quinto
(2010-2011) Celebración do Nadal
Os nenos e nenas de 5º celebramos o Nadal coas seguintes actividades:
- asistimos a un Contacontos no salón de actos do colexio
- elaboramos grandes bolas navideñas xunto cos demais nenos do colexio decorándoas na casa para logo colgar polos corredores e escenario
- Aproveitamos a traballar a descripción en Lengua Española cos distintos personaxes do Belén para logo facer o Xogo de Quen e quen? con elas e as súas imaxes, traballo que puxemos no corredor
- participamos no Festival do Nadal: facendo todos nós de presentadores das actuacións, poñéndolle a música cos nosos instrumentos á obra de teatro que representaron os nenos e nenas de Infantil e facendo un baile Gospel xunto cos nosos compañeiros de 6º.
- e o último día de clase fumos a unha sesión de cine no salón de actos, para logo xuntarnos na clase e comer todas aquelas cousas que trouxeramos da casa.
Ademáis este último día de clase do ano tamén fixemos a entrega dos agasallos do amigo invisible que elaboramos cada un de nós para o compañeiro que en segredo nos tocara, algún de eles tan chulos como: Unha foto de cando era bebe para que nunca se olvide de ela, unha casiña feita con cartón, debuxos, cómics, un lapiceiro feito cun tetrabric, ... Algúns destes momentos foron:...
E tamén a mestra fixo entrega dos premios aos alumnos con mellor comportamento do trimestre que esta vez foron: ... David, Daniel, Ana, Jesús, Arantxa e Andrea.
Xa so queda desexarvos a todos un feliz ano novo 2011
(2010-2011) Celebración do Magosto
Durante esta semana, no terceiro ciclo, estivemos a investigar sobre os animais e froitos máis propios desta estación do ano.
Para elo, cada un de nós tivo que recoller a maior información posible sobre o que lle tocara e logo plasmala a modo de esquema. O resultado foi o seguinte:
Costou un pouco o plasmar a información deste xeito, pero pouco a pouco fórono facendo. O resultado foi bastante bo.
Aquí vemos algúns exemplos:
Ademais tamén nesta semana celebrámolo Magosto. Este foi o Programa da Festa:
A partir do recreo participamos nos 8 xogos que tiñamos preparados no pavillón.
E como remate fomos a comer as castañas asadas.
Tamén aproveitamos o Magosto como tema para traballar como se facía unha entrevista. Elaborámola na clase entre todos. Preparamos 5 preguntas que nos parecían máis interesantes e cinco de nós fumos á clase de 4º a recoller as respostas dos nenos e nenas sobre o a Festa.
Aquí vemos algúns dos momentos da entrevista:
(2010-2011) Celebración do Samaín
Na aula de quinto celebrámolo Samaín.
Para elo , durante esta semana:
- trouxemos cabazas decoradas para o concurso.
- preparamos unha canción de medo coa mestra de música que representamos o día da festa.
- disfrazámonos e maquillámonos o día do Samaín no cole para darlle sustos aos demais cursos
- e elaboramos uns contos de medo que espuxemos no noso corredor.
De todos eles escollemos os tres que estaban mellor redactados. Éstes foron:
Entre eles eleximos: "Unha noite terrorífica". Daniel foi quen o leu o día da festa.¡ Todos e todas pasámolo de medo!
(2010-2011) Novo curso escolar
¡Curso novo!
Novidades:
A titora: Marga, que ademais de darvos Lingua Castelá e Galega será a mestra de E.F. Tamén da clase o mestre Tirso, Julio, Bernarda, Ana, Loli e Merce.
O Curso: Quinto, moito máis que aprender e disfrutar.
Tamén estrenades Aula: este ano na planta baixa, cerquiña da dirección para estar ben vixiados!!
Como novidades nela temos os recantos: lugares onde nos ratos libres, recreos de choiva,... poder estar en grupos traballando ou xogando co material que alí temos. Éstes son:
-Lemos?: recanto onde está situada a biblioteca de aula e podemos escoller unha das lecturas para viaxar un ratiño con ela.
-Informámonos?: Co ordenador podemos traballar, buscar información, xogar,...
-Falamos?: Recanto onde poder darlle solución aos problemas que vaian xurdindo cos nosos compañeiros e así levarnos mellor. Importante respetar o turno de fala!
Creamos?: Onde poder debuxar, colorear, facer pulseiras, ....
Xogamos?: Poderemos elexir un dos xogos que temos na aula: xadrez, dominó, cartas, parchís,...
Investigamos?: Nel temos unha Biblioteca específica cos libros sobre o noso corpo, animais, prantas, tecnoloxía, enciclopedia, diccionarios,...
E tamén importante, o noso punto de reciclaxe:
(2009-2010) Elaboramos o Maio
Os nenos e nenas de 5º trouxemos flores, fiunchos, ovos e laranxas e elaboramos o noso Maio.
Campaña Riscos Laborais "Moitollo"
Durante o curso 2009/10 os alumnos/as de 5ºe 6º visionaron un video en 3D para a prevención de riscos laborais.
O video foi proxectado no camión de "Moitollo"
Utilizaron unhas gafas para poder visionar o video en 3D.
A mascota "Moitollo" déixanos despois duns divertidos consellos, ademáis de agasallarnos con camisetas, chaveiros, ...
Excursión a Santiago
En maio os alumnos do colexio de 3º a 6º iremos a Santiago para visitar a catedral e a exposición "Galicia Dixital".
Xogos do recanto de quinto
Atrevédesvos a pasar un test sobre o tema que andamos a tratar "Os Inventos"?
Boa sorte e... sede rápidos!
Aparato locomotor: ósos, músculos e ariculacións.
CONEXIÓN HAWAI
Programa de xogos
e actividades
coas que entretervos .
Xogo de preguntas e respostas
sobre A PAZ
.
Xa estades cansos de tanto traballar? Pois aquí tedes un enlace no que atoparedes actividades xogadas coas que pasar un bo rato.
.
.
Programa de xogos para aprender a coidar o teu entorno
.
.
. CHILDTOPÍA:
páxina na que tedes un feixe de actividades entretidas: xogos, adiviñas, plastilina, ...
.
.
.
Xogo semellante ao pasapalabra, para un ou dous xogadores e con diferentes niveis a elexir.
.
.
Taller de contos onde poderedes personalizar e ler ou escoitar un feixe de historias.
.
.
Aquí podedes enlazar con unidades didácticas moi interesantes sobre cultura e tradicións de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7