Blog de dinamización da lingua galega
MAGOSTOSAMAÍN
MAGOSTOSAMAÍN
XA SE ACERCA O DÍA QUE TODOS E TODAS ESTABADES AGARDANDO, EU TAMÉN, XA VOU TENDO FAME...
Este ano parece que hai unha momia solta
pero que ten moita marcha.
No colexio parece que se están a escoitar ruidos raros cando lle dades á cisterna e tamén se ven cousas pegadas polas paredes dos corredores....
LETRAS GALEGAS 2013
O venres 16 de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Este ano é adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Durante toda esa semana fixemos traballos relacionados co autor: murais, investigamos na web, etc.
Tamén fixemos o maio entre tódolos nenos e nenas do centro; desde infantil ata 6º. distribuímos o traballo e o resultado foi este:
O venres fixemos un pequeno festival no que tódolos nenos e nenas participaron.
Os nenos e nenas de 6º prepararon un power point con catro autores e autoras destacados que foron:
.Rosalía de Castro
.Castelao
.Cunqueiro
.Roberto Vidal Bolaño
Os Nenos e nenas de E.I. fixeron baile que se chama " O bolero" e os nenos e nenas de 2º ciclo cantáronlles.
Os nenos e nenas de 1º ciclo bailaron "O galandún"
Todo o centro cantou Os maios.
E os nenos e nenas de 3º ciclo tocaron o Himno Galego
Xa podes descargar a plantilla para revista escolar "O Cervo"
Lembra que podes descargala desde o apartado Normalización -> O Cervo
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=category/8/76
SAN VALENTÍN
O día de San Valentín foi o 14 de febreiro pero aquí no noso colexio ímolo a celebrar hoxe 18 de febreiro.
Puxemos un buzón no que tódolos nenos e nenas que quixeron dicirlle algo a un amigo, amiga, namorado, namorada, puideron facelo empregando as cores que xa todos e todas saben a qué corresponden:
vermello: mensaxe de amor
amarelo: mensaxe de amizade
branco: mensaxe de paz.
FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O Entroido deste ano foi unha entroidada.
Houbo disfraces para tódolos gustos; con caroutas, sen caroutas, con perrucas, sen perrucas, con saias, con barrigas, con sombreiros, con pantalóns hasta os pés, con mono, con varas, con puros, moi feos, bastante guapos.....esto recórdame a un anuncio que había na tele que era para os baixos, para os altos.........
Como son moitas fotos, o mellor é que vaiades á galería e alí están todas, así non nos esquecemos de ninguén.
O ano que vén veremos qué nos trae o entroido, que nos traia alegría e ganas de festa.
O MECO MANDA...
ENTROIDO
Todos e todas a poñer as mellores galas máis estrafalarias .
Este ano xa temos O MECO preparado para darnos as ordes que temos que cumprir se queremos ser entroidos de categoría.
Mañá,venres é o noso día de ENTROIDO.Xa sabedes que tendes que vir todos e todas de CHOQUEIROS e con moitas ganas de festa.
O xoves, os compañeiros e compañerias de 3º ciclo decidiron que traiamos a cara pintada e tamén un disfraz posto.
O mércores,os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º decidiron que traiamos algo ó pescozo para lucir ben.
O Martes, os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º decidiron que veñamos todos cunha gorra na cabeza.
Xa sabedes que a partir de hoxe venres comezan as ordes do meco de obrigado cumprimento se queremos entrar o luns no cole.
A primeira é moi doada, escollida polos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil:
O LUNS TEMOS QUE VIR Ó COLE TODOS E TODAS VESTIDOS DE AZUL.
CANCIÓN -KARAOKE:"EU NON PEGO"
KARAOKE:
O 30 de xaneiro celebramos no centro o día da PAZ.
Durante a semana realizáronse actividades.
Fixemos un mural que se titula:A resposta está no vento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »