primeiro, segundo, primeiro e segundo, 1º e 2º xuntos
XOGO DE RESTAS
Déixovos un enlace para xogar e practicar as restas.
http://www.arcademics.com/games/island-chase/island-chase.html
PIKIPALABRA
Pinchando neste enlace poderedes xogar ao pikipalabra, un xogo co que aprenderedes vocabulario, practicaredes lectura e pasarédelo ben.
http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/archivos/pikipalabra/pikipalabra.swf
E neste outro enlace tedes un montón de problemas matemáticos para convertirvos nuns expertos.
http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/capicua_2c_PF/CAPICUA2-U2-PAG31-CAS.swf
Bodas de pulgas y piojos
Os de 2º len cada vez mellor. Para demostralo, len neste audio un poema popular titulado "Bodas de pulgas y piojos".
Reunión de 2º
Velocidade lectora
Composicións con figuras xeométricas
Busca las imágenes iguales
Os dejo un enlace para trabajar la asociación de imágenes. Deben buscarse las imágenes iguales lo más rápidamente posible. Esta actividad favorece la memoria y la velocidad lectora.
http://jeux.lulu.pagesperso-orange.fr/html/assoMemo/aPoussi1.htm
Tendal de poesía
Tendal de poesía
Temos unha novidade na biblioteca de aula,un tendal de poesía no que toda a clase pode participar. Consiste en facer un intercambio de poemas seguindo esta norma: para levar un poema do tendal hai que deixar alí outro.
Os poemas cópianse e decóranse e teñen que levar o nome do autor.
Poden ser copiados na casa ou na escola e de calquera libro.
Os poemas que se deixan no tendal pódeos coller calquera outro alumno da clase, polo que non se recuperan. Os poemas que se levan para casa son para quedarse con eles ou, se queren, para volver cambialos por outros.
Árbore da familia
En 1º estamos a traballar a familia e os parentescos. Estaría ben que os pais que quixesen falasen cos seus fillos sobre como se chaman os seus avós ou bisavós, cantos tíos ou curmáns teñen, e.t.c.
Poderían tamén realizar unha árbore xenealóxica e ver ata onde poden chegar investigando sobre os seus antepasados. Poden debuxar a árbore os propios nenos e poñer os nomes ou as fotografías dos membros da familia. Tamén se poden atopar modelos de árbores xenealóxicas en internet para imprimir e completar.
Espero que vos animedes e pasedes un bo rato cos vosos fillos, e que eles aprendan sobre os seus orixes.
(2014-2015) Xogando cun tangram feito na clase
Na clase de Plástica realizamos un tangram circular e conseguimos facer as figuras dunha tartaruga e dun peixe. Os nenos levan o tangram para a casa e poden xogar a facer as figuras que aparecen nel ou a inventar unhas novas. Tamén fixemos un tangram para ter na aula.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »