Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2016-2017) Así transcurriu o mes de abril na aula

Neste me de abril, sucederon moitas cousas.
Algunhas xa volas contamos en anteriores entradas, como a nosa visita á carballeira para celebrar o día do Libro.
Na aula, ademáis de falar dos nosos libros, tamén os debuxamos, con distintos materiais, como coa témpera.
 
"La cenicienta" 
 
 
Noutra sesión de témpera tamén comezamos a elaborar unha nova "árbore das familias", como facemos cada curso escolar, no que aproveitamos para pegar nel as fotos de familia dos compañeiros de 3 anos e sacamos as dos compañeiros que xa non están este curso.
Sempre o facemos en xaneiro pero este ano tardamos un pouquiño máis.
A nosa árbore deste ano tratábase dunha árbore chinesa,
GINGKO, que ten unhas follas moi bonitas, en forma de abanico.
Nos gustaron moito e aprobamos a proposta da profe.
Entre todos trazamos o tronco e as ramas 
 
 
e con patacas estampamos as follas.
 
No mes de abril tamén fomos ó pavillón, por suposto.
Algunhas sesións foron moito máis dirixidas, con determinado material, circuitos...
 
 
 
e outras máis libres...con distintas propostas e actividades alternativas.
Actividades como..
conducir a pelota de tenis polo carreiro, arrastrándonos polo chan,
 
facer canasta, alonxando cada vez un pouquiño máis a distancia de tiro. E probando a facer canasta tanto coa man dereita como coa esquerda..ésta tamén hai que exercitala!
 
Tiros para tratar de derrubar o cono, tamén alternando mans.
 
e como sempre, combinando con distintos xogos, como neste que choven anzuelos no noso mar para atrapar ós peixes e hai que botalos ó outro lado (os anzuelos eran balóns).
Cando pasaba un tempo establecido, parábamos o xogo e contábamos en qué lado do mar había máis e en cal menos.
 
O xogo de "zorros ó galiñeiro", no que dous cazadores están no centro, dentro dun espacio acotado e cando todos os zorros queren pasar para entrar no galiñeiro a roubar as galiñas, eles teñen que impedirllo pero sen sair desde espacio.
 
E aquí vos deixamos algunhas fotos máis de distintas actividades.
Co beebot, guiándoo para chegar a onde estaban determinados animais.
 
e facendo antes o camiño que debía seguir, coas regletas, para ter moi claro por que cadrados debía pasar.
 
Construíndo escenarios e creando cos bloques lóxicos e as regletas.
 
 
creando un dragóns chinés..
 
 
e outras cousas fantásticas, cargadas de fantasía!
 
colocando as letras de madeira no seu oco correspondente
lendo contos na biblio do cole
 
 
Tamén neste mes levamos a cabo un experimento.
O globo que atrae os papei.
Como sempre facemos, elaboramos hipóteses e inferimos o que podería suceder cos papeliños e co globo, e para qué serviría o xersei de lana.
Tamén vimos o video da web, para logo comprobar nós qué sucedía.
E xa por equipos, probamos todos os compañeiros de cada un dos equipos.
Tamén descubrimos que frotando no pelo tamén se producía electricidade estática, que atraía ós papeliños.
Neste mes tamén celebramos os cumpreanos, e foron moitos os homenaxeados.

(2016-2017) Así transcurriu o mes de marzo na aula.

No mes de marzo, pasaron un montón de cousas na aula.

Vos contamos algunhas.

Levamos a cabo un novo experimento: "lava de cores". Plantexamos variadas hipóteses do que faríamos coa auga 

 

o aceite 

 

os colorantes alimenticios e a sal

 

e o por qué da reacción que observamos.

Finalmente o levamos a cabo por equipos, repartindo as funcións e o papel de cada quén. 

 

 

 

 Pasámolo en grande e xa ós dous días pedíamos facer o seguinte!

 

 Neste mes, nas sesións de témpera, pintamos libremente coa consigna de crear con líneas, abertas e pechadas, rectas e curvas, ademáis de con puntos, para elaborar a nosa portada dos traballos do trimestre.

 

 

Tamén  preparamos un agasallo para as nosas familias, para o cal necesitamos pintar 12 paos de xeado de distintas cores así como un cartón que faría de portada dunha colorida libreta de notas.

 

Creamos ademáis un mural conxunto no que estampamos con rolos de papel hixiénico, e que cando secase, utilizaríamos para envolver os agasallos.

 

 

 

 

Papel que despois tivemos que repartir entre os quince da clase, calculando e buscando estratexias para que o reparto fose equitativo. Enseguida chegamos á conclusión de que si o partíamos á metade, e logo de novo, e outra vez máis...acabaríamos obtendo un anaco para cada un de nós, do mesmo tamaño.

 

Tamén elaboramos plastilina de cores, mezclando fariña, aceite, auga e sal, ademais de colorante alimenticio.

Por parellas ou de tres en tres, facíamos a mezcla de todos estes ingredientes para logo repartir a masa obtida e xa individualmente cada un volvela da cor que lle apetecía.

   

Como nos gustou ir cambiando a masa de cores e obtendo outras novas, así como crear coa nosa "plastilina".

 

Tamén, coa chegada da primavera, a pintamos, de moitas cores

 

e con moitas formas. Algunhas delas as utilizamos para un mural moi primaveral, no que os máis pequeniños rasgaron distintos tipos de papeis, con distintos tonos verdes para pegar xunto coas flores e todo o debuxado.

Os maiores, por parellas, ademáis de pintar coa témpera, tamén debuxamos para ir engadindo e enchendo o noso mural.

 

(pendiente de foto)

 

Nas sesións de psicomotricidade, aquí vos deixamos algunhas fotos de actividades e momentos, de tantos.

Por parellas, coordinándonos co compañeiro/a

 

 

 

Nun momento final dunha sesión, relaxándonos, respirando cunha pelota de ping pong sobre o noso peito ou sobre a barriga.

 

Tamén tivemos a visita dun mago, co que desfrutamos moitísimo!

 

O noso mago pediu algúns voluntarios para axudalo nos seus trucos de maxia. Da nosa clase, Lucas tivo a sorte de poder participar e pasou moi moi ben.

 

e nós rímonos moito cos trucos e coas bromas que gastaba o mago.

Ó rematar a función deixounos acariciar á súa pomba, que participara nun dos trucos iniciais.

 

Nos intercambios, seguimos a guiar ó noso beebot, en 3 anos,

 Nesta ocasión fixemos entre todos unha garaxe para él e debíamos programalo para percorrer a distancia nun sentido e logo dar a volta e regresar.

Tivemos que probar varias veces ata dar co número de veces que debía moverse.

 ou seguir os iconos mostrados para programalo e observar o seu percorrido.

 

Os de 3 tamén seguimos a xuntarnos para as letras do noso diccionario e facer diferentes actividades con elas.

 Como facer o percorrido do N no chan, primeiro co noso corpo, andando polo percorrido, e logo guiando un coche polo mesmo.

Ou co R, clasificando as tarxetas cos nomes dos compañeiros de Infantil 2, en dous grupos, os que tiñan R e os que non, para despois contalos, colocar a tarxeta co número correspondente, e asignar unha pinza para cada tarxeta para finalmente comprobar que había tantas pinzas como indicaba o número.

 

Os de 4 e 5, este mes andivemos inmersos nas sumas e restas, resolvendo algúns problemiñas que a profe plantexaba, e indicándoo a través dos signos correspondentes.

 

Tamén o levamos a cabo en distintas sesións, con contas de madeira e tarxetas, unhas veces por parellas e outras individualmente.

 

 

E moitas máis propostas do día a día, así como momentos de xogo e creación persoal.

 

 

 

Vos seguiremos contando, porque tamén rematamos o noso proxecto dos dragóns chineses; nunha próxima entrada vos contaremos!

(2016-2017) Atopámonos ante unha instalación artística e así reaccionamos e interactuamos con ela

 

O venres pasado, cando chegamos a clase, unha compañeira deuse conta de que na pizarra había escrita unha mensaxe para todos. Dicía esa mensaxe que na sala de usos múltiples nos esperaba algo, qué sería?

Fixemos as nosas inferencias explicando que pensamos que podía haber nela, desde xoguetes, moitos libros, animais de mentira e algún de verdade...ata que puidemos ir a descubrilo por nós mesmos.

Quedamos todos moi sorprendidos cando descubrimos o que había alí...non facíamos máis que exclamar que era moi chulo e camiñar arredor e por entre esta "instalación".

O momento clave chegou cando pasamos de un papel observador e de diálogo, a un papel activo e transformador, o momento en que un ou dous compañeiros non puideron resistir a tentación de tocar o papel triturado, que estaba colocado nunha pequena montaña (e que simbolizaban o lume que botaba o dragón).

e ahí comezou unha choiva de "neve", coa que disfrutamos moitísimo e coa que curiosamente nos mostramos todos moi relaxados.

Comezamos pois interactuando con estes materiais, tocando e desfacendo todo ó noso antoxo.

 

E pasamos á transformación, manipulando e xogando co papel, os rolos de cartón, as pedras de cores, as pinzas....e transformando neles ideas que nos viñan á cabeza e quizais tamén emocións e sentimentos.

 

A veces comezabamos sós ou cun compañeiro determinado, para pasar, de xeito natural a colaborar con outros nenos, sen necesidade de preguntar ou pedirlle permiso. 

Se reflexaron así nesta proposta, agrupacións entre compañeiros que habitualmente non soen xogar xuntos e que interactuaban como si levaran toda a vida facéndooo..

 

 

 Uns creamos tartas, outros cohetes, tobogáns, casas, cidades, niños, castelos,...

 

 Algúns deixamos voar tanto a nosa imaxinación que ata creamos historias fantásticas onde se mezclaban fantasía e realidade, como Lucas, que nos falou de huróns, perlas, niños e moitas máis cousas que seguían un fío conductor, cun principio e un fin como todas as historias.

Despois dunha hora con todos os sentidos en acción, tocou finalizar a experiencia facendo unha valoración persoal da actividade, que foi moi moi positiva, quedamos todos encantados/as e con ganas de repetir.

 

E  tamén reflexamos a experiencia debuxándoa.

 

A través desta experiencia amena e lúdica, pasamos un rato de interacción cos compañeiros, de traballo colaborativo, de creación persoal, creatividade e imaxinación, de expresión das emocións, de expresión e comunicación a través dunha linguaxe diferente á habitual, e por que non, de relaxación, poñendo todos os sentidos a funcionar!!

 

(2016-2017) Comezamos un novo proxecto: Os dragóns chineses.

 

Hai unhas semanas, comezamos  un novo proxecto de investigación. Tiñamos bastantes propostas polo que comezamos votando, para ver qué temas acaparaban máis interese.

 

Despois dunha primeira ronda, como os "deportes" e os "dragóns chineses" foron os que maior puntuación acadaron, fixemos unha seguinte votación entre os dous, esta vez na pizarra dixital.

 

E este foi o resultado. Por só un voto de diferencia, o noso novo proxecto sería sobre os DRAGÓNS CHINESES.

Anotamos no noso mural do proxecto aquelas cousas que sabíamos sobre eles, as nosas crenzas e opinións. Non todos estabamos dacordo con todas e así quedaron reflexadas para que cando finalice a investigación comprobemos cales eran acertadas e cales non.Ést;

-Botan fume pola boca.

-Son malos porque asustan á xente.

-Voan rapidísimo.

-Algúns viven nos ríos.

-Están extinguidos.

-Son enormes.

-Loitan contra cabaleiros.

-Algúns teñen dúas cabezas.

-Son carnívoros.

-Algúns viven na auga e outros non.

-Non existen. Son inventados.

Tamén prantexamos  preguntas e interrogantes sobre o que nos gustaría averiguar dos dragóns chineses.

-Onde vivían?

-Como é o seu corpo?

-Canto pesan?

-Que comen?

-Canto miden?

-Como é  a súa pegada?

-Como é o seu cerebro?

-Como de alto voan?

-Teñen moita forza?

 

E, como sempre facemos, pensamos as fontes e lugares onde poderíamos atopar as respostas.

Un dos lugares que propuxemos foi preguntar na casa ás nosas familias, polo que  preparamos unha nota para casa explicándoo todo.

 

E en cuestión duns días a información foi chegando.

Algúns compañeiros trouxeron información nun pen drive,

 

outros a través do correo electrónico enviaron fotos, vídeos, pequenos textos..

Encantounos a historia que nos enviaron, dun dragón que protexía unha perla, e acabou afundido no fondo do mar.

Podedes leela premendo aquí.

Outros compañeiros trouxeron libros e contos.

Nun deles puidemos ver as distintas letras chinesas, que eran moi moi raras. E del copiamos algunhas para o nosa pancarta do entroido, por suxerencia dunha compañeira, que soubo aproveitar moi ben este recurso.

Tamén trouxemos imaxes en cor

outras sen cor, para pintar nós

  e ata un dragón feito con vasos prástico de cores, un envase de natilla, cordel e un lápiz, xunto coas explicacións de como elaboralo, así que cada un de nós faremos un.

Con toda a información a man nun mesmo lugar para poder acceder a ela cando precisásemos,

  nos primeiros días averiguamos, a través da información que trouxo unha compañeira, como era o corpo dun dragón chinés e gracias a iso tivemos moi claro cómo sería o noso disfraz.

Tamén levamos a cabo, de xeito cooperativo, cos nosos compañeiros de equipo, montar oito dragóns, que tiñamos primeiro que sacar da cartolina con moito coidado

para logo ir ensartando as distintas pezas do seu corpo, fixándonos nas imaxes deles.

Cada equipo encargouse de montar dous

e así quedaron finalmente.

 

Como vos contabamos, o primeiro que averiguamos gracias á información que trouxo Ceci, escrita nunha cartolina, e tamén a un video que temos na web, o corpo dos dragóns está formado polas partes do corpo de nove animais.

Así o reflexamos no noso mural, tendo que escribir o nome e recortar as fotos de dous en cada equipo.

 

Tamén noutro día, lendo distintas informacións traídas da casa, averiguamos que os dragóns nunca existiron de verdade, foron seres mitolóxicos. E así o reflexamos ben no mural para que quedara ben claro.

Un equipo cooperativo encargouse de anotar isto, acordando que dous compañeiros escribirían

e outros dous pintarían e recortarían un dragón para pegar ó lado do texto.

 

Ademáis, lendo en gran grupo nun libro que trouxera unha compañeira, soubemos que os dragóns poden medir entre 6 e 60 metros.

Realmente non tiñamos demasiado claro cánto supoñían estas medidas, así que cunha cinta métrica medimos no chan da clase seis metros e  o marcamos con tiza, facendo logo sobre esta marca un longo camiño coas pezas de construir.

Así comprendimos mellor o que significaba seis metros e que ese era o tamaño mais pequeno que podían ter, imaxinádebos os 60...

Tamén probamos a medir esa distancia marcada, cos noso corpos, para ver a cántos nenos correspondía

Incríble! o dragón máis pequeno qué grande nos parecía igualmente!

 

Vos seguiremos contando!

(2016-2017) Nas últimas semanas....

Vos contamos algunhas cousiñas e tarefas nas que andivemos inmersos nestas últimas semanas, ademáis do Entroido e a elaboración do noso traballo para o Salón do Libro.

 

Nas sesións de pintura, nas que en ocasións pintamos libremente

e noutras, cunhas técnicas ou materiais determinados,

un día pintamos mezclando pasta de dentes, con témpera de cores e cola.

Que ben cheiraba a pasta de dentes!

E os nosos debuxos cheiraban igual de ben ó rematar e cunha textura diferente.

 

Noutra sesión, un día de temporal no que faltaron bastantes compañeiros, creamos obras abstractas a partir dunha composición libre con gomets que uníamos dándolle algunha forma determinada.

e logo as pintábamos con distintas  cores e combinacións.

 

Tamén fixemos as nosas creacións abstractas, con acetatos e témpera de cores.

Tiñamos que botar sobre un acetado dúas ou tres cores e repartilas por todo o espacio. 

Logo o tapábamos con outro acetato e cos dedos iamos modelando, para mezclar as cores e darlle forma.

Incluso usamos os rodillos para axudar a repartir e mezclar a pintura.

 

Así de chulas quedaron, e están expostas, como fiestras a outras realidades.

 

En psicomotricidade, unha sesión Nuria, a profe de prácticas, que nesta ocasión tiña de axudante a Ángela, encargouse de preparar xogos e actividades moi moi divertidas nas que nos desprazamos, corrimos, saltamos, puxemos en xogo a atención e a observación,  tivemos que coordinar os nosos movementos cos dos compañeiros

ademáis de participar nun circuito no que viaxábamos á MURALLA CHINA

Rematamos a sesión dándonos unhas masaxes uns ós outros/as.

 

Ademáis, como explicamos noutra entrada, a semana do entroido, Dora deixonos mensaxes de cómo vestirnos, que nós cada día escribíamos para avisar en casa.

Nos fotografiamos cada día da semana e utilizamos estas fotos para escribir e debuxar o que tocaba cada día.

Tamén utilizamos as fotografías dos pasos para elaborar o disfraz para levar a cabo secuencias, nas que tiñamos que ordear e numerar as fotografías.

Neste mes tamén celebramos o día de Rosalía de Castro, coñecendo un poema que ela escribiu e ó que algúns músicos decidiron poñerlle música e cantalo.

Nas dúas aulas escribimos os versos do poema

para logo pegalo xunto coas fotografía de Rosalía, na entrada ó colexio, no corredoiro. 

 

Nos intercambios por idades, entre outras cousas,  localizamos números na pizarra

e xogamos ó bingo dos números, utilizando os tapóns das botellas, para ir cubrindo o número que xa"cantara" a profe.

Xogamos coa baralla de cartas, clasificándoas por pao, ordeándoas da máis pequena á máis grande e levando a cabo un xogo colectivo con elas, no que tiñamos que identificar os números.

Os máis pequenos nesta ocasión co beebot, tivemos que medir cos nosos pés cantos pasos debíamos dar para chegar dunha cor á outra e logo programar ó robot para desprazalo, calculando que cada paso nos correspondía a un paso dado polo bee-bot.

 

Neste mes tamén tivemos a sorte de asistir a un musical en Pontevedra, "Peter Pan", polo que antes na clase vimos un pequeno corto sobre a historia, contamos o conto e ata participamos nun pequeno circuito no que vivimos as mesmas historias fantásticas que Wendy e os seus irmáns.

 

 

Máis os diversos momentos do día a día, tanto de traballo como de xogo, que tanto enriquecen.

 

 

 

Neste mes tamén comezamos un novo proxecto de investigación: Os dragóns chineses. Vos contaremos pronto como vai!

(2016-2017) Vos contamos algunhas cousiñas do mes de xaneiro

 

Ademáis da experiencia dos xoguetes, os cumpreanos do mes, o experimento e a celebración da paz, do que vos falamos noutras entradas, tamén vos contamos outras cousas que aconteceron na aula no mes de xaneiro.

Xa ben metidos na estación do inverno, afondamos nalgunhas cuestións relativas a esta estación, participando en actividades lim na pizarra dixital

Tamén adicamos unha sesión a pintar un mural colectivo, no que por quendas, e escoitando "O inverno" de Vivaldi, pintábamos en función da intensidade da música,rápid, despacio, forte, suave, e as nosas pinceladas ían cambiando.

Nesta creación final, pegamos as nosas fotos co xoguete que trouxéramos a clase.

Tamén estampamos con corchos, creando un contraste de dúas cores, entre un círculo grande e moitos pequeniños.

 

Utilizamos noutra sesión a técnica de soplado por palliña, para espallar a témpera líquida por toda a folla e facer composicións abstractas na que as cores se misturaban.

 

Con motivo da celebración do día da paz, e como estivemos preparando a dramatización do peixe arco da vella, vimos o conto na pizarra dixital, establecendo posteriormente un diálogo en torno á amizade.

debuxamos ós nosos amigos e fixemos algunhas actividades de escrita relacionadas.

 

Nos intercambios, continuamos a fixarnos nas letras que cada semana pasan a formar parte do noso  diccionario xigante.

e a xogar co beebot, neste caso facendo unhas torres moi altas de distintas cores, que o beebot tiña que destruir, e para o que antes o tiñamos que programar, para que puidera chegar a elas.

construíndolle camiños polos que debía atravesar,

Noutra sesión, despois duns xogos previos cos dedos das mans, debíamos lanzar o dado, contar os puntos que saían nel e buscar a man que tivese o mesmo número de dedos levantados, e conducir ó beebot a esa man, programándoo axeitadamente.

 

Co grupo de 4 e 5 anos, nunha sesión a profe Nuria, a mestra de prácticas, organizou unha sesión sobre as formas xeométricas básicas

e logo por grupos participamos nun xogo de memoria sobre as formas xeométricas, que eran de distintas cores tamén e debíamos atopar a parella de cada unha.

 

Noutras sesións continuamos a facer actividades en torno á serie numérica.

 

E aquí quedan algunhas fotos doutras actividades desenvoltas, no pavillón

 

na sala de usos múltiples

 

na aula, levando a cabo bailes e xogos de ritmo.

 

creando con distintos materiais.

Ata pronto!

(2016-2017) Experimento de xaneiro: Explosión de cores

 

No mes de xaneiro participamos noutro experimento,que chamamos "Explosión de cores".

Estes foron os materiais que utilizamos:

(leite, xabón, colorantes, bastonciño, prato)

E sobre os que previamente debatimos, pensando que poderíamos facer con eles e cando xa averiguamos o qué, plantexando hipóteses a cada paso dado,

unha vez botados os colorantes no leite,

e cando lle engadimos o xabón.

As cores escaparon para os bordes ó entrar en contacto co quitagrasas. Unha vez máis nos plantexamos interrogantes a esta reacción, dando as nosas opinións

que logo fomos comprobando se eran axeitadas ou non.

Feito o experimento en gran grupo, o levamos a cabo por equipos cooperativos, acordando antes como colaborar cada un.

Noutra sesión tamén deixamos reflexado no noso dossier individual en qué consistira o experimento,con distinas fotografías, debuxos e a parte escrita do mesmo.

 

O equipo Campo Lameiro, da nosa clase, encargouse de grabar o experimento cunha pequena explicación.

(2016-2017) A festa dos xoguetes

A semana pasada, xusto volvendo das vacacións, participamos na aula nunha actividade relacionada cos xoguetes.
A profe propúxonos facer unha "festa dos xoguetes", para a cal necesitaríamos traer cada un/ha un xoguete propio da casa para compartilo durante uns días co resto de compañeiros.
Pensando e falando sobre cómo poderíamos avisar deste acontecemento, chegamos á conclusión de que o "cartel" podía ser un bo medio ou recurso, xa que serven para avisar sobre algún acontecemento.
Ángela propúxonos buscar polo colexio, polos corredoiros, a ver se atopabamos algún cartel para ver cómo son.
 
 
 
Atopamos algúns e tamén en internet e así quedounos claro que como mínimo o cartel debe levar un título da actividade ou do acontecemento, un lugar, unha data, hora..
 
Reflexamos na pizarra o que deberíamos indicar no noso cartel, pois o seguinte sería elaborar un cartel para anunciar ás familias a festa dos xoguetes, e o faríamos de xeito cooperativo, cos nosos equipos.
 
 
 
Ó finalizar a proposta levamos a cabo a autoavaliación nos paneis de equipos, para verbalizar e caer na conta de si verdaderamente levamos a cabo traballo cooperativo.
 
Así quedaron os nosos carteis
 
 
e cada un de nós levou a casa unha fotocopia do cartel do seu equipo xunto cunha nota explicando a proposta.
 
Ó día seguinte os xoguetes foron chegando á aula e cada un de nós, explicou ós demais quen llo mercara ou regalara, e algunhas características: nos contaba se o seu xoguete era brando ou duro, pesado ou lixeiro, grande ou pequeno (con respecto ó máis grande), tiña son ou non e que cores tiña.
Ángela e Nuria, a profe en prácticas que estes meses estará na nosa aula, tamén trouxeron os seus xoguetes
 como esta marioneta ovella, de Nuria.
Neses dous días que tivemos os xoguetes na aula, tratamos de compartilo cos demáis e cada un xogar co que non fose noso. Non todos o conseguimos, porque non é doado...pero en líneas xerais, os fixemos todos moi ben!!
 
 
Noutra sesión tamén fixemos inferencias e comparacións entre todos os xoguetes e os pesamos, comprobando se o que pensabamos inicialmente era así ou non.
 
Nuria foi anotando no encerado o peso de cada xoguete, que líamos na balanza e nós fómolos ordeando dende o máis lixeiro, ata o máis pesado de todos e facendo pequenas agrupacións, pois algúns xoguetes tiña prácticamente o mesmo peso así que pertencían ó mesmo grupo.
Tamén pensamos de que outras maneiras se poderían agrupar: os animais, e dentro dos animais os dinosaurios, os coches, as bonecas, os de cor vermella, os de forma rectangular....
E finalmente, impresas as fotografías de cada un co seu xoguete, as pegamos nun gran mural que fixeramos ó longo deses días, do que xa vos contaremos.
 

(2016-2017) Isto aconteceu en decembro na aula

Aquí vos deixamos algunhas fotos de distintos momentos e actividades levadas a cabo no mes de decembro:

-Colaboramos xunto cos compañeiros/as de infantil 2 na confección da árbore de Nadal, feito con caixas de cartón de distintos tamaños,

 e decorado con bolas de papel de xornal e papel celofán e gomets.

Así de bonitiño quedou..

 

-Xunto cos compañeiros de Infantil 2, tamén decoramos o corredoiro cun Papá Noel e os renos. Organizámonos por equipos cooperativos, creando cada equipo un reno.

 

-Elaboramos unhas tarxetas de Nadal moi persoais, debuxando en cartolinas e decorándoas con distintos materiais navideños.

 

 

-Confeccionamos cadenetas para decorar a clase.

 

-Colaboramos co resto de nenos do colexio na decoración dun mural navideño na biblioteca.

 

-Preparamos traxes, máscaras e todo o necesario para a obra de teatro que representaríamos e os bailes.

 

 

-Confeccionamos as portadas dos traballos do trimestre.

 

Neste novo ano, andamos inmersos en novas experiencias e aventuras, que vos iremos contando. 

 

(2016-2017) Xogamos a pensar cos retratos que nos deixou o noso amigo misterioso

Durante estas semanas nas que traballamos e experimentamos en torno ó rostro humán, tamén adicamos algunhas sesións a "xogar a pensar" con retratos dos que nos chegaran no paquete misterioso.

Comezamos co de Avelino Riestra, para logo elixir outros como o que nós tituláramos "O príncipe", tamén "O capitán Manuel" 

 

e o de "Ana".  

 

Desde último amosamos un reflexo dos diálogos que establecimos, nun período de tempo breve, dadas as diversas idades e niveis de atención.

DESCRIBIMOS Á MULLER, NOS IMAXINAMOS EN QUÉ PODE ESTAR PENSANDO....(xa que esa foi a conclusión á que chegamos).

-QUERE SUBIR A UN BARCO PARAATOPAR UN TESOURO. É UNHA CAPITANA.

-PIENSA QUE QUIERE COMPRAR UN PERRO.

-A LO MEJOR PERDIÓ A SU PRÍNCIPE, POR ESO ESTÁ ASÍ. O LO CONVIRTIERON EN UNA BRUJA...

PIENSA EN SU PRÍNCIPE. ESTÁ ENFADADA PORQUE ÉL SE FUE ENFADADO PORQUE YA NO LA QUERÍA.

-NOOO, PIENSA EN UN BARCO!

-QUIERE MONTAR EN BARCO.

-YO CREO QUE ES ANA, DE LA PELI DE FROZEN Y ESTÁ PENSANDO EN DÓNDE ESTARÁ ELSA.

-PARECE QUE ESTÁ TRISTE PORQUE UNA ARAÑA LE PICÓ.

A VÓS CANDO ESTADES TRISTES QUE VOS GUSTA QUE VOS FAGAN PARA POÑERVOS CONTENTOS?

-ME GUSTA QUE ME PROTEJAN, SALVÁNDOME DE LOS PELIGROS.

-A MI JUGAR, JUGAR Y JUGAR.

-JUGAR CON MI HERMANO Y LOS ABUELOS.

-QUE ME ABRACEN Y ME DEN BESOS.

-QUE ME HAGAN PAYASADAS.

FACEMOS TODOS, DE UN EN UN, UNHA PAIASADA PARA OS DEMAIS....E RÍMONOS MOITO.

DE QUE COR PENSADES QUE É A RISA?

-ES AZUL PORQUE ESE COLOR ME GUSTA.

-ES BLANCA, PORQUE LOS DIENTES SON BLANCOS Y CUANDO REIMOS SE NOS VEN LOS DIENTES.

-ROSA E VIOLETA, PORQUE ME GUSTAN ESAS CORES. 

-ROSA, PORQUE ME GUSTA MOITO.

-ES AMARILLA, PORQUE EL AMARILLO ME PONE CONTENTO.

-ROSA, PORQUE TAMBIÉN ES EL COLOR DE LOS ENAMORADOS.

-ES DE COLOR ROJO, NARANJA, AMARILLO Y ROSA, PORQU TENGO UN COLOR Y UN SABOR PARA BAILAR Y PARA CANTAR.

-ROJO Y AMARILLO.

-AZUL, VERDE Y AMARILLO, PORQUE ESTOS SON LOS COLORES DE MI FAMILIA.

-AZUL CLARITO...PORQUE ME GUSTA TANTO...

-MARRÓN, PORQUE SÍ.

-DEL COLOR DEL ARCO IRIS, QUE SON LOS COLORES QUE MÁS ME GUSTAN.

-AZUL E ROSA.

 

E para finalizar cada un de nós debuxa cómo lle parece que é a risa. Ademáis de cor, poñémoslle corpo..

Imaxinación ó poder!!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.