Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2013-2014) Conto ortográfico : "Blancavaya"

Co obxectivo de:

-reforzar e facer conscientes ao alumnado da importancia que ten o escribir cunha boa ortografía

-mellorar a súa composición escrita

-traballar os contos clásicos

-e preparar algún tipo de texto para ser exposto na celebración do Día do Libro no noso centro

, andivemos a preparar os seguintes traballos na nosa aula:

-Cada un de nós trouxo da súa casa algún conto clásico que tivese, non puidendo estar repetido cos dos compañeiros.  Cos protagonistas destas historias preparamos un traballo de plástica: coa foto de cada un e coa técnica do collage, tiñamos que convertirnos no protagonista de cada historia.

Ademais tivemos que reescribir o conto tendo que incluir na historia todas as palabras "ortográficas" deixando ben claro o significado de cada unha delas.

Tamén fixemos unha adaptación de outro conto clásico, neste caso titulado Blancavaya.

Desta vez a historia acontecía na nosa escola e os protagonistas eramos nós, cada un co nome dunha das palabriñas traballadas.

Ademáis de preparar o texto e de facer rexistros de audio da súa lectura para unha posterior montaxe, en plástica preparamos as distintas escenas do conto:

Todos nós fómonos colocando e posandoen cada un dos lugares onde transcorría a nosa historia.

A todas esas fotografías , traballando co programa Gimp, insertámoslle "complementos" superpostos para así podernos "vestir" coma o personaxe que cada un representaba (coma se se tratase dun "collage informático")

 

A cada unha das fotos preparámoslle en parellas un marco e xa montado ...

O Día do Libro reunímonos todas as aulas na biblioteca para desfrutar dos traballos de cada unha, e alí proxectamos a nosa historia.

Se tamén queredes disfrutar dela aquí tedes un enlace á revista dixital do noso conto : Blancavaya

Comunicado de quinto

Ola a todos/as!!!!!!

Informámosvos que xa temos un blog na páxina web do cole, no que vos iremos contando e ensinando as cousiñas que facemos na aula...

Tamén queremos facervos chegar a nosa conta de correo, aproveitando que estamos inmersos nun proxecto prehistórico, e que , a aula de quinto está a traballar os utensilios e ferramentas que utilizaban para a realización das súas tarefas cotiás. Deste xeito, si tendes algunha información que nos queirades facer chegar, podedes remitila á seguinte dirección :

 

quintoaventurate@gmail.com

Moitas grazas!!!!!!!

 

 

 

 

O río Lérez

O río Lérez
Río da vertente atlántica que nace a 900 m. de altitude, na Serra do Candán, en Forcarei e desemboca na ría de Pontevedra.
Todo o seu traxecto, 62 quilómetros, discorre nesta provincia.
Os seus principais afluentes son: Castro, Salgueiro, Grande,Cabaleiros, Quireza e Almofrei.
Atravesa os municipios de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro e Pontevedra.
 Muíño de Aciveiro-Candán 
Ten numerosos atractivos turísticos, dende a paisaxe de montaña, onde nace, ao costeiro, na súa desembocadura.
Crúzano 40 pontes. Existe unha ruta de catorce pontes sobre o Lérez, dende Pedre a Aciveiro (Carballa, Maril, A do Crego...).
Nas súas marxes aprécianse restos arqueolóxicos en Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra, que reflicten antigas ocupacións humanas.
Conta con espazos naturais como "Xunqueira de Alba" (humedal natural), "Xunqueira de Lérez (onde esta a "Illa das Esculturas"), paseos fluviais...
Tamén zonas recreativas como a "Carballeira de San Xusto" e o "Lodeiro".
 Carballeira de San Xusto
Nas súas marxes atópanse de xeito habitual troitas e salmóns.
O campión do mundo de vídeo subacuático, Jorge Candán, descubriu sorpresas como lampreas, sollas, anguías e mexilóns de río, en perigo de extinción. Nas marxes tamén atopou raposos, tartarugas, víboras e aves como o martiño pescador, melro acuático, garzas...
A flora tamén é moi variada: loureiros, bidueiros, salgueiros, pinos, fentos, carballos, abeleiras, cortizas.. 
No río tamén se poden atopar algas, lentellas e espigas de auga.
  Ponte da Carballa en Dúas Igrexas
No río Lérez tamén se pode practicar piragüismo, rafting, pasear en bici ou camiñar polas súas innumerables rutas de sendeirismo.
Tamén disfrutar de praias fluviais coma as de Lodeiro e Redonde, en Campo Lameiro, ou a de Pontevedra, fronte a "Illa das Esculturas".
Os problemas máis importantes son a contaminación das augas e especies invasoras como o eucalipto e as mimosas.
Con todo, o río Lérez é un paraíso terrenal.
                                                   Daniel Campos Ferrín 

O noso concello: patrimonio natural

O alumno de Sexto Alex García Carramal fixo este traballo e, como lle. quedou tan ben, poñémolo aquí para disfrute de todos.
 
Datos xerais interesantes sobre Campo Lameiro.
 
Un plano de Campo Lameiro e os seus lindes.
Situación, relevo e climatoloxía.
O escudo do noso concello reflicte as paisaxes de montaña con magníficas perspectivas. Nel faise mención a capela de San Antonio de Penalba, onde tamén se atopa un castro.
Riquísima variedade de fauna e flora autóctonas.
Ecosistema de bosque, montes, vales, especies varias vexetais e animais...
Carballos, bidueiros, castiñeiros, freixos, toxeiras, xesteiras, mimosas,...Por iso hai unha parroquia que se chama Fragas. Aínda que tamén temos especies non autóctonas, como eucaliptos. 
Raposos, coellos, curuxas, toupas, ratos, corzos,...variedades de insectos...cabalos salvaxes... 
 
E tamén gando vacún e outros animais domésticos que axudan na economía familiar. Noutros tempos, en Campo Lameiro, había moitas vacas e vendíase o leite.Tamén houbo unha granxa de galiñas no lugar coñecido como A Betarra.
 
E así de bonito quedou este traballo de Álex.

(2013-2014) Participamos nun taller de contos na nosa visita ao Salón do Libro

Durante o pasado mes estivemos preparando o noso traballo para participar no XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ao igual que os máis pequenos do colexio. Podedes ver o noso proceso se clicades no seguinte enlace:

             COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro

Así foi como o pasado luns 24 de marzo tivemos o pracer de participar nas actividades para escolares que alí nos tiñan preparadas.

O alumnado de infantil disfrutaría dunha sesión de contacontos e a nosa aula participaría nun taller "Creando contos" con alumnado do colexio de San Martiño de Salcedo.

Mentras agardábamos para entrar pasou a visitarnos a mascota  do Salón: o lobo ORBIL,  que nesta ocasión tiña posto un mandil de cociñeiro.

Xa que chegamos de primeiros tivo tempo de saudarnos e fotografiarse con cada un de nós.

 Ás 10 da mañán , xa xunto cos nenos e nenas de sexto do colexio de San Martiño, a nosa guía levounos a unha das salas onde nos agardaba o escritor e debuxante Xavier Fariña.

Entre outras moitas cousas interesantes contounos que el xa levaba máis de 40 libros publicados, que lle encantaba viaxar e levar sempre consigo un caderno onde escribir e debuxar as cousas e ideas que se lle ían ocorrendo, que cando mellor creaba era mentras facía deporte,...

A sala estaba decorada cos personaxes protagonistas dos Megatoxos. Alí nos mostrou os pasos que el segue para crear as súas fantásticas historias.

E nós tamén probamos: deunos a cada un unha carpeta, folio e bolígrafo e seguimos as súas indicacións para ser creativos nas nosas historias e debuxos dos personaxes.

Foi moi interesante escoitar e traballar con este escritor.

Cando rematamos, unha guía do Salón foinos levando por cada unha das salas e explicando o que íamos atopando...

Nunha delas  metémonos debaixo da terra, onde estaban prantadas  cenorias, patacas,....  

  

Noutra contounos a historia de como se inventou o sándwich, historia que xa coñeciamos por unha lectura que fixeramos na aula. Alí, dramatizando, escenificaron algúns dos nenos dos dous colexios, e en inglés, o momento da súa invención. Desfrutaron un montón!

No seguinte espacio descubrimos para que eran "bos" algúns alimentos, seguindo os camiños dos laberintos polos que tiña que pasar o lobo Orbil.  

 Noutra das salas a guía falounos sobre a importancia das bibliotecas e as lecturas.

Descubrimos tamén algúns instrumentos feitos con material de refugallo por alumnado de outro centro, os cales ata puidemos facer soar! 

Dentro dunha enorme cociña debuxada nas paredes tivemos que ir localizando diferentes obxectos.

 

 Tamén visitamos o espazo adicado ao cómic no que nos falou da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustrción coa que contamos en Pontevedra.

 E outro no que estaban recollidos todos os debuxos gañadores para ilustrar o conto de Hansel e Gretel feitos por unha rapaza pontevedresa.

Logo visitamos a exposición de traballos de tódolos centros participantes.

 

E entre eles estaba a nosa cociña cos libros que creamos cada un dos tres cursos participantes.

Nós ensinámoslles aos nenos e nenas do colexio de Salcedo o noso traballo e logo eles contáronnos en que consistía o seu.

Xa pasaran case dúas horas de visita, co que despedímonos de Orbil e do Salón! 

Se queres ver o noso traballo, os dos demáis colexios e participar nas actividades que organiza o Salón do libro, lembra que podes visitalo en Pontevedra de forma totalmente gratuita, nos horarios e datas que poderás atopar na súa web oficial:  http://www.salondolibro.org 

(2013-2014) COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro

Co fin de participar na XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, estivemos a preparar un traballo na nosa aula, como xa vos comentaramos nesta entrada anterior:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1686

 O título deste ano é Cociñando contos e decidimos traballar os libros de recetas

(Se clicades no cartel do Salón accederedes a súa páxina web)

E como non hai libro no que a comida sexa mais protagonista que nos de recetas de cociña...,

 

decidímonos a facer un. Mais dun xeito especial, coma a ocasión se o merece.

Aquí podedes ver o resultado final:

(Se picades nesta foto accederedes a súa revista dixital, onde poderedes ver todo con máis detalle)

Cada un da clase fixo un boceto de portada. Entre todos eles fomos escollendo as partes que mais nos gustaran. Como "remix" de todas elas quedou este gran resultado final. 

 

Nas dúas primeiras páxinas Dani e Jose escribiron unha breve xustificación de por que fixeramos este traballo e o índice de todas as recetas de cociña xunto co cadro e pintor que serviu de inspiración en cada unha delas.

Xa nas demais páxinas cada un escribiu en oito pasos a explicación da preparación do plato e os ingredientes.

E á dereita de cada unha delas puxemos a foto do chef suxeitando o cadro cociñado. Xa que de arte se trataba, tamén ilustraron en oito viñetas cada un dos pasos que temos que seguir para cociñalo.

Non lles faltaron detalle!

Aquí tedes todas elas expostas no noso taboleiro 

 

Como despedida, na parte traseira, cada un de nós coloreou e recortou un monicreque de cociñeiro aos que lles puxemos as nosas caras.

Como soporte do noso traballo e mais o dos nenos e nenas de infantil preparamos entre todos unha cociña.

Os pequenos encargáronse do pintado e varnizado. Cando a tiveron lista alí fomos a recollela.

A nosa aula foi a encargada de colocarlle todos os detalles: reloxos, termostato, marca, fogóns,...

 

Ao final quedou así de chula!!!

A aula de Infantil 1 preparou un Caldo de adiviñas metido nesta relucente pota, e os de Infantil 2 fixeron unha apetitosa pizza cómic familiar aquí metida xa no forno. Podedes ver os seus traballos nos seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1700

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1714

 

(2013-2014) Festexando:Entroido, Paz, San Valentín...

Ademais de traballar e traballar

tamén temos tempo para festexar:

Día da Paz, Día de San Valentín,

 Dia de Rosalía, Entroido...

Imos mirar cara atrás...

- O último día de Xaneiro celebramos no centro o Día da Paz.

Para elo participamos xunto cos demais nenos e nenas do colexio na preparación dun bonito mural, no video sobre as apertas que acompañaría á canción dese día e desfrutamos da representación do alumnado de primeiro.

 

Ademais  tamén preparamos na aula uns traballos murais sobre o tema que expusemos no corredor.

- Xa a mediados de mes chegou o Día dos Namorados, este curso sobre o tema da prehistoria.

Ademais de mandarnos notiñas de todas as cores, traballamos unha noticia que trouxo Jose sobre uns pingüinos. Eles si que protagonizan unha boa historia de amor.

- Tamén o pasado xoves participamos nun acto na biblioteca sobre Rosalía de Castro. Todos os cursos preparamos un poema dela que recitamos, cantamos,...

- E , como peche de mes, o ENTROIDO

Xa dende o luns comezaron os disfraces. O MECO, vestido de troglodita, foi mandando cada día o que tiñamos que traer. Que se de praia, gorros, co que quixeramos,cos pixamas...

 

ata chegar o venres, cando todos tiñamos que disfrazarnos de trogloditas.

Tamén , para esta ocasión, tiñamos gardada unha noticia que días atrás trouxera Dani á clase. Aínda non a leramos pero sabiamos que con ela fariamos algo importante.

 

E así foi... "Braña 1", que así se chama o protagonista da noticia, serviríanos de inspiración para prepararnos para o día do entroido.

Na clase de plástica decidimos preparar cada un o seu disfraz: traxe e peluca.

  

Para saber mais ou menos como tiña que ser Antía ensinounos un libriño e fotos que fixera no Parque Arqueolóxico.

 

Xa ía tendo "boa pinta"

Cada un tamén preparou a súa "tarxeta identificativa" co seu nome: Braña 2, Braña 3, Braña 4...

 Tamén miramos como tiñamos que maquillarnos ( seica Braña era moi moreno e cos ollos azuis) Os complementos traeríanos cada un da súa casa.

E así foi como participamos no desfile e xantar dos postres típicos desta festa.

E aquí vos deixamos ata o Entroido que ven. 

 Debeu de ser de tanta choiva que a unha das parellas da nosa tribu aclaróuselles o pelo!

(2013-2014) Preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro

Un curso máis na nosa aula imos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Para elo temos que preparar un traballo sobre o tema deste ano que desta vez é...

Apetitossssso!

Desta vez decidimos traballar "as recetas", mais dun xeito un pouco especial, coma a ocasión o merece!

Cociñaremos cadros de pintores famosos, en concreto bodegóns.

Xa que pouco, ou máis ben nada, sabiamos sobre o tema, comezamos preguntándonos o que sabiamos sobre o que era "bodegón". Veredes o que saiu ...

Despois dunhas pequenas pistas para centralos un pouco no tema, decidiron que querían atoparlle resposta ás seguintes preguntas...

Repartímonos o traballo e... mans á obra. Gracias ao diccionario, algunhas fotocopias con información sobre o tema, fotos que algún trouxo de cadros da súa casa, traballos de plástica feitos en cursos anteriores e , sobre todo, aos ultraportátiles, deseguida comezaron a aparecer as primeiras respostas.

 

Íamolas anotando en papeis de cores co número da pregunta respostada e pinchándoos no taboleiro.

Para que así os demais compañeiros os puidesen ir anotando no seu dossier onde recollemos cada un de nós toda a información que imos traballando sobre o tema.

Xa ben sabido o que era un bodegón, a mestra repartiunos a cada un cadros nos que pintores famosos pintaran alimentos. (Goya, Velázquez, Frida, Andy, Clara Peters, Botero, "Mercedes Ricoy", ...)

 

Con eles, e axudados polos cociñeiros e cociñeiras das casas, libros de receitas e un pouco de imaxinación...comezaron a sair as primeiras e saborosas recetas!

Xa correxidas pasámolas a limpo na plantilla coa que formaremos o noso recetario de arte.

Cada unha delas vai acompañada da ilustración dos oito pasos a seguir no seu proceso de cociñado. Posto que ademáis de bos cociñeiros tamén somos bos artistas!

Nos próximos días amosaremos o resultado final do recetario! Polo momento temos posto algunhas das páxinas no taboleiro do noso corredor.

Ademais deste traballo para o Salón do Libro, aproveitamos o tema para traballar outros contidos coma:

-os textos en estilo indirecto: conversando cada un de nós co artista que pintara o seu bodegón.

-a acentuación en interrogativos, ao plantexarnos as cuestións que queriamos resolver.

-a descripción de persoas: neste caso dos nosos pintores e pintoras.

-o debuxo do noso propio bodegón con material escolar.

-a comprensión de textos: dunha lectura sobre un dos artistas traballados, Botero;

-e dunha noticia de prensa sobre o gran cociñeiro español Ferrán Adriá sobre a súa exposición de pinturas dos seus platos de cociña no Drawing Center da Gran Mazá de New York

-a búsqueda de información: cada un tendo que atopar resposta a catro preguntas sobre o seu pintor, coas que cubren unha tabla coa información de todos eles.

-  situar nun planisferio a cada un dos pintores e pintoras

-...

Nin nos imaxináramos que un bodegón puidese dar tanto de si!

 

(2013-2014) Polo Nadal no sexto curso...

Durante o mes de Decembro, na aula de 6º, andivemos a preparar cos nosos mestres algúns traballos, manualidades, bailes, ... para poder celebrar unha das nosas festas preferidas: O NADAL

Así...

- axudamos a decorar a entrada do noso colexio : aportando cada un de nós un cd decorado para formar, xunto con todos os demais dos outros cursos unha gran árbore de nadal. Ao final quedou así de bonita...

-Preparamos tamén na aula a decoración da nosa Porta de Nadal, como cada clase do colexio, tendo que empregar nela material de refugallo. Despois de preparar en parellas varios bocetos de como pensabamos que quedaría mellor eleximos o de María e Daniel Camiña. Ademais dunha árbore decorada con bolas con cartóns de leite ou o felpudo de entrada,...

 

 ...incluimos nela fotos de algúns de nós que nos trouxeran bos recordos; así, como exemplo, Antía trouxo unha co seu irmán pequeno no colo e outra vestida de Virxe María no Belén vivinte, Jose un día na neve ou Dani cunha foca no circo)

Podedes disfrutar de todas as do colexio no seguinte enlace: Portas de Nadal

- Cada un de nós na clase de plástica, fixemos un adorno navideño para pendurar no pomo da porta dos nosos cuartos. 

- E tamén reciclando varios envases de iogur e botellas nos que pegamos papeis de cores decoramos unha das árbores da entrada do centro.  Durante este día tivemos a visita e gran axuda de Manoli  (mestra en prácticas que estivera con nós durante o pasado curso)

 

Ao igual que coa mestra de Relixión os aproveitamos para preparar as figuras do Belén.  (Imaxes que saen no enlace anterior das Portas de Nadal)

- E xa para o último día preparamos varias actuacións musicais para o Festival de Nadal:  

. Entre elas fumos os encargados de facer as presentacións das distintas actuacións, todo elo montado coma se fóxemos presentadores dun telexornal.

   

dúas actuacións coa mestra de música cos compañeiros de ciclo  

e o baile da canción "Kiss you" do grupo "One direction".

   

Aquí podedes ver aos catro protagonistas en plena actuación!

(Podedes ver o resumo de todo o festexo no xeguinte enlace...Festival de Nadal) 

- Tamén para este último día andivemos preparando cada un de nós o seu agasallo para o seu amigo invisible.

Primeiro fixemos unha pequena merenda navideña na aula coas cousas que trouxeramos da casa e logo fixemos as entregas. Foi moi emocionante! 

Tiña que ser algo preparado por eles, a poder ser sen gastar nadiña. Desta vez si que fumos quen de gardar ben o segredo de quen lle tocara a cada un! 

Aínda que a algún de nós o "amigo invisible" lle tiña aínda máis sorpresas que entregar polo Nadal. Menuda sorte Alex! Felicidades familia!

Xa para o próximo Nadal só participaremos neste festexo como público.  

Que duro ás veces é ter que medrar!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.