Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2016-2017) Xogamos a pensar cos retratos que nos deixou o noso amigo misterioso

Durante estas semanas nas que traballamos e experimentamos en torno ó rostro humán, tamén adicamos algunhas sesións a "xogar a pensar" con retratos dos que nos chegaran no paquete misterioso.

Comezamos co de Avelino Riestra, para logo elixir outros como o que nós tituláramos "O príncipe", tamén "O capitán Manuel" 

 

e o de "Ana".  

 

Desde último amosamos un reflexo dos diálogos que establecimos, nun período de tempo breve, dadas as diversas idades e niveis de atención.

DESCRIBIMOS Á MULLER, NOS IMAXINAMOS EN QUÉ PODE ESTAR PENSANDO....(xa que esa foi a conclusión á que chegamos).

-QUERE SUBIR A UN BARCO PARAATOPAR UN TESOURO. É UNHA CAPITANA.

-PIENSA QUE QUIERE COMPRAR UN PERRO.

-A LO MEJOR PERDIÓ A SU PRÍNCIPE, POR ESO ESTÁ ASÍ. O LO CONVIRTIERON EN UNA BRUJA...

PIENSA EN SU PRÍNCIPE. ESTÁ ENFADADA PORQUE ÉL SE FUE ENFADADO PORQUE YA NO LA QUERÍA.

-NOOO, PIENSA EN UN BARCO!

-QUIERE MONTAR EN BARCO.

-YO CREO QUE ES ANA, DE LA PELI DE FROZEN Y ESTÁ PENSANDO EN DÓNDE ESTARÁ ELSA.

-PARECE QUE ESTÁ TRISTE PORQUE UNA ARAÑA LE PICÓ.

A VÓS CANDO ESTADES TRISTES QUE VOS GUSTA QUE VOS FAGAN PARA POÑERVOS CONTENTOS?

-ME GUSTA QUE ME PROTEJAN, SALVÁNDOME DE LOS PELIGROS.

-A MI JUGAR, JUGAR Y JUGAR.

-JUGAR CON MI HERMANO Y LOS ABUELOS.

-QUE ME ABRACEN Y ME DEN BESOS.

-QUE ME HAGAN PAYASADAS.

FACEMOS TODOS, DE UN EN UN, UNHA PAIASADA PARA OS DEMAIS....E RÍMONOS MOITO.

DE QUE COR PENSADES QUE É A RISA?

-ES AZUL PORQUE ESE COLOR ME GUSTA.

-ES BLANCA, PORQUE LOS DIENTES SON BLANCOS Y CUANDO REIMOS SE NOS VEN LOS DIENTES.

-ROSA E VIOLETA, PORQUE ME GUSTAN ESAS CORES. 

-ROSA, PORQUE ME GUSTA MOITO.

-ES AMARILLA, PORQUE EL AMARILLO ME PONE CONTENTO.

-ROSA, PORQUE TAMBIÉN ES EL COLOR DE LOS ENAMORADOS.

-ES DE COLOR ROJO, NARANJA, AMARILLO Y ROSA, PORQU TENGO UN COLOR Y UN SABOR PARA BAILAR Y PARA CANTAR.

-ROJO Y AMARILLO.

-AZUL, VERDE Y AMARILLO, PORQUE ESTOS SON LOS COLORES DE MI FAMILIA.

-AZUL CLARITO...PORQUE ME GUSTA TANTO...

-MARRÓN, PORQUE SÍ.

-DEL COLOR DEL ARCO IRIS, QUE SON LOS COLORES QUE MÁS ME GUSTAN.

-AZUL E ROSA.

 

E para finalizar cada un de nós debuxa cómo lle parece que é a risa. Ademáis de cor, poñémoslle corpo..

Imaxinación ó poder!!

 

 

 

 

 

 

(2016-2017) Levamos a cabo actividades plásticas en torno ó retrato

 

Despois de xogar cos sentidos e explorar as distintas partes do rostro, e de fotografiarnos de distintas maneiras e con diferentes expresións, de escribir en torno ó rostro, aprender algún poema e canción, pasamos a elaborar o noso propio retrato, o que se coñece como "autorretrato".

 Coa nosa fotografía diante, para observar todos os detalles da nosa cara, comezamos a elaboralo.

Noutra sesión pintamos con témpera os cartóns que utilizaríamos para enmarcar os nosos autorretratos. 

 

 

Máis adiante os colocaríamos todos no corredoiro de infantil, formando parte da exposición, igual que xa os colocaran os nosos compañeiros de Infantil 2.

 

Ademáis tamén nos retratamos por parellas

 

primeiro un compoñente posaba mentres o outro debuxaba e viceversa. Gustounos moito facer esta actividade e puxemos moita atención.

 

Por equipos cooperativos fixemos composición con distintas partes da cara que recortábamos de revistas.

 

E de xeito individual tamén fixemos composicións de caras, con ollos, bocas e narices de diferentes tamaños que nós debuxábamos.

 

 

 

Ademáis de modelar coa plastilina caras de todo tipo e cor!

(pendiente de foto) 

(2016-2017) Experimento do mes de novembro: "O globo volcán"

En novembro levamos a cabo o experimento de "cómo hinchar un globo con bicarbonato e vinagre", o que nós decidimos chamar "globo volcán", polo parecido no resultado, cun volcán.

Despois de ver os ingredientes

(pendiente foto) 

e inferir qué poderíamos facer con eles, algún non andaba desencamiñado cando descubrimos que misturando bicarbonato (que antes meteríamos nun globo) con vinagre dunha botella, conseguiríamos hinchar o globo co resultado desta mistura, que era o dióxido de carbono.

Este é o video, que unha vez elaboradas distintas hipóteses en torno a por qué se inflaba o globo mezclando estes elementos, e despois de levalo a cabo de forma conxunta, visionamos para facelo por equipos.

 

E a continuación, cada equipo o levou a cabo, desempeñando todos/as algunha función na posta en práctica do mesmo. 

 

 

 

 

Como sempre facemos, ó rematar e despois de limpar e recoller, cubrimos o noso dossier coas fotos  dos materiais, a explicación do proceso e a representación gráfica do resultado do experimento.

 

Nesta ocasión eramos nós, os de Infantil 1, os encargados de crear o video coa explicación, e foi o equipo Tigre León o que o elaborou. Aquí volo deixamos!

 

 

(2016-2017) O mes de novembro na aula

Aquí vos deixamos algunhas fotiños do día a día na aula ó longo deste mes, ademáis das que xa vos contamos en entradas anteriores.

Xa vos contáramos que invitamos aos compañeiro/as de 1º e 2º a unha degustación de froitos de outono.

Uns días antes, fixemos a nosa propia degustación 

-           

anotando nun rexistro individual, mediatamente despois de probar un froito, se nos gustara ou non.

para logo rexistralo nun panel conxunto, no que os maiores tamén o fixeron na súa visita.

           

 

Continuamos a crear coa témpera, nunha das ocasións, representando a choiva.

                            

 

Continuamos co rexistro dos libros que levamos para casa, no que nos agrupamos por parellas máis un grupo de tres.

 

Así como a visita á biblioteca para ler contos.

 

E escoitar un que conta a profe e a partir do cal traballamos na ficha.

 

Tamén coas sesións de psicomotricidade, 

con distinto material

e realizando distintos tipos de desprazamentos, xogos de equilibrio e coordinación.

Nunha sesión, como nos chegara un paquete cunha bufanda, realizamos algúns xogos e desprazamentos e movementos co corpo cunha bufanda cada un/unha.

Como este pequeno circuito cun longo camiño feito coas bufandas e con algúns obstáculos que sortear.

ou xogando ás estatuas, que as tiñamos que facer colocados según a consigna, en torno á nosa bufanda.

 

Tamén participamos nos intercambios por idades,

no momento do diccionario, identificando as letras da semana

ou formándoas coas pezas de construir.

Tamén programando ó beebot para que tirase unha serie de pezas colocadas para cair unha sobre a aoutra.

 

Ou dirixindo ó beebot a unha cor determinada, observando se lle había que dar para adiante ou para atrás.

 

ou programándoo según as tarxetas das teclas.

 

Cos compañeiros/as de 4 e 5 nunha sesión fixemos un reconto definitivo dos froitos votados por todos, tanto os de infantil como os de 1º e 2º, escribindo o número de cada froito votado.

 

                       

Seguimos a traballar coa serie numérica, levando a cabo pequenas operacións de engadir ou quitar.

                         

Ou identificando e tachando na pizarra o número que nos dicía a profe.

Tamén asistimos unha sesión a informática, para por parellas xogar nas activides da web en torno a números, contar, agrupar, formar a silueta seguindo o número...

 

Ademáis, tamén asistimos a un contacontos, no que participamos os nenos e nenas de todo o cole e que ó finalizar

    

 

 requería elaborar un debuxo guiado da protagonista da historia, Petra.

 

E aquí quedan algunhas fotos de momentos de xogo libre e simbólico nos distintos recantos.

         

 

(2016-2017) Participamos en xogos e experiencias relacionadas co rostro e o retrato

 

A raíz de recibir o retrato de Avelino Riestra e outros, profundizamos un pouco máis nas distintas partes do rostro e os seus sentidos, a través de distintos xogos e actividades.

Xogos sensoriais

Por parellas, masaxeamos as distintas partes da cara coas nosas mans, cunha esponxa, cun estropallo...diferenciando con qué material nos gustaba máis.

 

Xogos como o do túnel de lavado polo que os compañeiros conducen a outro que é o coche que se está a lavar.

adiviñando finalmente diante de que compañeiros aparcamos.

 

Participamos nun xogo sensorial de adiviñar de qué cousa se trataba que estaba partida pola metade, emparellándoa finalmente coa súa outra metade.

Eran metades totalmente iguais, simétricas.

 

A algunha delas costounos poñerlle nome, despois de tocala e incluso cheirala, ata queunha compañeira se decatou que era un trozo de candea.

Dividimos a nosa cara en dúas partes iguais, trazando cunha pintura xusto pola metade.Pois a nosa cara é simétrica.

tamén cunha actividade no papel, na que tiñamos que  compretar a outra metade debuxándoa.

 

Fotografiamos os nosos ollos, describindo a súa cor e elaborando con estas fotografías (xunto cos compañeiro/as de infantil 2)  un panel para que os compañeiro/as de primaria xoguen a adiviñar quén é cada quen.

 

 

Fotografiamos as nosas bocas en diferentes expresións, narices....e as fixemos con masa branca.

 

Nos fotografiamos de frente e de perfil e coas fotos elaboramos un xogo de parellas.

 

E montamos un recanto de maquillaxe para pousar e facernos  fotos, que utilizaríamos para facer os nosos retratos e para outras experiencias.

  

 

Ata preparamos un pequeno mural para o pousado das fotos

 

Ademáis, como o de facer de detectives na procura do guante, nos gustou tanto, outro día a profe escondeu un caramelo para cada un pola aula e tivemos que buscalos. Algúns atopábanse ben pero outros estaban moi escondidiños..

 

 

 

Vos seguiremos contando máis experiencias en torno ó rostro e ó retrato!

 

 

 

 

(2016-2017) Por un día cambiamos o papel pola mesa para pintar con témperas!

Un día a profe propúxonos unha actividade de témpera diferente, na que utilizaríamos o pincel, as mans, e as propias mesas de traballo como soporte. E a faríamos organizados por equipos.

Despois de dialogar todos os membros e consensuar as tarefas de cada un, puxémonos mans á obra.

 

Estabamos todos moi sorprendidos de que puidéramos pintar nas mesas coa témpera para transformalas en enormes cadros. Ángela xa nos dixo que isa era unha excepción porque o habitual non é pintar nas mesas senón no papel, pero nos serviría para experimentar que a arte non ten fronteiras de ningún tipo e que se pode ser creativo de moitos xeitos diferentes.

Cada equipo, coas distintas cores  e intentando respetar o debuxado ou creado polos compañeiros, creou o seu debuxo.

Nos saían debuxos moi chulos que logo co entusiasmo de pintar tamén coas mans e mesturar cores, acabábamos transformando nunha enorme mancha abstracta.

A segunda parte da actividade consistía en colocar un enorme papel branco do tamaño da mesa por riba do pintado para que todo o que pintáramos na mesa, que logo debíamos limpar, quedara reflexado e non desparecera.

Era como facer as nosas pegadas das mans.

 

E estas foron as nosas creacións. No lado esquerdo as orixinais e no dereito as estampacións.

Logo tocou deixar todo ben limpiño, por suposto!

 

Noutra sesión os equipos volvímonos xuntar para continuar coa proposta xa que estes cadros os utilizaríamos ademais de para decorar na nosa aula e con valor expositivo tamén para clasificar as distintas formas xeométricas básicas e así recordalas sempre.

Cada equipo, despois de consensuar e decidir quen sería o encargado de material e o de non berrar, elixía unha forma xeométrica e pegaba moitas figuras con esa forma e cunha cor, no seu mural: triángulos azuis, rectángulos laranxas, círculos amarelos e cadrados violetas.

Eran todas en papel adhesivo así que tivemos que exercitar tamén as nosas habilidades finas.

 

No encerado escríbiramos previamente entre todos, os nomes das catro formas xeométricas e cada equipo debía copiar o nome da súa para logo pegarllo debaixo.

Así tamén poderemos leelos.

Noutra sesión de témpera pintamos as catro formas xeométricas no noso bloc de xeito individual e tiñamos que estar moi atentos para pintar cada unha da súa cor. Pero como as tiñamos nas paredes da entrada a clase, si nos despistábamos ou olvidábamos só tiñamos que ir a observalas para recordar.

(2016-2017) Recibimos un paquete misterioso que nos inicia nunha nova aventura

Hai un tempo, un día, estando no cole, cando volvíamos do recreo, atopámonos na aula cunha caixa.

Despois de dialogar e inferir sobre qué podía conter a caixa e quen non la podía enviar, descubrimos que dentro dela había unha bufanda, e un montón de retratos de distintas persoaxes que nunca víramos.

Cada quen explicou ós demáis de quen pensaba que podía ser esta bufanda, de entre estas persoaxes.

Antes de nada lles puxemos un nome a cada un deles e delas (algúns moi curiosos como... señor magia, capitán Manuel, o príncipe,.....) e a continuación cada quen votou quen lle parecía que podía ser o dono da bufanda.

Aproveitamos tamén para nun folio A3 deixar reflexadas estas votacións, discriminando cada foto do noso papel nos retratos do encerado e anotando a cantidade de votos. Os máis pequenos rodeamos cada unha das fotos das persoaxes.

 

Pasados uns días, recibimos no noso buzón unha carta...

de quen sería?? 

Resultou ser unha das persoaxes que nos chegara e se chamaba Avelino Riestra.

 Era a persoaxe que obtivera máis votos, 3 en total.

Na carta nos contaba que un día viñera a visitar o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e paseando polo pobo perdeu un dos seus guantes brancos, que ten dende que é moi xoven e era moi importante para él recuperalo.

E nos pedía axuda, a ver si nós o podíamos atopar, que a nosa escola é moi grande e igual andaba preto...

Nos deixou ademáis un enderezo, no museo de Pontevedra, pois él pasa moito tempo no museo.

 

Por suposto, nos apuntamos á procura do guante!

Escribimos unha carta respondéndolle que sí o axudaríamos e lla entregamos na dirección para que cando viñera a carteira a levase.

Alí estaba a profe Chus, que lle puxo o selo do colexio e a agardou para entregarlla a Marga.

 

Eses días non paramos de buscar no parque infantil e tamén por algúns recantos que nos parecía ver de lonxe o guante..

Por todas partes nos parecía que andaba a pegada que deixara o guante..

aparecería finalmente o guante?

 Vos seguiremos contando qué sucedeu ó final e si o atopamos.

 

(2016-2017) Algunhas cousiñas que pasaron en outubro na aula

   

Vos contamos algunhas cousas que aconteceron na aula no mes de outubro.

Como sempre facemos, exploramos, observamos, manipulamos algúns elementos do contorno natural propios desta estación, para falar sobre elo, establecer relacións, facer comparacións, asociacións e verbalizar as nosas vivencias, opinións e emocións.

As castañas e os ourizos, aprendendo de paso algunha rimiña e poesía sobre elas.

Do patio trouxemos moitas follas

de distintos tonos e tamaños, que logo clasificamos en tres grupos: grandes, medianas e pequenas. 

Para dispoñer delas e calquera momento do día, construíndo e creando, e decorándoas.

 

Noutra ocasión chegounos á aula un paquetiño, máis ben unha bolsiña pechada. Aproveitamos a situación para "xogar a pensar" e facer inferencias sobre o que podía estar dentro da bolsa, dando múltiples respostas e opcións, das que tratábamos de dicir o por qué.

Observamos a bolsa, a tocamos suavemente para non estropear o que estivese dentro, xa que todos intuímos que era algo brandiño, a movimos para ver se desprendía algún son, e ata cheiramos.

Finalmente descubrimos que dentro había.....un niño de paxaro, que alguén atopou tirado no bosque e decidiu achegárnolo á escola, resultando algo tan atractivo para calquera neno.

 

Imaxinamos a qué tipo de paxaro podía pertencer, polo tamaño, as prumiñas brancas que aíndaquedaban dentro del....finalmente descubrimos que era un niño de XIRÍN.

Ninguén sabía que paxaro era o xirín así que en google atopamos en seguida a fotografía deste paxaro e o seu canto.

 

 

Como pronto chegaría a festa do magosto, enviamos unha nota a casa pedindo as castañas, os calacús decorados e un bote de leite baleiro para facer as nosas cestas para o magosto.

As castañas foron chegando

e tamén os calacús decorados, para o que nos axudaron as nosas familias.

Aquí estamos observando todos o chulos que están...a cal votaríamos?

O último día de clases, o día da festa do magosto-samaín, a maioría de nós viñemos disfrazados, para partipar nas distintas actividades, das que xa vos falamos nunha entrada anterior (podes velas pinchando no seguinte enlace).

ASÍ PREPARAMOS E CELEBRAMOS  O MAGOSTO-SAMAÍN

Tamén colaboramos decorando o corredoiro e a entrada a clase, cunhas cortinas moi tenebrosas.

e pintando pantasmas

utilizando as follas que recollimos no patio, que pintamos con témpera branca e as que logo lle pintábamos con negro ollos e bocas terroríficos.

E morcegos, que fixemos pintando oveiras con témpera negra.

Tamén dialogamos sobre as cousas que nos dan medo,escribindo ou debuxando nunha pequena pantasmiña, ese medo, para logo botalo no come medos, que nos axudaría a facelo desaparecer.

 

Cómo nos gustou vestirnos cunha tea e dar sustos enormes ós compañeiros..

 

 

Tamén debuxamos as nosas cabazas terroríficas, levando a cabo unha votación na que participaron os compañeiros de Infantil 2

 

Co cartón de leite que pedíramos ás familias, confeccionamos a nosa cestiña para o magosto

recortando e pegando as alas, e a boca do morcego.

Tamén seguimos coas nosas sesións de pintura, nesta ocasión convertimos a pegada da nosa man e parte do brazo nunhas fantásticas árbores coas cores do outono.

 

Algúns eliximos debuxalas nós en vez de estampalas.

 Pintamos de cores un material de refugallo, cartóns de distintos grosores e tamaños, que logo cando secaron, pasaron a formar parte do noso recanto de construccións.

 

E nas sesións de psicomotricidade, ademáis de unha sesión adicada a xogos co paracaídas,

participamos coma sempre en distintos exercicios de desprazamentos, equilibrio, carreira, coordinación...

 

e manipulación e xogo con distintos materiais.

as pelotas saltarinas

 os zancos

 balón xigante,

e aros.

 

 

 

 

(2016-2017) Estreamos equipos cooperativos e estreamos experimento!

En outubro, fixemos por fin os equipos cooperativos, cos que traballaremos en determinadas ocasións.

Nos reunimos cos nosos compañeiros de equipo  

para decidir cómo nos queríamos chamar como equipo, escribir o nome  e ilustralo.

Nuna sesión posterior, buscamos en google unha imaxe que se correspondese co noso nome, para imprimila e pegala no noso panel de equipo, e compuxemos o nome con letras móviles.

Estes son os equipos e os compoñentes de cada un.

                                  SERPIENTES

 

                                 TIGRE LEÓN

 

                          CAMPO LAMEIRO

 

                                CÁRCEL

 

Feitos xa os equipos cooperativos, comezamos os experimentos do ano, neste caso o do mes de outubro, que nós lle chamamos "AUGA DE CORES", unha vez visto o que sucedía.

Como sempre facemos, pensamos en diferentes alternativas cos materiais que Ángela nos presentaba, elaborando hipóteses.

Nesta ocasión non era difícil inferir que con auga, m&ms e un prato, levaríamos a cabo unha experiencia sobre a "disolución".

Separamos os m&ms por cores, colocándoos despois de xeito alterno, levando a cabo unha"serie" no prato en forma de círculo; tiñamos que estar moi atentos para colocar a cor correspondente, engadimos a auga e...a esperar...

Había outras alternativas para colocalos de diferentes maneiras e combinando as cores; diso dependía o resultado final.

                           

Cando a un compañeiro se lle caíron unhas gotiñas de auga no prato das de cor vermello, observamos que inmediatamente as pingas se tinguían de vermello. Tamén observamos que só a parte que estaba en contacto coa auga se volvía branca. Pensamos en qué outras cousas podían ser disolubles e cales non.

Agora nos tocaba a nós levar a cabo o experimento cos equipos.

E rexistramos o proceso, os materiais e o nome no noso dossier dos experimentos.

En novembro faremos o seguinte!

 

(2016-2017) Así foi esta primeira semana de outubro

 

Esta semana xa demos rematado o noso horario xigante, que o colocamos enriba da pizarra, na zona onde facemos as rutinas de encargado. Así poderemos anticipar todas as actividades sen problema.

Despois de facer os nosos horarios semanais individuais, tamén elaboramos un pequeno libriño no que pegamos as normas de aula, que decidimos entre tod@s.

-FALAR BAIXIÑO, SEN DAR BERROS.

-ESCOITAR CANDO OUTROS FALAN.

-RECOLLER O MATERIAL NO SEU SITIO.

-ANDAR A MODO POLA CLASE, SEN CORRER.

-LEVARNOS BEN (NON EMPURRAR, PEGAR, PELEXAR...).

-COIDAR OS XOGUETES.

Os mariores recortamos e pegamos e escribimos con modelo cada unha das normas, mentres que os máis pequenos, as recortamos, con axuda,  e pegamos.

 Neste mes tamén comezamos coa actividade conxunta con Infantil 2 do diccionario.

A protagonista era a letra A, e este curso os profes levaremos unha palabra e a correspondente foto de pobos e lugares de Campo Lameiro, Pontevedra ou Galicia. Nesta ocasión a palabra era Alende. O coñecedes verdade?

Unha vez propostas todas as palabras polos compañeiros de 4 e 5 anos, as repartimos entre as dúas clases e na nosa aula fomos elixindo qué palabra queríamos escribir e sacar a fotografía da aplicación informática (ademáis de imprimir varias fotografías pequeniñas para o noso diccionario individual). "Diccionario", que está na web de Infantil.

 Impresa a fotografía e escrita a palabra en papel a pegamos no noso diccionario xigante.

 

E xa noutra sesión, eliximos varias desas palabras para escribir nel xunto coa fotografía.

 

Tamén comezamos esta semana coa actividade de títeres, na que tras unha colorida tea, os compañeiros por parellas ou grupos pequenos, representan libremente coas marionetas, historias divertidas, e espontáneas, que lles van xurdindo no momento.

  Máis adiante, a proposta complicarase un pouco, tendo que xirar a representación en torno a un tema proposto por Ángela e noutras ocasións decidido entre todos.

 

Tamén continuamos coas nosas sesións de psicomotricidade, nas que os máis pequenos van entendendo as rutinas desta actividade e deste espacio así como as normas para estar nel axeitadamente.

Como esta semana estábamos coa letra A, unha compañeira encargouse de colocarnos a todos formando unha A enorme.

Tamén fixemos carreiras de diversos tipos, como nesta que debíamos arrastrarnos por debaixo dun banco, chegar ata as gradas e ó regreso saltar ou pasar por riba do banco.

 

 Diferentes tipos de desprazamentos, nos que a coordinación e o equilibrio son fundamentais.

Desprazamentos feitos en torno a historias fantásticas, nas que os animais salvaxes son os protagonistas e debemos desprazarnos con moito coidado porque nos acechan (cun pe de cada vez en cada aro, sen tocar por fora, saltando os aros cos pes xuntiños...).

E con actividades de arrastre e gateo, para exercitar ben e coordinar axeitadamente as distintas partes do corpo.

 

Nesta próxima semana renovaremos o noso recanto de reciclaxe, que tanto o botamos en falta; faremos o noso primeiro experimento do curso e formaremos os equipos cooperativos.

Ata pronto!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 17 invitados conectados.