Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2021-2022) Ademais, en abril, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de abril, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño 
03/05/22: (2021-2022) Experimentamos co xeo e coa sal. Queres saber o que conseguimos? 
30/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de Abril 
09/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos o día da actividade física, participando nun roteiro pola natureza

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

encargado continuou a levar a cabo as súas tarefas diarias, moitas delas dentro do "calendario online".

     

Ademais de coidar das nosas tartarugas, tamén ten que regar a pranta que nos regalou VALENTINA.

       

Completamos o BOLETÍN DE AUTOAVALIACIÓN "As novas da escola", antes das vacacións de Semana Santa.

  

Participamos nunha sesión de Ioga, organizada pola Biblioteca do centro.

Máis información no blog de Outros traballos, celebracións e saídas, na entrada (2021-2022) Benestar emocional: IOGA para todos/as    

Fomos engadindo novas palabras no noso dicionario xigante (e individual), ó longo das semanas, xunto cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 1.

  

Continuamos a ser creativos.

    

Levamos para casa a primeira colleita de leitugas, do noso invernadoiro, que estivemos coidando todo este tempo.

Despois dunha durísima competición, Infantil 2 gañou ó xogo de "pedra, papel, tesoira", e fomos os encargados de levar para casa as leitugas.

   

Coa leituga que levamos para casa, fixemos unhas riquísimas ensaladas.

   

Plantamos novas leitutas, que levarán para casa cando medren, os compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Coidarémolas todos e todas ata entón.

     

Lemos libros "xuntos", por parellas. Acordando que único libro ler.

Máis información no blog da biblioteca, na seguinte entrada ( 2021-2022) DÍA DO LIBRO

    

Participamos nun obradoiro sobre lingua de signos.

Máis información no blog da biblioteca, na seguinte entrada (2021-2022) Participamos nun obradoiro sobre a lingua de signos

   

Preparamos un agasallo para as nosas nais.

    

Preparamos tamén o papel de regalo e as notas de "felicitación" para engadirlle.

   

Xogamos co EDI, como por exemplo co novo xogo de "conciencia léxica, silábica e fónica".

   

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

(2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

   

Nas últimas semanas, continuamos coa nosa investigación sobre os "cans salchicha", para atopar tódalas respostas as preguntas que tiñamos plantexadas.

Chegamos así á metade do camiño. Xa só nos queda preparar a exposición e o documental, que nos propuxéramos como producto final deste proxecto de traballo e investigación.

     

Atopamos a resposta, investigando en diferentes fontes, ás seguintes preguntas:

Por que son tan longos?

    

Como nacen? 

   

Con cada pregunta, tivemos que acordar como plasmar a resposta atopada no mural da investigación.

     

 

Xa sabemos se poden comprarse ou non.

 

    

Descubrimos tamén onde poden vivir.

    

E ata se teñen amigos, e  como "se fan amigos uns dos outros".

       

Finalmente, atopamos a resposta á última pregunta que nos quedaba pendente no mural. Poden vestirse?

     

Fomos completando, ó longo do proceso, na táboa da organización, quenes foron os encargados  de investigar cada pregunta.

       

Así quedou o noso mural da investigación, xa completo, coa resposta a tódalas preguntas.

 

    

A partir de agora, unha vez demos superado o proceso de investigación, réstanos planificar e crear a nosa exposición, así como o documental que queremos rodar. Teremos ata final de curso para facelo e poder presentárvolo.

Tamén completaremos cadanseu dosier individual, para poder contar na casa, todo o que descubrimos e aprendimos sobre os "cans salchichas".

    

En futuras entradas neste mesmo blog, poderedes estar ó tanto de como levamos todo isto a cabo.

    

(2021-2022) Experimentamos co xeo e coa sal. Queres saber o que conseguimos?

Este mes, nas aulas de Infantil,  experimentamos co sal, la, colorante e o xeo.

O primeiro que fixemos plantexar hipóteses, a través do diálogo reflexivo, do que se podía facer con todo este material.

       

Moi rápido descubrimos, que o primeiro que precisábamos ter  para este experimento, era xeo. Así que novamente tivemos que descubrir como conseguilo. Chegamos á conclusión de que teríamos que conxelar auga no "conxelador".

Para que quedase "máis interesante", decidimos usar colorante mesturado coa agua nalgúns dos cubiños de xeo que iríamos facer.

    

Deixaríamolos durante un día no conxelador da sala de mestres e mestras, para que se convertise en xeo.

   

Xa co xeo "creado" exploramos as súas propiedades e características, verbalizando se estaba frío, suave, a que cheiraba, se eran iguais os que tiñan ou no colorante...

 

    

Xuntos e xuntas fixemos experimento: poñendo sal sobre o xeo, cun anaco de la, e novamente engadindo máis sal, conseguimos que...

 

 

... se quedase pegado, como se estivese atado.

     

Xogamos a pasarnos o xeo coa la, para ver canto duraba sen despegarse... a quen se lle caería o xeo? 

     

Cada un dos equipos cooperativos reproduciu o mesmo experimento, con máis ou menos éxito. Chegando previamente, e durante o proceso, a acodos sobre a cor da la a usar, do cubiño de xeo, así como do papel e funcións que cada un desenvolvería no mesmo.

 

   

Rematado o experimento, chegou o momento de anotar as observacións do mesmo en cadanseu caderno de campo. 

O noso caderno de campo ten xa unha chea de experimentos.

   

Nesta ocasión, os encargados de crear o vídeo do experimento, foron os compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Xa podes velo no apartado "Experimentos", tal como indicamos de seguido.

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.

    

(2021-2022) No mes de marzo sucedeu tamén todo isto en infantil 2

No mes de marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

01/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Traballamos con robots neste segundo trimestre 
25/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo 
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha" 
11/03/22: (2021-2022) Sabes que a vitamina C pode limpar a auga? Descúbreo no noso experimento. Contámoscho en vídeo. 
10/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:

O encargado continuou a levar a cabo as súas tarefas diarias, moitas delas dentro do "calendario online".

    

Continuamos a manter o noso composteiro, cos restos de lixo orgánicos.

       

As nosas leitugas continúan a medrar, gracias ós nosos coidados:

    

    

Participamos nun obradoido sobre as "conservas", dentro do programa "Aliméntate ben".

      

E degustamos o bocadillo de conservas que nos deron. Estaba boísimo!.

       

Xogamos a desenvolver os nosos pilares de pensamento, "xogando a pensar" a través dos diálogos. Usamos para elo vídeos, imaxes ocultas...

       

Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.

   

Novas palabras fóronse sumando ó noso dicionario xigante.

     

Descubrimos a un equipo de piragüistas, que viñeron a visitarnos. 

      

Participamos nun obradoiro de lingua de signos.

     

Coñecimos a un can guía, grazas a visita que nos fixeron os traballadores da ONCE.

  

   

Preparamos un regalo para os nosos pais.

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

   

(2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

   

Ó longo das últimas semanas, continuamos a atopar novas respostas ás preguntas que nos plantexáramos, no noso proxecto de investigación sobre os "cans salchicha".

Descubrimos todos e todas xuntos a resposta a un par das preguntas. Conseguímolo visionando os vídeos que tiñamos no recanto virtual da investigación, e nos libros e textos impresos do noso recanto da investigación da aula.

Agora xa sabemos que poden comer.

ç

       

Decindimos, e acordamos, como plasmalo no mural da investigación.

       

Tamén entre todos e todas, atopamos a resposta á pregunta: Como se comunican?, plasmándoo tamén no mural da investigación.

        

Noutras ocasións, atopamos as respostas ás preguntas traballando en equipos cooperativos.

O quipo Ironman-princesa investigou a pregunta: Que partes teñen? 

 

        

O equipo tartaruga foi o encargado de investigar: Que tipos hai?

         

O equipo "conejito" investigou as cores que podía ter:

 

   

Pola súa banda, o equipo "patrulla canina", descubriu como teñen que lavarse.

        

Todos os equipos acordaron como plasmalo no mural da investigación, para que os demais compañeiros e compañeiras puidesen sabelo tamén.

  

Fomos tamén rexistrando, como nos organizamos, anotando o número da pregunta que investigou cada un dos equipos.

      

Cada equipo, contoulle ó resto de compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Deste xeito xa todos e todas coñecen a resposta a estas catro preguntas.

      

Ó longo das vindeiras semanas, agardamos rematar esta investigación, para poder comezar a crear a nosa exposición e planificar a rodaxe do documental, que nos plantexaramos ó comezo do proxecto como productos finais.

   

Permanecede atentos a este blog para coñecer a evolución do proxecto de investigación.

    

  

(2021-2022) Sabes que a vitamina C pode limpar a auga? Descúbreo no noso experimento. Contámoscho en vídeo.

Este mes, na nosa aula fixemos un experimento con auga, iodo, vitamina C e arroz.

Que poderíamos facer con todo ese material?. Un por un fomos plantexando as nosas hipóteses:

  • Explotaría cando o mesturásemos.
  • Sairía por fora.
  • Cambiaría de cor.
  • Desaparecería.
  • etc...

 

Fomos seguindo os pasos do experimento, facéndoo entre todos e todas...

        

... ata que descubrimos que coa vitamina C se limpaba a auga e on arroz que estaba manchada de iodo. 

Fomos repetindo o mesmo experimento, seguindo o pasos, en cada un dos equipo cooperativos da aula.

     

En todos se repetiu o resultado observado, e confirmamos así a teoría que plantexaramos da primeira observación.

    

Chegaba o momento de contar o descuberto nun vídeo, que nesta ocasión nos correspondería a nós crealo. Preparamos o panel dos materais que precisaríamos e organizamos, quen diría cada parte, no noso vídeo.

     

Así quedou o vídeo unha vez rematado. Agora xa podes repetilo na túa casa, seguindo as instrucións que che contamos. 

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, daqueles que facemos na aula desde aquí.

Tan só nos restaba anotar as observacións nos caderno de campo individuais.

(2021-2022) E ademais... en xaneiro e febreiro sucedeu todo isto en Infantil 2

Á volta das vacacións de Nadal, nos meses de xaneiro e febreiro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

01/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics" 
24/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro 
21/02/22: (2021-2022) Experimentamos coa capilaridade: A ponte de cores 
22/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Sementamos e coidamos leitugas no invernadoiro 
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) - Queres saber como facer funcionar un reloxo con laranxas? Explicámoscho no vídeo do noso experimento do mes 
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas. 
29/01/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

Tamén continuamos coa nosa investigación sobre os "Cans Salchica", da que publicaremos unha entrada moi pronto contándovos todo o que fomos descubrindo.

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:

O encargado de cada día seguiu a desempeñar as súas importantes funcións:

   

Engadindo unha nova rutina ás que desenvolve cada día, debuxarse no "calendario online"

      

Xogamos a crear palabras coas letras móbiles:

    

Máis palabras se foron sumando ó noso dicionario xigante.

   

Grazas a un dado decidimos "cantas" tiñamos que pegar no noso dicionario individual:

   

Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.

 

   

Encántanos xogar, de cando en vez, ós xogos de memoria

   

Reconstruímos, e volta mos a usar, os nosos buzóns de correo individuais; nos que podemos recibir cartas escritas polos nosos compañeiros e compañeiras. Os profes tamén teñen o seu propio buzón.

 

    

Afondamos nas nosas habilidades creativas pintando con témpera.

   

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

   

(2021-2022) Experimentamos coa capilaridade: A ponte de cores

Este mes experimentamos coa capilaridade, facendo unha ponte de cores.

O primeiro foi plantexar hipóteses sobre o que poderíamos facer co material, xurdiron diferentes ideas.

   

Despois de seguir os pasos do experimento "construímos as  pontes de cores" entre todos e todas.

     

Observamos como as cores ían subindo polas "pontes de papel", grazas á capilaridade. 

   

Chegou despois o momento de repetir o mesmo experimento, pero xa nos equiposz cooperativos. Todos eles foron capaces de repetir os pasos do mesmo.

   

En tódolos experimentos as cores subiron polas pontes de papel.

   

    

Tan só quedaba plasmar o proceso e o resultado final, no caderno de campo dos experimentos. 

    

Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 1, os encargados de crear o vídeo do experimento.

Lembra que podes ver o vídeo creado polos compañeiros e compañeiras de Infantil 1ós vídeos de tódolos experimentos que facemos na aula desde aquí.

(2021-2022) Antes de rematar o ano, no mes de decembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

Ó longo deste mes, na nosa aula, sucedeu todo isto que xa vos comentamos en entradas anteriores:

22/12/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Chegou o Nadal a infantil: así o celebramos e participamos no festival do colexio. Queres ver a nosa actuación? 

22/12/21: [Infantil xuntos]: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de decembro 

14/12/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia 

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

    

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:

Asistimos á proxección da película "Valentina" nun cine, xunto ós compañeiros e compañeiras do todo o colexio.

      

Continuamos a traballar a lóxica matemática coa profe ZAIRA,  como por exemplo facendo as cadenetas de series de macorróns de cores; que usamos como decoración para o corredor no Nadal (ver entrada correspondente).

     

Novas letras foron completando o noso diccionario xigante e individual. Continuaremos con el á volta das vacacións de Nadal. 

    

O encargado continuou a desenvolver as súas funcións, completando o calendario oline, facendo os diferentes rexistros e, por suposto, dándolle de comer ás nosas tartarugas.

 

       

Asistimos á actividade "Ti si que eres un bo peixe", dentro do programa "Aliméntate ben", no que participa o centro.

     

Coa elaboración do noso boletín de auto-avaliación trimestral, xunto con todo o que vos contamos ó comezo desta publicación, dimos por rematado este primeiro trimestre.

 

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu en decembro, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

  

  

(2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blogue:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

  

Ó longo dos seguintes días, despois de decidir o que iamos investigar no noso primeiro proxecto deste curso, comezamos a xuntar moita información sobre o tema.

Algunha recibímola das nosas familias por e-mail, respostando a cada un deles agradecéndolle a información.

    

Tamén conseguimos uns libros que falaban dos cans salchicha. Seguro que serán de utilidade nalguha das preguntas.

   

Fomos xuntándoo todo no noso recanto da información, para poder consultala cando a precisemos.

  

Tamén completamos o noso recanto virtual da información, na web do colexio (recanto de infantil > vídeos), onde publicamos as ligazóns e vídeos que nos chegaron por e-mail, e todo aquilo que non se podían imprimir.

  

Con toda esta información xa podíamos comezar a investigar, asi foi como atopamos a resposta a unha das preguntas que nos plantexáramos:

  

Cal é o nome verdadeiro dos cans salchicha?

Atopamos a resposta visualizando un dos vídeos no noso recanto virtual da información. Alí explicaba que tiñan dous nomes alemáns e o que significaban.

Anotamos as respostas escribíndoas na pizarra branca.

      

Decidimos plasmala no mural da investigación indicando tamén, de onde viñan eses dous nomes que teñen. Ademais acordamos con que imaxe acompañaríamos a resposta.

    

Así quedou plasmada no mural da investigación esta primeira resposta que atopamos.

   

Á volta do Nadal, que agora estamos "líados" con outras cousas ;),  continuaremos con esta investigación, buscando as respostas a tódalas preguntas que aínda nos quedan pendentes.

Xa sabedes que poderedes estar ó tanto de todo o que fagamos neste bloge.

   

   

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.