Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

(2017-2018) Información e material sobre María Victoria Moreno Márquez (Letras galegas 2018)

Ligazóns a materiais e información sobre 

María Victoria Moreno Márquez, homenaxeada no día das letras galegas 2018.

- Primavera das letras (material para centros escolares): http://primaveradasletras.gal

- Seminario Galán (material para centros escolares): http://www.seminariogalan.org 

- Información na wikipedia AQUÍ.

- Información na Real Academia Galega AQUÍ

- Lista de autores/as homenaxeados (web RAG) AQUÍ

- Materiais no Espazo Abalar AQUÍ.  

(2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo

Xa temos listo o noso traballo para o Salón do Libro, e vai cara o Pazo da Cultura, onde asistiremos ás actividades orgaizadas o 9 de abril.
 

 
Velaquí estamos todos despedíndonos deles. 
 

(2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE

O equipo de Biblio en colaboración co equipo de Dinamización, organizou" Un entroido de cine", baseado no proxecto que estamos a levar a cabo dende o Centro.

Para visualizar a reportaxe completo de fotos pincha Aquí

De seguido podes ver un pequeno vídeo do noso desfile polas rúas do concello:

(2017-2018) “Dora manda que o XOVES traiamos posto..."

Ó longo desta semana de Entroido, como cada curso, Dora irá "mandándonos" como temos que vir ó centro.
Estes "curiosos" atuendos son elexidos polos propios alumnos/as:
  
 
PARA O LUNS OS DE INFANTIL ELEXIRON VIR ASÍ: 
 
 
  
PARA O MARTES OS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DECIDIRON: 
 
   
PARA O MÉRCORES OS DE TERCEIRO E CUARTO DECIDIRON:
 
 
PARA O XOVES, OS DE QUINTO E SEXTO DECIDIRON QUE VIÑÉRAMOS ASÍ:

 
 
 

(2017-2018) Celebración e Festival de Nadal no colexio.

Coa chegada do Nadal celebramos o noso tradicional Festival, no que participaron tódolos nenos e nenas do centro.

 

O Festival para os nosos compañeiros e compañeiras tivo lugar o día 20 de decembro, mentras que para as nosas familias foi o día seguinte. 

 

Lembra que podes ver as fotografías de tódalas actuacións na GALERÍA FOTOGRÁFICA (entra desde aquí).

 

Lembra que cando remate o curso escolar, como en anos anteriores, recibiredes un DVD coas celebracións que tiveron lugar no centro, incluído o vídeo deste Festival de Nadal na súa integridade.

 

Días antes Santa Claus visitou, por sorpresa, tódalas aulas ;)

 

Lembra que podes ver moitas máis fotografías desta visita na GALERÍA FOTOGRÁFICA (entra desde aquí). 

(2017-2018) Descubrimos a Petra nunha sesión de contacontos “Polo Camiño do vento"

Tódolos compañeiras e compañeiros do centro participamos nunha sesión de contacontos, na cal descubrimos moitas cousas cousas dos petroglifos. 

 
 
 
Os creadores (autor e ilustrador) dunha colección de libros ó respecto, foron contándonos o proceso de elaboración dos mesmos e diferentes historias de "Petra", unha muller da prehistoria protagonista das historias dos seus libros.
 
 
 
 
Finalmente ensináronnos como debuxar a Petra "paso a paso"
 

(2017-2018) Celebrámo-lo Magosto cunha camiñada ata "San Antoniño de Penalva"

Este curso celebramos a festa do Magosto en "San Antoniño de Penalva" que está nun monte preto do noso colexio.

Os compañeiros e compañeiras de 3º a 6º fixeron unha camiñada ata o lugar da celebración.

Pola súa banda os de infantil,1º e 2º subiron nun autobús, aínda que todos baixaríamos xuntos camiñando ata o colexio. 

 

Mentras se levaban a cabo os preparativos coas castañas para a celebración do Magosto...

 

... os compañeiros de primaria foron a visitar uns petroglifos que había "preto" de alí.

 

Como era moita distancia para ir os de infantil exploraon o entorno a ver que atopaban en contacto coa natureza.

 

Á volta participamos en xogos tradicionais dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto curso, e organizado polo profe Paulo (EF).

 

Con todo xa listo, chegou o momento de repartir as castañas asadas entre todos e todas.

 

E de pintarnos a cara coa "borralla" ;)

 

Rematada a celebración tan só nos quedaba desfrutar dun paseo camiñando ata chegar o colexio... menos mal que era costa abaixo e aquí si puidemos participar os nenos e nenas de todo o colexio.


Lembra que podes ver moitas máis fotografías da nosa celebración do Magosto na seguinte galería:

Así como nas diferentes entradas publicadas en cada recanto.

(2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas

Para celebrar os Samaín o alumnado do centro participou nunha serie de obradoiros "de medo", rematando a xornada de celebración coa entrega de premios e diplomas ás cabazas máis terroríficas.
 
 
O colexio xa estaba listo, coa decoración pertinente, para acoller todo o que tería lugar durante os obradoiros e celebración do Samaín.
 
 
Un día antes fomos recibindo as cabazas para a exposición organizada na sala de Usos múltiples, coseguimos xuntar moitísimas, todas elas feitas polo alumnado coa colaboración das súas familias. Noraboa polo gran traballo!!!

 
 
Ó longo da mañá, organizados por grupos fomos participando nos diferentes obradoiros organizados no centro:
 
 
 
OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES DE MEDO:
 
Despois de coller a entrada na taquilla "terorífica" asistimos a unha sesión de cinema visionando curtametraxes de medo.


 
 
  
OBRADOIRO DO FOTOMATÓN TERRORÍFICO: 
 
Noutro dos obradoiros xogamos a fotografíarnos en diferentes escenarios, no fotomatón terrorífico... grazas a unha tablet e a unh chroma verde, puidemos "viaxar" a lugares terroríficos.
 
 
Así de fantásticas quedabas as fotografías... queres ver como quedaron todas?  

Podes ver tódalas fotografías que fixéstedes os diferentes grupos no fotomatón, nas seguintes galerías. A ver se podes atoparte?
OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO: 
 
No obradoiro de contos de medo, escoitamos moitas historias que nos fixeron "tremer de medo"
 
OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA: 
 
Asistimos tamén ó obradoiro de cociña terrorífica, elaborando unhas momias fantásticas. Somos uns grandes cociñeiros.
 
OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE MEDO: 
 
No obradoido de manualidades fomos creando de forma creativa diferentes obxectos relacioados coa festa do  Samaín.
 

 
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE TERRORIFICA: 
 
A maquillaxe terrorífica foi outro dos obradoiros no que puidemos convertirnos no monstruo que quixéramos.
 






VOTACIÓN DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS: 
 
Participamos na votación das cabazas más terroríficas elexindo e votando por aquelas dúas que eran as nosas favoritas.

 
 
 
ENTREGA DE PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS TERRORÍFICAS: 
 
Os máis votados polos compañeiros e compañeiras recibiron uns agasallos, mentras que outros moitos recibiron diplomas honoríficos poo seu traballo.

 

Foi unha xornada moi divertida... pasámolo de Medo!!!

Lembra que podes ver moitas máis fotografías da nosa celebración do Samaín na seguinte galería:

 

Equipo de Biblioteca. Equipo de dinamización da lingua galega. Equipo para a dinamización das TIC.

(2017-2018) OBRADOIROS DO SAMAÍN: horario e curtamentraxes

DESCARGA O HORARIO DOS OBRADOIROS DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NA SEGUINTE LIGAZÓN (OU NO ADXUNTO Ó FINAL A PÁXINA:

 
.....  
 
 
ACCEDE ÁS CURTAMETRAXES DESDE AQUÍ :)
 
.... 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.