Taboleiro de anuncios, Avisos
Luns 7 de setembro (11:000 horas) reunión informativa cos pais/nais de Educación Infantil
Publicada a covocatoria para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto.
Podes atopar toda a información que precises (procedemento de solicitude, prazos...) no apartado creado a tal efecto na web.
Seguindo instruccións da Delegación, no mes de xuño os alumnos/as sairán ás 13:40 horas
Por orde da Delegación de Educación de Pontevedra, e debido a necesidades de coordinación do transporte escolar, durante o mes de xuño do curso 2008-2009, os alumnos/as sairán as 13:40 horas.
O Centro informa que o resto do profesorado permancerá no centro ata as 14:00 horas, segundo o horario habitual.
Certame Asociación Xuvenil "O Costado" de Couso
A data límite para presentar os traballos de narrativa, poesía e debuxo é o venres, 8 de maio.
Admisión de alumnos/as para o curso 2009-2010
Unha vez finalizado o prazo para a solicitude de admisión (matrícula) para o vindeiro curso 2009-2010, téndose recibido menos solicitudes que vacantes dispoñibles, a secretaría do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño, comunica que todas as solicitudes presentadas foron admitidas, polo que os solicitantes serán matriculados no centro para o vindeiro curso nos plazos establecidos.
Para calqueira dúbida ou solicitudes de admisión fora de prazo, comuniquen coa secretaría do centro.
Secretaría do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño
Actividades na Biblioteca Municipal "Irmáns Ricoi"
A Biblioteca Municipal "Irmáns Ricoi" realiza un proxecto destinado a tódolos habitantes do concello, dende os nenos da Galescola ata as persoas da terceira idade. O CEIP "Pedro Antonio Cerviño" colaboramos e participamos nas actividades seguintes:
14 de abril: Con motivo do Mes do Libro sesión de "Contacontos de libros contentos" a cargo de Títeres Cachirulo.
II Concurso de Poesía: Conmemorando o Día Internacional da Poesía, os alumnos de Primaria do colexio participan nun certame de poesía, con temática libre e data de entrega límite o 27 de marzo. Hai lotes de libros para os premiados dos tres ciclos.¡Participade!
14 de maio: Contacontos da Igualdade.
Os días 30 e 31 de marzo temos unha exposición sobre Biodiversidade na Biblioteca Sobrino Buhigas.
O día 11 de marzo temos unha sesión de contacontos para tódolos rapaces do colexio.
Dentro da campaña de animación á lectura, o día 11 de marzo, temos unha sesión de Contacontos que se chama "Contos para ollos e orellas" de Franc Ínsua. Asistirán tódolos rapaces do colexio e tamén os da Galescola.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »