Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
Taboas para os estándares prioritarios
Podes acceder ás táboas para a plasmación dos estándares prioritarios na seguinte ligazón de google drive.
Dispoñible a documentación das probas de terceiro curso de primaria do INEE
Ademáis de exemplos de probas tamén sen inclúen documentos co marco xeral, sobre o que se avaliará en ditas probas.
Toda a información está dispoñible no apartado DOCUMENTOS do seminario de tarefas e currículum, ó que tamén podedes acceder directamente desde aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1696
De entre toda a documentación que se pode atopar alí, empregaremos o documento marco, como punto de referencia para elaborar a nosa priorización e secuenciación de estándares.
Publicado o concurso (entre o alumnado) para facer o deseño do muro da entrada
Podes acceder á convocatoria do concurso nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2006
Dispoñibles croquis da fachada do colexio en branco
No apartado "proxecto do seminario" podes atopar dous pdf con varios croquis coa fachada do colexio, coa zona na que facer o mural.
A idea é que as poidades empregar, se vos interesa, para debuxar a vosa visión do mural.
Podes acceder desde o apartado "proxecto do seminario" > "investigando sobre arte" ou ben directamente nesta ligazón.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1633
Dispoñibles novos modelos de UDI simplificados
Podes atopar no apartado de UDIS dous novos modelos para infantil e primaria, de Unidades Didácticas Integradas, moito máis simplificado, segundo as indicacións feitas na docencia sobre currículum dentro do PFPP.
Seguén manténdose tamén os modelos antigos por se alguén prefire empregalos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1789
Docencia sobre Avaliación no novo currículum o vindeiro martes 27 de xaneiro
Enviouse por e-mail ós participantes, os borradores de UDI elaborados para o proxecto sobre a artes, que me fixéstedes chegar para enviarllos á asesora do CFR e poñente do curso.
Unha vez postas en común as UDI estás serán publicadas no apartado correspondente da web.
Dispoñible calendario actualizado do seminario
Podedes atopar no apartado, calendario, as datas actualizadas. Queda pendente por fixar a data dunha das docencias.
Lembrade que o vindeiro 24 de febreiro terá lugar a docencia cargo de Begoña Paz, sobre aspectos técnicos e artísticos para o pintado do muro.
Planificación por UDIs do curso 2014-2015 en Educación Infantil
Podes descargar as UDI planificadas para este curso en Educación Infantil na seguinte ligazón.
Descarga ás programacións e UDIs na carpeta compartida en google drive desde aquí.
(Lembra descargalas en lugar de visualizalas directamente xa que se moverán as táboas)
Dispoñible no apartado proxectos do seminario a estructura do noso proxecto
No apartado PROXECTOS DO SEMINARIO, no menú superior atoparedes a estructura do traballo que acordamos para levar a cabo este traballo.
Os aspectos que faltan por concretar dependen da información que me vaíades pasando.
Creando unha UDI sobre o Salón do libro
- Lembrando proxectos de traballo (descarga en pdf)
- Proposta de guía rápida para elaborar UDIs (descarga en pdf)
- Exemplo de UDI cun proxecto de traballo. "facemos unha película como as de Chaplin". (descargar en pdf)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »