adicado o seminario de proxectos do curso pasado, para continuar co mesmo neste curso.
Reconvertimos o apartado adicado a COMBAS do curso pasado (mantendo a información que nel existía), no novo apartado adicado o itinerario sobre o currículum e as tarefas na aula.
Mantemos por último o espacio adicado ás Unidades Didácticas Integradas onde, ademáis de poder descargarse as plantillas en branco tanto de infantil como de primaria (deseñadas no P.F.P.P. o curso pasado), tamén se colgarán as U.D.I. elaboradas dentro do plan, como resultado final do traballo de ámbolos dous itinerarios.
U.D.I. PREHISTORIA: "Stonehenge" - Inglés
U.D.I. Prehistoria "A nosa prehistoria" (6º de primaria) - 3 U.D.I.s
De seguido podes descargar as 3 U.D.I. sobre o proxecto da Prehistoria no 6º curso de primaria. "A nosa prehistoria".
PORTFOLIO FINAL COMBAS A2
Hola a todos/as:
No seguinte arquivo adxunto atoparedes o portfolio de actividades do proxecto COMBAS A2 que se realizou no curso 2013-2014 no noso centro educativo.
O portfolio acompaña dúas das UDIS de exemplo, aínda que ten un enlace á páxina web do centro ó apartado de Unidades Didácticas Integradas que está no apartado de Formación do Profesorado.
A memoria final do PFPP, inclúe referencias tamén a este apartado de UDIS, e tamén a este portfolio como xa vos comentamos Óscar e máis eu.
Como coordinadora do grupo de traballo e do equipo de formación do colexio, manifesto a miña gratitude ós membros do grupo de traballo pola participación no mesmo así como a enhoraboa polo traballo de UDIS realizado.
UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA 5º CURSO E RELIXIÓN
A continuación, no documento adxunto atoparedes a UDI que realizamos en 5º curso e Relixión de forma integrada, para abordar contidos do proxecto de centro sobre a PREHISTORIA, centrándonos neste caso, na temática das armas e ferramentas de dito periodo histórico así como nos monumentos funerarios e manifestacións relixiosas que inda chegan ata os nosos días.
Aparece sinalada a estructura de tarefa, engarzando actividades e exercicios realizados co alumnado, de cara a acadar os obxectivos propostos para este curso, integrándoos na xornada de fin de curso de portas abertas sobre a prehistoria na que estamos a traballar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »