Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2020-2021) Celebramos un Entroido... de conto. Xa podes ver o vídeo do noso desfile.

Este curso, por mor da COVID-19, non foi posible celebrar o Entroido co habitual percorrido polas rúas do concello. Así pois, tivemos que celebralo no centro sen a presencia das familias. 

Nesta ocasión cada un dos grupos foi disfrazado dun conto, que previamente traballaron nas aulas:

Educación Infantil: "Capitán Verdemán"

  

1º e 2º de primaria: "O Frautista de Hamelín"

 

 

3º e 4º de primaria: "Alicia no país das marabillas".

 

5º e 6º de primaria: "Peter Pan"

Podes atopar fotografías do desfile e celebración na seguinte galería fotográfiia.

(2020-2021) GALERÍA FOTOGRÁFICA: Celebramos o Entroido

 

Como non puidéstedes ver o ben que o pasamos, e o guapos e guapas que estabamos, aquí tedes un vídeo do desfile.

(2020-2021) Celebramos o Día da Paz, creando unha árbore de desexos e un baile. Queres velo?

Para celebrar o Día da Paz, o luns 1 de febreiro, participamos na elaboración dunha "árbore con raíces e froitas da Paz". 

Pero antes de baixar ó pavillón para "crear a árbore", visionamos nas clases os vídeos que crearon os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, das súas viaxes polo mundo.

Podes ver estes vídeos na seguinte ligazón:

(2020-2021) Viaxamos polo mundo, co noso pasaporte, creando vídeos polo Día da Paz. Queres velos?

 

Xa no pavillón, cada un de nós foi completando a árbore coas froitas da "Paz",  que contiñan unha palabra, que cada quen escolleu para escribir nelas.

  

 

Os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º foron os encargados de escribir as palabras nas raices. 

 

Os outros cursos, continuaron enchendo a árbore cos seus "froitos da paz".

  

Así de fantástica quedou a árbore unha vez rematada.

  

Rematada a árbore, chegou o momento de bailar a canción "El mismo sol", que preparara o profe Jose Luis en música.

 

Queres vernos bailar, así de ben o fixemos.

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

Nas primeiras semanas de xaneiro, á volta do Nadal, continuamos a coidar as nosas leitugas no invernadoiro. 

 

Podes atopar máis información na seguinte ligazón:

14/12/20: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO-BIO-SAN: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

   

Pero ademais, ó igual que os restantes compañeiros e compañeiras do colexio que participan nesta proposta de Biblioteca Escolar: "ECO-BIO-SAN 2.0"; tamén investigamos sobre as leitugas para descubrir datos moi interesantes.

 

   

Cos datos máis relevantes que descubrimos, e fomos anotando nunha lista, creamos as diferentes páxinas do noso libro.

    

Así quedou o libro de infantil unha vez rematado.

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo completo.

   

Varios días á semana imos a regar as nosas leitugas ó invernadoiro, e anotamos no "caderno de campo" como van cambiando a medida que pasa o tempo.

 

 

Ademáis tamán continuamos a usar o composteiro, para conseguir o "compost" que empregaremos en vindeiras plantacións.

 

  

Podes ver o noso caderno de campo de seguido.  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.



(2020/2021) Recomendacións lectoras e xogos para Nadal

Porque sempre é bo momento para ler!

Pero o Nadal tamén é un bo momento para pedir algún que outro libriño ou xogo de mesa para compartir coa nosa familia!

Aquí van as nosas recomendacións para este Nadal.



Desexámosvos un ano 2021 cheíño de boas lecturas e de moito xogo en familia!!

(2020/2021) Eco, Bio, San 2.0. Plantando no invernadoiro

Co noso proxecto Eco, Bio, San puxemos en marcha o noso invernadoiro, que moitas ganas tiñamos nós de comezar a plantar!! 

Así que puxémonos mans á obra... mellor dito, mans á terra!!

Unha vez tivemos montados os nosos bancais, chegou o momento de botarlles terra e compost...

Cos bancais preparados, só faltaba...

Empezar a plantar!! 

Plantamos distintas variedades de leituga, brécol, distintas variedades de repolo, chícharos e coliflor

Así de feitiña quedou a nosa plantación!

Agora toca coidala e regala.

E esperar a ver como crecen para facer a colleita!

(2020/2021) Novidades!

             N     O     V     I     D     A     D     E     S

Este curso 2020/2021 está cheo de novidades! 

Comezando polas visitas á nosa tan querida biblioteca! Tivemos que organizarnos e fixemos un horario para non xuntarnos e cada día está reservado para unha clase. E como vedes, moitas novidades en libros nos agardan.

Ademais para as familias lectoras imos ter un servizo de préstamo a partir do mes de xaneiro, para que poidan seguir disfrutando dos libros que tiñamos na sección de familias na entrada do cole. E tamén nese mesmo mes arrancarán as nosas mochilas viaxeiras rumbo a todos os fogares! Desfrutádeas!!

E lembrade que este curso repetimos proxecto, xa que o ano pasado quedamos a medias, así que... "Eco, Bio, San 2.0" xa está en marcha!

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

Dentro do proxecto de centro "Eco-Bio-San 2.0" desde curso,  todos os compañeiros e compañeiras do colexio, imos plantar e coidar diferentes plantas no noso invernadoiro.

No caso dos de infantil, teremos que plantar e coidar, ó longo das vindeiras semanas, tres tipos diferentes de leitugas.

 

O primeiro foi visitar o invernadoiro para ver onde teríamos que plantalas, como se chamaba cada elemento, etc.

 

Con isto claro, observamos e falamos sobre os tres tipos de leitugas que teríamos que plantar, que eran aínda moi pequeniñas.

 

Para saber como plantalas e, por suposto, para saber como coidalas despois, investigamos e descubrimos, a través de diferentes vídeos, todo o que precisábamos saber. Podes atopar estes vídeos no recanto de infantil, no apartado vídeos.

 

Preparamos o cartel da nosa planta, escribindo o nome "LEITUGA", a data e curso se encargaba de facelo. Colgaríamos este cartel enriba do noso bancal, no invernadorio.

  

Recollimos algo de compost do noso "composteiro" para que servira de abono, e ata atopamos algún verme facendo o seu traballo (que por suposto metimos de novo no composteiro)

 

Con todo preparado, marchamos cara o invernadoiro para poñernos "mans á obra".

  

Unha vez alí fomos plantando cada tipo de leituga, entre todos e todas, seguindo os consellos que miráramos no vídeo.

 

Ata que quedaron todas listas. Regámolas por primeira vez e tan só queda agardar a que vaian medrando.

  

Como podedes ver os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, xa foron plantando tamén o que lles correspondía.

  

Ó longo da semana temos un horario, con difrentes días, nos que iremos a regalas, entre as dúas aulas de infantil. 

 

Xa vos iremos contando en vindeiras semanas como van medrando as nosas leitugas no invernadorio, e como ímos completando o "caderno de campo", para facer un seguimento do crecemento.

(2020-2021) Pintamos un mural para celebrar o "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"

O día 25 de novembro de 2020, celebramos o "día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", para o que, durante as xornadas anteriores, pintamos entre todos e todas un mural conmemorativo.

O deseño do mural foi obra do noso compañeiro Héctor, quen tamén recibiu a súa merecida homenaxe e, por suposto, un agasallo de agradecemento.

O ilustrador Mac Taeger axudounos a crear a mural durante estas xornadas de traballo. Moitas grazas pola súa colaboración.

Podes ver a continuación, no seguinte vídeo, o proceso íntegro de creación do mural.

Velaquí algunhas imaxes do proceso de creación. 

 

Tamen podes atopar tódalas fotografías deste traballo na seguinte galería fotográfica:

GALERÍA FOTOGRÁFICA:  (2020-2021) Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

   

 

(2019/2020) Lecturas para o verán!

Como temos o verán á volta da esquina, non podían faltar as nosas recomendacións lectoras para pasar unhas vacacións do máis divertido!! 

E como este ano non as podemos repartir coma sempre, deixámolas por aquí para que collades ideas para ler no verán. E tamén podedes descargalas en PDF!

Esperamos que vos gusten!!

Que teñades un bo verán lectores e lectoras!!!!!






(2019/2020) E ti que estás lendo?

Xa que estamos no Mes das Letras e a punto de celebrar o Día das Letras Galegas, temos unha proposta para vós!

O porcoespín Serafín, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queren vervos ler en galego. E para iso convídavos a que nos enviedes unha fotografía lendo un libro en galego. 

Ah! E por suposto estades todos convidados a participar: alumnado, familias, profes...

Pasos a seguir:

1. Busca o teu lugar favorito para ler.

2. Colle un libro en galego e ponte a ler (ou fai que les)

3. Pídelle a alguén que che faga unha foto ou faite un selfie

4. Sonríe... clink! 

5. Envía a foto a: serafinbiblioteca@gmail.com

Publicaremos as fotografías que nos enviedes neste blog.

Anímate e participa!!! 


Zaira está lendo... "Os fillos do lume", de Pedro Feijoo.


Sara está lendo... "Nace un campión", de Ursula Heinze.


Óscar está lendo... "O xogo de Ender", de Orson Scott Card.


Oliver está lendo... "Amora", de Anxos Garabana.

Yolanda está lendo... "Da tua ausencia", de Xosé Carlos Caneiro.

E xuntos len... "Tomás o bromista", de Jorge Rico Ródenas.


Ana está lendo... "Ollos de auga", de Domingo Villar.


Uxía está lendo... "Kika Superbruxa e o feitizo do Nadal", de Knister

A Anxo encántalle... o "Diccionario Visual galego inglés".


Aroa está lendo... "Xa vouuuuu", de Susana Peix e Romina Martí.

Cristina está lendo... "Un animal chamado néboa", de Ledicia Costas.

E Manuel está lendo... "Caderno de lúas", de María Canosa e Dani Padrón e "Erik o constructor de soños", de Kike Gomez e Dani Padrón.


Héctor está lendo... "Naturizo, Unha casa para o inverno", de Alba De Evan e Javier Domínguez.


Yaiza está lendo... "A volta ao mundo en 80 días", de Jules Verne.


Lara está lendo... "O delfín", de Montse Ganges.

Tiago está lendo... "Un fogar para Estrela", de Ánxeles Ferrer.


Bernarda está lendo... "O Principiño", de Antoine de Saint-Exupéry.


Mariña está lendo... O libro de lecturas da súa aula.


Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.