infantil 2
(2022-2023) E ademais, no mes de decembro, sucedeu todo isto en Infantil 2
No primeiras semanas do mes de decembro, ata a chegada das vacacións do Nadal, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 23/12/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Chegou o Nadal a EI: decoramos o corredor, participamos no Festival... e moito máis. Queres vernos?
- 23/12/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
- 08/12/22: (2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é?
Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Anotamos no noso calendario online, os eventos máis relevantes que terían lugar ao longo deste mes. Ademais, cada día o encargado desenvolveu as rutinas diarias no mesmo.
Descubrimos como funciona un novo robot educativo que temos na aula, o True-True.
Empregando a aplicación online do dicionario, escollemos cada semana as nosas palabras favoritas dunha letra, imprimindo unha imaxe en grande que pegamos no dicionario xigante. Tamén imprimimos o número que acordemos da mesma imaxe "en pequeno", para poder usalas no noso dicionario individual.
Participamos nun obradoiro para facer un "marcapáxinas de Nadal".
Continuamos a anotar os libros que levamos para casa os venres, da biblioteca de aula, usando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.
Elaboramos o boletín de auto-avaliación "As novas da escola" na que contamos ás nosas familias todo o que fixemos ao longo deste trimestre.
E deste xeito rematou este primeiro trimestre.
Vémonos novamente en xaneiro.
Que teñades un bo Nadal e unha boa entrada no ano 2023.
(2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é?
Como cada curso, imos investigar en INFANTIL 2 sobre un tema que nos interesa, por fin chegou o momento que todos e todas estabamos agardando... saber sobre que tema iamos a organizar a nosa investigación.
Cunha choiva de ideas fomos propoñendo, e argumentando, diferentes temas, cos que levamos a cabo sucesivas votacións ata quedarnos coas cinco propostas máis votadas.
Decidiríamos o tema eleixido cunha votación democrática, eso si con tódalas garantías "legais". Para o cal creamos unha papeleta coas cinco propostas finalistas.
Cada quen, en segredo, escolleu o seu tema favorito marcándoo na súa papeleta.
Todo o proceso estivo controlado por GERMÁN, presidente da mesa electoral, posto que era o encargado ese día.
Cada quen foi depositando o seu voto, non sen antes ensinar o seu carnet para ser anotado na lista, de xeito que ninguén puidera facer trampas trampas.
Ata o profe tivo que agardar a súa quenda, e votar presentando o seu carnet.
Rematada a votación chegou o momento do "escrutinio", había que contar os votos recibidos por cada unha das propostas. Fómolos anotando debaixo debaixo da imaxe de cada unha das propostas.
O reconto estaba a punto de rematar... que ía gañando? que tema sería o tema gañador ao final?
Despois de recontar os votos, e verificar que houbese "igual cantidade de votos que papeletas", o tema de "CAMIÓNS E COCHES" resultou ser o elixido.
Preparamos o material preciso para crear o noso mural da investigación, onde iremos plasmando todo o proceso nas vindeiras semanas.
Tan só quedaba poñer o título a investigación, para deixarlo todo listo para comezar.
Nas vindeiras semanas comezaremos a completar este mural cos nosos coñecementos previos, as nosas preguntas, fontes de investigación, producto final.... e sobre todo con tódalas repostas que vaiamos atopando.
Poderedes seguir a evolución desta investigación en entradas sucesivas deste mesmo blog. Permanecede atentos!
Ata entón, podes lembrar algunhas das nosas investigacións de cursos anteriores, nas seguintes ligazóns:
- 03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha
- 23/06/21: (2020-2021) Rematamos o dosier da investigación sobre os ponis. Queres velo e lembrar todo o que investigamos?
- 06/03/20: (2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela?
(2022-2023) E ademais, no mes de novembro, sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
25/11/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
25/11/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Preparamos e participamos na celebración do Magosto
17/11/22: (2022-2023) - Creamos un arco da vella con auga e M&Ms: descubre como facelo no noso vídeo deste experimento científico
28/10/22: (2022-2023) Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Participamos na celebración organizada no centro, por mor do 25N "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", facendo unhas bolboretas de papiroflexia.
Continuamos a encher o noso diccionario xigante, coas palabras favoritas de cada semana, usando unha aplicación online que podes atopar no recanto de infantil...
... para poder completar tamén o noso dicionario indivual.
Xogamos no EDI con diferentes aplicacións online, que podes atopar esta aplicación no recanto de infantil, como por exemplo algunhas para o desenvolvemento da discriminación fonolóxica, silabica e léxica.
Cada día o encargado continuou a desenvolver as súa funcións: rexistros, calendario online, coidado da nosa tartaruga....
Continuamos a anotar os libros que levamos para casa os venres, da biblioteca de aula, usando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.
Traballamos en equipos cooperativos, levando a cabo a auto-avaliación figuro-analóxica, ao remate do traballo encomendado aos mesmos.
Coa chegada do outono exploramos a natureza, por exemplo, recollendo follas para pendurar na nosa árbore da aula.
Limpamos o acuario da nosa tartaruga "RAYO", cambiándolle a auga para que estivera máis cómoda.
Desenvolvemos as nosas habilidades creativas pintando con témpera para, cambiar periódicamente a exposición que temos na aula.
Reproducindo esquemas...
... ou facendo creacións orixinais libremente.
Xuntos organizamos e participamos en "xogos simbólicos", cada vez máis complexos.
Recibimos novos xoguetes, que tivemos que montar e incorporar á nosa aula.
Gústanos tamén escoller pegatinas, de cando en vez, antes de marchar para casa.
Nunha próxima entrada, xa vos comentaremos como nos vai co novo proxecto de investigación, que iniciamos nas últimas semanas, e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses.
(2022-2023) - Creamos un arco da vella con auga e M&Ms: descubre como facelo no noso vídeo deste experimento científico
Esta semana comezamos a levar a cabo os experimentos científicos na nosa aula, cada mes faremos un diferente que vos explicaremos nun vídeo.
Nesta ocasión empregaríamos auga, un plato e "M&Ms".
Que sucedería cando os mesturásemos? Que podíamos facer con eles?... cada quen foi plantexando as súas hipóteses.
Fomos seguindo os pasos do experimento, todos e todas xuntos e xuntas, e observamos que despois dun anaco agardando aparecia un arco da vella...
... e que por debaixo, os M&Ms estaban brancos. Que sucedera? Novamente plantexamos as nosas hipóteses do que pensabamos que tivera lugar.
Rematado o experimento "en gran grupo", chegaba o momento de confirmar se sucedía sempre o mesmo.
Deste xeito, cada un dos tres equipos cooperativos, tras poñerse dacordo mediante o diálogo para repartirse as funcións; púxose mans á obra para tentar reproducir o mesmo experimento.
Todos e todas tiñan que participar dentro do equipo, para poder plasmalo logo na "auto-avaliación" figuroanalóxica.
Os tres equipos deron conseguido repetir os resultados do experimento, creando estes fantásticos "arcos da vella".
Equipo PERRO SALCHICHA:
Equipo CABALO:
Equipo OVELLA:
Agora tocaba o turno de crear o vídeo do experimento, onde contar como facelo, a todos e todas os que estiveran interesados. Nesta ocasión o BEEBOT (un dos nosos robots da alua), escolleu que o fixera o equipo "perro salchicha".
O equipo encargouse de preparar o panel dos materiais, que aparecería no vídeo.
Pegaron as imaxes que buscaron en internet, e que logo imprimiron, escribindo a cantidade e o tipo de material ao seu lado.
Despois da grabación, e de que o profe "montase o vídeo", así quedou o que fixemos contando como facer o experimento.. fantástico verdade?
Tan só quedaba rexistrar este primeiro experimento no noso caderno de campo.
Iremos enchendo este caderno de campo, ao longo curso, con diferentes experimentos que tamén vos iremos contando neste mesmo blog.
Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que levamos a cabo, neste e no curso anterior, desde aquí.
(2022-2023) Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula
Ao longo das xornadas, usando cadanseu carnet QR, levamos a cabo unha serie de rutinas nas que empregamos "aplicacións online", que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web.
Usando o Encerado Dixital Interactivo (EDI), coa web do colexio, cada día o encargado entra no recanto de infantil. Xa todos e todas sabemos como facelo.
Unha vez dentro, segundo o que vaiamos a facer, escollemos unha ou outra icona, que nos levarán as respectivas aplicacións
Para que coñezades como funcionan, contámosvos de seguido como empregamos estas tres aplicacións na aula.
Os nosos carnets QR:
Todos e todas temos os nosos carnets QR, que creamos ó comezo de cada curso. Ademais de sevirnos como modelo do noso nome, tamén nos permite acceder ás aplicacións que empregamos na aula.
Tan só temos que premer no botón correspondente da aplicación e pasar o código pola cámara, para que "suceda a maxia" e nos recoñeza.
Usamos o noso carnet tanto no calendario online, como no rexistro de libros da biblioteca de aula. Como xa vos comentamos antes, podes entrar en elas, así como no dicionario, desde o recanto de infantil.
Así usamos o "calendario online" para as rutinas do encargado:
En cada xornada temos un encargado, seguindo lista que temos na clase, é doado saber a quen lle toca, e canto tempo falta para que lles toque a cada un.
Porque ser o encargado é o máis importante que che pode pasar ;)
Cada mañá o encargado ou encargada, despois de ter accedido no recanto de infantil ao calendario, entra co seu carnet QR, para poder facer no mesmo as rutinas previas á asamblea: Ir tachando o día que toca, revisar que profes virán e que sucesos terán lugar ese día.
En ocasións, tamén temos que marcar determinadas datas sinaladas (aniversarios, celebracións, eventos especiais...). Deste xeito que podemos ir contando cantos días faltan para que cheguen a data.
Tamén marcamos cantos estamos na clase e cantos quedaron ese día na casa.
Anotamos o tempo metorolóxico que fai e a temperatura, que figura no noso termómetro da aula, para o que temos que introducir correctamente os números dos graos que sinala.
Encántanos facer "tanteos", para ver quen adiviña o que vai gañando, na "carreira do tempo" cada mes; contando logo para comprobar quen acertou. Tamén observamos a gráfica das temperaturas, para ver se fai máis ou menos calor que o día anterior, e se vai subindo ou baixando.
O encargado completa o seu nome, ordenando as letras que aparecen todas mesturadas. Unha vez rematado contamos cantas letras ten e, se marca o número correcto, recibimos un aplauso.
Por último, o encargado fai un debuxo no que saia el mesmo, co que podemos ir observando como evoluciona a representación do seu esquema corporal. Sempre recibe consellos dos seus compañeiros e compañeiras para melloralo.
Encántanos premer o botón de imprimir, para poder levalo para casa, e revisar todos os que levamos feitos ata ese momento, na icona do ollo.
De cando en vez, comprobamos cantas veces faltamos cada un ao longo do mes.
Despois da asamblea, tamén anotamos os mesmos datos nos nosos rexistros da parede, para poder telos a man ao longo da xornada.
Rexistrando os libros que levamos para casa, coa aplicación da "biblioteca online".
Os venres levamos para casa na nosa carpeta, un dos libros da biblioteca de aula. Todos eles teñen un número, que precisamos para "anotalo na aplicación online", e completar o rexistro en papel.
Por parellas, vamos introducindo o número do libro que escollemos na aplicación é usando cadanseu carnet QR, tal como se indicou anteriormente, rexistramos o libro que levamos. Unha vez feito xa podemos premer a icona para imprimir a portada.
Usamos esa portada impresa, unha vez recortada, para pegala e completar o noso rexistro en papel, onde anotamos segundo a idade, e respectando a hipótese lecto-escritora na que se atopen: o seu nome, o título do libro, o día, o número do libro...
Logo xa só queda metelo na carpeta e levalo para casa.
Á volta, despois do fin de semana, rexistramos ben na mesma aplicación ou coa tablet (scaneando o código QR do libro), que o estamos a devolver.
Completamos o dicionario xigante, coa aplicación de "dicionario online"
Xunto aos compañeiros e compañeiras de EI1, completamos ó longo do curso un dicionario xigante, no que anotamos as nosas palabras favoritas con cada letra.
Despois de dicir palabras entre todos e todas, imprimímolas usando a aplicación do "dicionario online", para elo temos que escribilas correctamente co teclado. Obtemos unha fotografía grande e varias pequenas (segundo se acorde).
Pegamos a imaxe grande no dicionario xigante, escribindo debaixo a palabra.
Empregamos as pequenas, que temos que recortar, para pegalas no dicionario individual, que comezamos en 3 anos e rematamos en 5 anos, de xeito que podemos observar a nosa evolución e maduración lecto-escritora co paso do tempo.
Para escribir as palabras, das imaxes que pegamos (segundo a idade), usamos o modelo que escribíramos antes no dicionario xigante.
As aplicacións online empregadas atópanse en www.recursoseducativos.net, web creada polo mestre de EI2, que están dispoñibles de forma gratuita, para seren empregadas por calquera que as precise na súa aula, xunto con moitas outras.
(2022-2023) E ademais, no mes de outubro, sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
27/10/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Polo Samaín enchemos o corredor de arañas e participamos nuns obradoiros terroríficos
21/10/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
13/10/22: (2022-2023) Xa temos os nosos equipos cooperativos organizados. Queres coñecelos?
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Preparamos un novo "dicionario xigante", para poder ir completándoo, cada semana, coas nosas plabras favoritas.
Empregando a aplicación online do dicionario, escollemos cada semana as nosas palabras favoritas dunha letra, imprimindo unha imaxe en grande que pegamos no dicionario xigante. Tamén imprimimos o número que acordemos da mesma imaxe "en pequeno", para poder usalas no noso dicionario individual.
Polo día das Bibliotecas participamos nunha charla, organizada polos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º, sobre o usuo da mesma; posto que son os "axudantes" oficiais.
Creamos unhas máscaras terroríficas, que levamos para casa, como complemento a todo o traballo feito polo Samaín, que xa vos contamos nas entradas anteriores.
Participamos no pintado do mural, xunto cos restantes compañeiros e compañeiras do colexio, onde se instalará o rocódromo.
Desenvolvimos as nosas habilidades creativas pintando con témpera.
Algunhas veces de modo libre...
... e outras estampando obxectos que tiveran determinadas figuras xeométricas, como círculos.
Continuamos a traballar en equipos cooperativos, facendo a correspondente avaliación figuro-analóxica ó rematar cada sesión de traballo.
(2022-2023) Xa temos os nosos equipos cooperativos organizados. Queres coñecelos?
Por fin chegou o momento de organizar os primeiros "equipos cooperativos" deste curso, neles traballaremos en determinados momentos, para chegar a acordos de forma dialogada e así "acadar a tarefa proposta".
Cando cada quen soubo en que equipo lle correspondía estar, chegou o primeiro "encargo" para cada un deles: Chegar a un acordo do nome que tería o seu equipo. Todos e todas, dentro do equipo, tiñan que estar dacordo coa decisión tomada.
Despois dun "tempo de debate", nuns casos máis longo que noutro, este foi o acordo ó que chegou cada un deles.
Equipo "PERROS SALCHICHA".
Equipo "OVELLA".
Equipo "CABALO".
Tomada a importante decisión de saber como se chamaría cada quen, o seguinte foi acordar de cor pintarían o seu "penel de equipo". Unha vez feito, tiveron que acordar como poder pintalo entre todos e todas, coordinando os seus movementos, de xeito que todos e todas participasen no traballo.
Cos paneis xa secos, ao día seguinte, cando voltamos a organizarmos "en equipos", comezamos a completar cadanseu panel:
Pegando a foto: Cada equipo tivo que decidir quen se levantaría a collela, así como que farían con ela os restantes integrantes do mesmo. Sempre falando e chegando a un acordo.
Pegar o nome do equipo panel: Escollendo o que se correspondía entre os que había dispoñibles. Acordando como ir organizando no espazo dispoñible, todos os elementos a incluír no panel.
Escribir, buscar e imprimir unha imaxe "representativa do equipo": Usando o panel como referencia, non foi dificil escribir correctamente a palabra, para atopar imaxes onde escoller.
O que non resultou tan "doado", foi escoller, de forma acordada, que imaxe quería cada equipo ;)
Coas imaxes pegadas nos paneis, quedaron listos para usalos no taboleiro de "avaliación figuroanalóxica".
Velaquí podde ver como quedaron, unha vez rematados, os paneis dos tres equipos. Cos nomes dos integrantes escritos no mesmo.
Rematado este primeiro traballo en equipo, chegou o momento de que cada un fixera a "auto-avaliación figuroanlóxica", escollendo de forma dialogada e acordad, que "icona pegar" nos diferentes apartados:
- Traballamos todos
- Chegamos a acordos falando
- Recollemos o material
- Rematamos a tempo.
A partir de agora, usaremos estes equipos para traballar en diferentes momentos, por exemplo nalgúns pasos das investigacións (proxectos de traballo), nos experimentos...
Seguro que leredes sobre eles en futuras entradas publicadas neste blog.
(2022-2023) E ademais, no mes de setembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de setembro, nas primeiras semans deste curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 09/09/22: (2022-2023) Xa estamos aquí de novo. Queres coñecer aos novos compañeiros e compañeiras?
- 19/09/22: (2022-2023) Damos a volta ó cole... nunha semana
- 28/09/22: (2022-2023) Acordamos as normas da aula: dramatizámolas para crear un panel con elas
- 30/09/22: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Nos primeiros días axudamos ós novos compañeiros e compañeiras a descubrir todo o que podíamos facer na aula, establecendo novas relacións de amizade e complicidade con eles e elas.
Comezamos a levar a cabo as rutinas diarias da aula: lavado de mans, merendas, momentos de xogo, recoller o material...
Creamos os nosos carnets QR, que empregaremos todo o curso para as rutinas do encargado, no calendario online, ou o préstamo de libros para casa coa aplicación online. Ambas podes atopalas no recanto de infantil desta mesma web.
Por quendas comezamos a completar as responsabilidades cando nos toca ser encargados: completar o calendario online, os rexistros da clase, darlle a comida á tartaruga "Raio", organizar a fila...
Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe que máis nos gustaba.
Organizamos o material da aula, aprendendo e lembrando como usalos e onde gardalos, para poder usalos todos e todas.
Cambiamos a foto de grupo que temos na porta, para incorporar ós novos compañeiros e compañeiras.
Todos e todas asinamos na mesma, de seguro que nos sorprende ver os nosos nomes escritos "deste xeito", dentro dunhas semanas.
E tamén creamos unha foto "máis peqena", para levar ás nosas casas, nas que escribimos o nome dalgún dos nosos "amigos e amigas" e "INFANTIL 2".
Comezamos a levar os venres, libros da biblioteca de aula para casa, usando os nosos carnets QR na aplicación online de préstamos; coa que podemos conseguir a portada, escribindo o número do libro...
... para usala logo no rexistro en papel.
Finalmente tamén completamos un horario con "mini-fotos", dos mestres e mestras que veñen a nosa aula cada día.
Agora xa o temos nas nosa casas. Así podemos saber que sucederá cada día antes de vir ó colexio.
Nas vindeiras semanas continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula: como organizaremos os equipos cooperativos, que investigación queremos comezar, como participamos na festa do Samaín e do Magosto.
(2022-2023) Acordamos as normas da aula: dramatizámolas para crear un panel con elas
Despois duns días na aula, adicamos unha semana a decidir e actualizar o "panel das normas" da aula.
O primeiro foi decidir, a través do diálogo entre todos e todas, cales son as "cousas" que sí podemos, ou non podemos, facer na clase.
Unha vez decididas, e dictadas ó profe, preparamos o panel das normas pintándoo con témpera por equipos. Tivemos que chegar a acordos para "non mesturar as cores" e coordinar os nosos movementos.
Co traballo rematado, e mentras secaba o panel, adicamos un anaco a limpar as mesas que empregaramos para pintar.
Tamén tivemos que "dramatizar" cada unha das normas acordadas, tomando "unha fotografía de cada unha delas" para, unha vez imprimidas; poder ir pegándoas no panel de cores que pintáramos entre todos e todas.
Novamente tivemos que acordar, a través do diálogo, onde poñer cada unha delas, contándoas a medida que as engadíamos ó panel.
Coas fotos xa pegadas, o seguinte foi "escribir" o texto da norma que se correspondía a cada unha delas.
Así quedou o panel das normas unha vez rematado.
Para poder explicar as normas ás nosas familias, fixemos a nosa versión "individual" das mesmas, pegando as fotografías na mesma orde e cor, en que se atopaban no panel.
Pegando algúns textos, e escribindo outros, rematamos tamén o noso panel de normas individuais.
Agora xa temos as nosas normas, decididas entre todos e todas, listas para seren consultadas cando as precisemos.
(2022-2023) Xa estamos aquí de novo. Queres coñecer aos novos compañeiros e compañeiras?
Rematadas as vacacións de verán, e despois de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marcharon a primeiro; damos a benvida aos catro novos amigos e amigas, que vivirán connosco unha chea de aventuras.
Un saúdo para todos de :
GERMÁN - BREIXO - NORA - JOEL - CARLOTA - VALERIA - XOEL - ELOY - KARINA - VALENTINA e do profe ÓSCAR
Nos vindeiros días comezarmos a contarvos todo o que suceda na nosa aula de Infantil 2... permanecede atentos a este blog.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »