Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2019/2020) Día das Letras Galegas

Achégase o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS e non podemos deixar pasar a ocasión de celebralo a pesar da situación na que estamos!

Así que en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega imos compartir con vós unha serie de recursos que nos achegan ao homenaxeado deste ano: RICARDO CARBALLO CALERO.

Botadelle un ollo! Ides aprender moitas cousas deste interesante escritor...

E se queres que che conte a vida deste escritor, dalle ao play!

 

http://primaveradasletras.gal/

 


 

 

http://seminariogalan.org/

 


 

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

 


Podes descargar esta actividade en pdf no enlace que atoparás ao final desta páxina co nome: Fedella_carvalho.


PONTE A PROBA!

Despois de botarlle un ollo aos enlaces e ler información sobre Ricardo Carballo Calero, ponte a proba con este formulario de preguntas. A ver canto sabes sobre o homenaxeado das Letras Galegas deste ano...

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdQKZKVCfdErxzWw5c1r7txQguX3j5FY8lbFiF7Tskc1-O9EA/viewform?usp=sf_link

 

 

 

(2019/2020) SORPRESA polo Día do Libro!!!!

Aquí tendes a sorpresa que vos prometemos!!!

Esperamos que vos guste!!!

(2019/2020) Celebramos o Día do Libro!

Este fermoso díptico da Consellería editado para conmemorar o Dia Mundial do Libro, ten a sorte de contar este ano coas fermosas palabras de Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura galega.

Nesta ocasión a celebracion deste día vai a ser un pouco especial porque a situación tamén o é, non podemos celebralo todos xunt@s na biblioteca do cole. Así que preparamos para vos dúas cousiñas: unha proposta e unha sorpresa!

proposta é que vos convirtades en escritores e escritoras e inventedes un conto! Pero ides ter unha pequena axuda: un dado! Este dado conta en cada cara cun elemento. Podes descargalo (tes o enlace ao final) e imprimir o dado ou facelo nunha folla, que é moi sinxelo. Recortádeo, pegádeo e listo para lanzar.

Lanzádeo tres veces e así teredes en total 3 elementos para incluir no voso conto. Se non podes facelo, escolle 3 elementos do dado, os que ti queiras! 

Con eses 3 elementos do dado debes inventar unha historia.

O alumnado de infantil en lugar de escribir o conto, fará un debuxo da historia e contarao nunha gravación de audio.

Estades preparad@s? Adiante!!

Enviade os vosos contos ao mail da biblioteca: serafinbiblioteca@gmail.com

E a sorpresa como é sorpresa tendes que estar moi atentos e atentas ao blog da biblioteca!! Xa veredes o que preparamos!


OS VOSOS CONTOS...


Autor: Diego, 6º de Primaria


Autor: Xián, 5º de Primaria


Autor: Óliver, 1º de Primaria


Autor: Iván, 5º de Primaria


Autora: Sara, 6º de Primaria


Autor: Iker, 5º de Primaria



Autor: Joaquín, 5º de Primaria


Autora: Yaiza, 6º de Primaria


Autor: Hugo, 5º de Primaria


Autora: Úrsula, 2º de Primaria


(2019/2020) Semana do Libro: contos, música, manualidades, receitas e moito máis!

Como temos que seguir quedando na casiña ahí vos deixamos unha chea de recursos de páxinas webs... 

Como ler sempre é un bo plan e xa non temos máis libros na casa, aquí atoparedes libros, música, obras de teatro, manualidades, xogos, audiolibros, maxia, receitas...

E para continuar co noso proxecto ECO, BIO, SAN propoñemos receitas e hábitos saudables e ata un xogo con nutrientes! 


 Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego. Para todas as idades! Podes ler “Feliz Feroz, o lobiño riquiño”, “Fred Quincalla o nómade do mar”, “Vaia tropa” orixinal e divertido libro de poemas, e “Dragal IV. A estirpe do dragón”. Novas lecturas sen saír da casa!

https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/


 Neste blogue compártense libros e lecturas moi interesantes!! Visita moi recomendada!

http://redelectura.blogspot.com/


 Baía edicións está con nós na casa agasallándonos con varios libros que podemos ler en formato pdf. E para todas as idades! Dende os 4 anos ata maiores de 12. A desfrutar da lectura!

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


 En KalandraTV atoparás unha chea de contos contados!

http://www.kalandraka.tv/es/index.php


 Bruño abre a porta á lectura para que poidamos ler na casa e publica seis libros moooi chulos!! Botade un ollo porque paga a pena!

https://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164


 Para que non decaia o noso proxecto ECO, BIO, SAN nesta páxina atoparedes información nutricional, xogos, receitas fáciles e divertidas e con tarefas para que poidades axudar divididas por idades, actividades e moitas cousas máis! A cociñar!!

https://www.nutriplatonestle.es/


 

 E xa que este curso non puidemos visitar o Salón do Libro, pois temos un Salón virtual con: actividades, contos, vídeos, xogos, receitas, manualidades… A diversión esta asegurada!

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/


 E non podía faltar a música!! En Radio Picariña poderás escoitar unha morea de cancións, e as que ti escollas!!! Unha delicia para os oídos! Sube o volume e a desfrutar!!!

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina


 Nesta páxina atoparedes obras de teatro, maxia, manualidades, receitas, experimentos… Para os máis pequenos e tamén para as familias!  

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa


 Gústache a papiroflexia? Pois prepárate, porque nesta páxina o primeiro que farás será unha ra brincadora, pero este é o primeiro reto porque haberá máis…

https://www.gadis.es/noticia/papiroflexia-con-gadisencasa


 Nesta páxina de audiolibros poderás escoitar unha chea de títulos en varios idiomas! Pode ser unha boa forma de mellorar o teu inglés! Collede os vosos auriculares e dádelle ao play!

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21103929011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dbb_0-0

 


O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela proponnos uns obradoiros para o confinamento. O primeiro deles trata sobre os caracois! Moi interesante, botade un ollo!

http://www2.usc.es/museohn/today/Novidades-do-mhn/nova.html

(2019/2020) - Cóntame un conto!

Os mestres estivemos pensando como compartir os libros que temos nas nosas casas, tendo en conta que non podemos saír... E ocorréusenos que podiamos contarnos uns aos outros o noso conto favorito!! 

E como? Con audiocontos!!!

Isto é gravando un audio contando un conto, o útimo que che contaron, o que máis che gustou, o que liches estes días, o último que che regalaron... Así que poñédevos cómodas e cómodos, collede o libro, aclarade a voz e comezade a gravar! 

Canto teñas o teu audioconto listo, envía o audio a: serafinbiblioteca@gmail.com

Iremos colgando aquí todos os audiocontos, así poderemos descubrir un montón de libros novos e contados por todos nós!

O Delfín. Lara.

Un fogar para Estrela. Tiago.

A máscara do León. Zaira.

 

Érase que se era... Yolanda e Óliver

Onde viven os monstros. Óscar.

A araña que lles tiña medo ás arañas. Héctor e a súa nai.

 A illa do Tesouro. Capítulo 23. Joaquín.

A illa do Tesouro. Capítulo 24. Iker.

A illa do Tesouro. Capítulo 32. Alberto.

A planta Pauliño. Iván.

El mago de Oz. Capítulo 1. Hugo.

El ratón de los tebeos. Xosé Ramón.

La playa de Ostia. Xosé Ramón.

El joven cangrejo. Xosé Ramón.

La nariz que huye. Xosé Ramón.

Refranes antiguos. Xosé Ramón.

El pescador de Cefalú. Xosé Ramón.

El ratón que comía gatos. Xosé Ramón.

La palabra "llorar". Xosé Ramón.

Jaime de cristal. Xosé Ramón.

El hombre que robaba el Coliseo. Xosé Ramón.

Casas e inmuebles. Xosé Ramón.

( 2019-2020 ) Presentación de 1º e 2º: " As abellas "

Os alumnos/as de 1º e 2º convocáronnos ao resto do cole na biblioteca para ensinarnos todo o que traballaran, e todo o que sabían sobre as abellas...

E, descubrimos con asombro, que, ademais de facelo moi ben, sabían un montón de cousas que , seguramente os demais non tiñamos nin idea....

Ao final da exposición, a profe Yolanda reparteu pólen para os que quixeran probalo...e sí que había voluntarios, e moita curiosidade!!!!

Noraboa rapaces!!!!!

( 8-3 2020 ) Semana das Mulleres Traballadoras

Como xa sabedes, o día 8 de marzo celebrouse o Día Da Muller Traballadora. Para commemorar esta data, dende a Biblioteca Escolar organizouse unha semana ( finalmente, debido ao Coronavirus, solo puideron ser 4 días ) de lecturas compartidas co noso alumnado, de avoas,mamás,e algunha sorpresiña polo medio...

Graciasssss Rocío, mamá de Iker.

Graciassss  a Patricia, mamá de Claudia e Diego.

Graciassss a Pili, mamá de Tiago e Lara.

Graciassssss a Esther, avoa de Óliver.

E, para rematar, tamén tivemos contacontos en inglés, con dúas nativas americanas, primas de Tiago e de Lara...

Graciassss por participar na actividade e, por permitirnos atosigarvos con tantas preguntas pero...non todos os días se pode conversar con dúas mozas americanas e descubrir que nos entenden!!!!!

(2019-2020) Aprendendo a alimentarnos con Lidia Folgar

Enmarcado no proxecto da Biblioteca Escolar do centro:

" ECO,BIO,SAN ...Cada día nos alimentamos máis ", e dentro do espazo destinado á Escola de Familias, o pasado martes contamos coa presenza de Lidia Folgar no salón de actos...

 Dietista-nutricionista e membro da Academia Española de Nutrición e Dietética, ademais de ser autora de varios libros relacionados coa alimentación, nos relatou a importancia de alimentarse e comer de maneira sana.

Ademais de formarnos e informarnos das vantaxes e desvantaxes de alimentarnos dunha ou outra maneira, tamén houbo tempo para a reflexión... Tempoo para botar unha ollada as nosas neveiras e pensar que sobra e que fai falta nelas...

Foron moitas as preguntas que xurxiron e moitas tamén as que, por falta de tempo, quedaron sen expoñer. De todos os xeitos foi unha charla necesaria para aprender un pouquiño máis a facer mellor as cousas.

(2019-2020) O profesorado do colexio fórmase sobre a radio escolar e a súa finalidade didáctica.

O 4 de marzo os mestres a mestras do CEIP Pedro Antonio Cerviño participaron nunha formación, que tivo lugar no propio centro, sobre o "uso didáctico da radio escolar".

A sesión de traballo, enmarcada dentro do Seminario "E-Dixgal" do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro, contou coa presenza da meirande parte do profesorado; quenes asistiron á docencia  de Javier Prado Espiñeira.

Despois de descubrir como pode empregarse a radio escolar nas aulas, con finalidade didáctica, chegouo o momento de poñelo en práctica en primeira persoa.

Agradecemos a Javier Prado Espiñeira a fantástica sesión que nos propuxo, así como as experiencias tan enriquecedoras que nos relatou.

Agardamos poder poñer moi pronto en funcionamento a nosa propia radio escolar, dentro das actividades enmarcadas no PlanBE da Biblioteca Escolar.

2019-2020 Visita da O.N.C.E.

Como axudar a unha persoa invidente??????

E, que difícil resultou poñerse no lugar desa persoa

 

 

 

Continuando coa promoción da inclusión no noso centro, contamos con dúas integrantes da ONCE que nos ensinaron a " ver" doutra maneira...

Unha actividade moi interesante que a máis de un nos fixo reflexionar.

 

Moitas grazas!!!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.