Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos

Coa chegada do mes de outubro anotamos no noso calendario online, unha das datas que máis estabamos a agardar: A celebración da festa do Samaín.

   

Lembramos mirando a web do colexio todo o que fixéramos o curso anterior, para contarllo tamén aos novos compañeiros e compañeiras.

    

Contamos contos de medo e debuxamos bruxas, pantasmas, monstruos...

    

Para decorar o noso corredor, creamos estes simpáticos morcegos que penduramos do teito.

 

   

Estes morcegos estarían dentro do "castelo de Drácula" que pintamos entre todos e todas. 

    

Así de fantástico quedou unha vez rematado.

   

En infantil 2 deseñaron e crearon a súa propia cabaza de Samaín.

   

Tamén preparamos as "notas" paras ás nosas casas, onde se explicaba o concurso-exposición de cabazas, e todo o que sucedería na festa do Samaín no colexio. 

   

A profe ZAIRA recolleu as poesías teorroríficas que trouxemos da casa, e a que escribimos entre todos e todas.

   

Pouco a pouco foron chegando a nosas cabazas á clase, listas para engadilas á exposición, xunto ás dos demais compañeiros e compañeiras do colexio.

    

O día da celebración do Samaín, participamos nos obradoiros xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o centro.

Pero antes unha foto de grupo, con todos e todas difrazados:

   

 

Obradoiro de cociña terrorífica, co profe PAULO:

   

Puidemos comer as "momias que cociñamos" durante a merenda. 

     

Curtametraxes de medo:

    

Fotomatón terrorífico:

  

Podes ver todas as fotos que fixemos facendo click nas seguintes imaxes: 

   

Manualidades terroríficas, coas profes ZAIRA e MARTA:

 

    

Participamos tamén na votación das nosas cabazas favoritas.

     

Podes ver tódalas cabazas da exposición no seguinte vídeo

  

 

Para rematar a xornada participamos na entrega de premios ás cabazas máis votadas, e dos diplomas en diferentes categorías. 

  

Tes máis información sobre estes obradoiros na seguinte entrada:

(2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos 

Podes ver como foi a celebración do Samaín en todo o centro, cos obradorios e exposición de cabazas, na seguinte entrada:

(2023-2024) ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Obradoiros do Samaín 2023

  

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro

Cando rematou o mes de outubro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumpriran anos JESÚS, MIGUEL ÁNGEL e ELOY, eles foron os encargados de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

 

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

  

Xunto aos compañeiros e compañeiras das súas aulas, prepararon as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas!

   

Tamén decoraron as súas coroas de aniversario.

 

   

Cos ingredientes que trouxeraon, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

       

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti"

Ese día JESÚS estivo enfermo, polo que non puido asistir á súa celebración. De seguro que o vindeiro curso si estará presente.

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.      

 

     

Rematamos esta primeira festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.

No vindeiro mes de novembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

     

  

(2023-2024) Xa temos novos equipos cooperativos para este curso... queres coñecelos?

Chegou o momento de organizar os equipos cooperativos que este curso teremos na nosa aula, e nos que traballaremos en diferenes tarefas que se propoñan ao longo do mesmo.

Unha vez coñecido en que equipo estaría cada quen, cada equipo escolleu, despois de acordalo, a cor que o idenficaría, escribíndoo nunha lista para logo buscar a témpera desa cor.

    

Cada un dos equipos pintou o seu panel do equipo da cor elixida. Tiveron que acordar como facelo, e como organizarse, a través do diálogo, posto que só tiñan un pincel para usar entre todos e todas.

 

  

O seguinte paso foi escoller un nome para cada equipo, novamente tras diálogos e debates, tódolos equipos chegaron ao acordo do nome que convencía a todos e todas. Escribírono nun listado, para poder empregalo posteriormente como modelo.

   

O equipo VACA que escollera a cor verde.

   

Pola súa banda o equipo COCODRILO, optou pola cor vermella.

    

E por último a cor azul foi a escollida polo equipo LEÓN.

    

Cada un dos equipos estaba preparado para comezar a completar o seu panel.

    

Acordaron e escolleron unha imaxe idenficativa, que tivera que ver co seu nome de equipo, para recortala e pegala no panel.

   

Tamén pegaron a foto do equipo e ordenaron as letras móbiles, para reconstruír o nome do mesmo... menos mal que o tiñan escrito no listado. 

 

   

Despios de escribir o nome dos integrantes de cada equipo, deron o traballo por rematado.

Así quedaron os paneis, unha vez rematados:

  

  

      

Rematado o traballo, chegou o momento de levar a cabo a primeira avaliación "figuro-analóxica", autoavaliando diferentes aspectos do seu traballo en equipo con emoticonas.

    

Xa nos veredes empregar estes nosos novos equipos cooperativos a partir de agora, nas diferentes entradas que publicaremos neste blog.

 

     

(2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre

Neste mes de outubro tería lugar o "Día europeo da Arte Ruprestre", polo cal o "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro" (PAAR), propúxonos participar nun obradoiro que tería lugar no colexio o día 10. Así o marcamos no noso calendario online para non esquecernos.

   

Pero antes de participar no obradoiro, tiñamos que crear as "vesións rupestres" de tres xogos de mesa: un xogo de memoria (Memory), o Dobble e o Lince.

Despois de descubrir que era o PAAR, os petroglifos e outros elementos da arte rupestre, estabamos listos para poñernos mans á obra.

    

O primeiro foi lembrar as normas dos tres xogos e xogar con eles para descubrir o seu funcionamento. Deste xeito xa poderíamos facer unha versión rupestre dos mesmos.

   

Coas ideas claras, puxémonos mans á obra para crear as tres versións dos xogos, buscando e internet, imprimindo e escollendo as diferentes imaxes "rupestres" que levaría cada un deles.

    

Traballando todos e todas xuntos/as, chegando a acordos e repartíndonos o traballo, demos conta de tan ambicioso obxectivo.

    

Cos tres xogos xa listos, só nos restaba escribir entre todos e todas o nom de cada xogo para pegarllo na súa caixa, e así poder identificalos.

 

    

Non podíamos esquecernos de redactar as instrucións de cada un dos xogos, onde explicamos como poder usalos.

   

Novamente, colaborando entre todos e toas demos conta do recado.

   

E así de fantásticos quedaron os tres xogos "rupestres" unha vez rematados.

   

Usando estes xogos, xunto a todo o que están a elaborar o resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, a proposta do PAAR, crearemos algo "fantástico nos vindeiros meses". Como é unha sorpesa....  non podemos contarvos nada polo momento ;)

   

Obradoiro organizado polo PAAR:

Cando chegou a data que tiñamos sinalada no calendario online, tal como vos contamos anteriormente, participamos nun obradoiro "rupestre" oganizado polos traballadoes e traballadoras do Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro.

   

Pasámolo xenial, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Moi pronto xa vos contaremos o que imos facer cos "xogos rupestres", como sempre poderedes lelo neste mesmo blog.

  

(2023-2024) Novas compañeiras e compañeiros, novo curso, novos retos... nova entrada do blog!

Benvidos e benvidas de novo ao blog de EI1! Estamos de volta para dar inicio ao curso 2023/24. Este curso vai estar cheo de novidades e de sorpresas, e a través destas publicacións poderedes seguir cada unha delas. Outras vías polas que podedes seguir as nosas publicacións, é o noso Facebook e tamén o noso Instagram: @ceippedroantoniocervino

O primeiro, e unha das cousas máis importantes este mes, é que recibimos a novos compañeiros e compañeiras. Así que os primeiros días de clases, dedicámonos a ensinarlles o cole, axudarlles a sentirse como en casa, explicarlles como funciona o colexio... E por suposto, xogar en grupo!

Para descubrir os diferentes espazos do colexio, fixemos unha búsqueda de pezas dun crebacabezas moi especial por toda a escola. Todos os días apareceron unhas pegadas nas portas das nosas aulas, que nos levaban a aulas distintas onde se agochaban algunhas das pezas que buscabamos. Foi moi divertido, e ademais de pensar para resolvelo, puidemos ver como aínda que todos e todas somos diferentes, como pezas dun crebacabezas, podemos encaixar perfectamente.

Fixemos tamén outras actividades de benvida, coma elaborar un marco de fotos onde lucir a foto que nos sacamos o primeiro día de clase. Para facelo utilizamos cartulinas, purpurina (tranquilidade, nese momento era legal), pasta, cola blanca, cores... En resumo, un pouco de todo. Inlcuso fixemos unha visita ao supermercado para escoller o tipo de pasta que queríamos usar!


Pouco a pouco, tamén retomamos as rutinas do día a día na aula. Neste aspecto, os alumnos e alumnas de 6º de EI tiveron un papel moi importante, pois axudaron aos más pequenos a comprender e participar en todas é cada unha delas. Dentro de nada, xa o terán máis que controlado.

Tamén estamos a elaborar o noso horario semanal con miniaturas de cada unha das actividades que facemos cada día no cole. A elaboración aínda está en proceso, pero moi pronto poderedes telo en casa para saber o que toca facer cada día!

Outra actividade en proceso, é a elaboración de normas da aula. O primeiro, e máis importante, foi reunirnos para acordar cales serían e que é o que sucede cando non se cumplen as normas. Agora, unha vez dramatizadas, pasaremos a escribilas para colgar na nosa aula.

Por suposto, xogamos moito coa plastilina, unha das mellores actividades para mellorar a motricidade fina dos máis peques; ao mesmo tempo que lles damos a oportunidade de expresarse de xeito creativo.

Tamén celebramos o primer cumple de este curso, o cumple da nosa compañeira Carlota. Aquí xa non importaba canto tempo leva cada un no cole, todos o pasaron xenial elaborando a tarta e colaborando para organizar a festa de aniversario.

Pintamos moito, moito, moito con témpera; de feito ata o profe ten as lavadoras que non dan feito con tanta roupa manchada de cores. Pero como podedes ver, non nos podemos resistir cando temos a oportunidade de crear con este material.

Fixemos varias visitas a biblioteca, onde o profe le contos aos nenos... pero ollo! Que tamén se fai de forma autónoma, de feito todas as semanas facemos debuxos dos nosos contos favoritos para decorar este espazo.

Elaboramos as bandexas para a merenda, escollendo cada neno e nena a foto que máis lle gustaba. Os temas favoritos foron os zombies e os raposos... Medo me da o proxecto que van a escoller este ano!

Non deixamos a lectoescritura de lado, e para ir aterrizando pouco a pouco, empezamos con algúns xogos sobre as vocais. Deste xeito, presentamos a temática aos nosos compañeiros e compañeiras novas, e ao mesmo tempo serviu de repaso para os maiores.

E con isto remata a entrada de setembro! Outubro ven ben cargado de traballo e cousas que facer, así que estade atentos ao blog e as nosas redes sociais porque as sorpresas so acaban de comezar.

(2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de setembro

No mes de setembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os primeiros aniversarios do curso, nesta ocasión só CARLOTA cumpría anos, así que foi a encargada de escoller unha tarta do libro de receitas.

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que covidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.

   

Coa axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos demais nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedaou fantástica!

       

Tamén decorou a súa coroa de aniversario.

   

Cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparamos a tarta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

     

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

 

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

     

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".

   

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

    

Rematamos esta primeira do curso festa con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.

 

No vindeiro mes de outubro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

  

  

(2023-204) Xa temos novas normas da aula... así as acordamos e refixemos

Despois de todo traballo que fixemos nos primeiros días de curso, que podes ver na seguinte entrada, chegou o momento de acordar e refacer as normas da aula:

  

O primeiro que fixemos foi ir anotando as normas que pensabamos necesitar, todo aquilo que si podemos facer no colexio e o que non debemos.

         

Por equipos pintamos tantos cadrados de cores como normas escribíramos, o difícil foi pintar sen "entrar" no cadrado do compañeiro ou compañeira, pero traballando de forma coordinada e dialogada démolo conseguido.

   

Dramatizamos cada unha delas para poder ter unha fotografía na que, como actores, se contase cada norma.

    

Pegamos cada unha das fotografías, dramatizando as normas, en cada un dos cadrados que pintaramos.

   

Escribimos debaixo de cada unha delas, o texto que acordáramos para cada norma, separando as diferentes palabras cando era necesario. 

      

Entre todos e todas demos rematado o noso novo panel de normas, para este curso, en Infantil 2.

 

    

Puxémolas no lugar no que estaban as normas acordadas no curso anterio, agora xa podemos consultalas sempre que queiramos ou necesitemos.

     

Reproducimos as mesmas normas "en pequeno", para poder levalas para casa, e contarllas ás nosas familias. 

 

Había que pegar cada imaxe no cadrado de cor que lle correspondía, tal como figuraba no "gran panel das normas".

Fixándonos na orde, e na cor de cada unha, tamén o demos conseguido. 

      

Tan só faltaba engadirlle o texto que se correspondía con cada unha delas.

  

Por fin estaban listas para poder levalas ás nosas casas.

    

   

(2023-2024) Así nos foi nos primeiros días do curso en Infantil 2... queres ver todo o que fixemos?

Durante estas dúas primeiras semanas do curso, sucedeu todo isto en infantil 2. Como podes ver fixemos unha chea de cousas:

Exploramos os recantos da aula cos novos compañeiros e compañeiras

  

Sen esquecernos do patio, por suposto.

   

Creamos novas bandexas para merendar, para o que cada quen tivo que "buscar" a imaxe do que quería pegar na mesma, imprimila e pegala na súa bandexa.

   

Así de fantásticas nos quedaron, e xa puidemos estrenalas para verificar "a súa calidade" ;)

 

   

Creamos os "carnets QR" de cada un de nós, que empregaremos para facer "unha chea de cousas" ao longo da xornada: rutinas do encargado, préstamo da biblioteca... (Descobre todo o que facemos con este carnet desde aquí

      

Por quendas fomos levando a cabo as rutinas do encargado ou encargada... É unha grande responsabilidade posto que ten que levar a cabo unha chea de tarefas ese día ;)

    

Cambiamos a foto de grupo, que tiñamos na porta, por unha onde saían tamén os novos compañeiros. Por suposto cos nomes de todos nós.

   

Tamén levamos a mesma foto decorada para as nosas casas, na cartolina da cor que cada quen escolleu.

   

Completamos o "horario semanal" deste curso, con imaxes dos mestres e mestras que veñen cada día, ou con iconas identificativas. Deste xeito nas nosas casas saberemos que "nos toca" ese día antes de vir ao "cole".

   

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos cada venres para as nosas casas. Tivemos que axudarlles aos novos compañeiros a facelo, ata que aprendan a facelo eles pola súa conta;)

    

Amosamos aos novos compañeiros tódalas dependencias do colexio, ás que iremos ao longo do curso. Xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, fomos seguindo unhas pegadas cada día, para atopar as pezas dun puzzle.

    

Cada día, as pegadas levávannos ata un lugar diferente do colexio, onde atopamos diferente pezas dun puzzle, nas que saían as nosas caras. 

 

   

Co paso dos días démolo completado.

   

Antes de que remate o mes de setembro, aínda nos quedan por reelaborar normas da aula, facer os novos equipos cooperativos e moito máis.

Poderedes descubrilo todo, nas sucesivas entradas que iremos publicando neste blog.

    

(2023-2024) Xa estamos todos e todas aquí... comezamos un novo curso

Comezamos un novo curso en INFANTIL 2, dando a benvida a dous novos compañeiros.

Queres saber quenes estaremos este curso nesta aula? Podes descubrilo de seguido:

KARINA  ÓSCAR (PROFE)  CARLOTA   NORA    BREIXO   ELOY

JESÚS    XOEL     JOEL    MARTIÑO. 

   

Nas vindeiras remanas xa vos iremos contando tódalas aventuras nas que nos imos meter ao longo deste curso.

Agardamos visites este blog, a miúdo, para descubrir todas elas.

   

    

(2022-2023) Despedimos o curso coa entrada de xuño!

Por fin chegou xuño! O que significa que  terminamos coas entradas do blog ata o curso que ven. Así que non perdemos máis tempo, e imos cun breve resumo de todo o que estivemos facendo este último mes de cole.

Este mes nos puxemos especialmente artistas, e ademais de sacar moito o pincel a relucir; tamén pintamos sobre distintas superficies. Cartulina, platos, cartóns... Rematando de aprender diferentes técnicas de expresión artística para a actividade que imos amosar a continuación.

Para rematar os nosos proxectos artísticos, levamos a clase todo tipo de material: témpera, recortables, rotuladores, revistas, ferramentas de estampado...e as combinamos para pintar o noso primer cadro. Así que coa única norma de que no hai ningunha directriz que seguir, cada un creou o seu cadro ao seu gusto. Aquí tedes algúns dos resultados.

Este último mes, reforzamos o traballo de lateralidade e aprendemos a identificar a dereita e a esquerda dun xeito moi divertido. Por suposto, grazas a profe Zaira, trouxemos un Twister a clase que nos deu moito xogo e co que nos rimos un montón.

Tamén celebramos os cumples de xuño e do verano, polo que podedes imaxinar a festa que montamos. Os compañeiros e compañeiras: Julia, Manuel, Breixo, Germán e Matías apagaron as velas, e todos xuntos zampamos a deliciosa tarta que preparamos o día anterior.

Outro momento que nos encantou, foi a visita dos nenos e nenas da Galiña Azul á escola. Preparamoslle de agasallo un marco cunha foto que nos sacamos ese mesmo día, e os levamos a explorar o colexio e o noso patio. Estamos deseando que chegue septembro para compartir clase con eles e elas!

Rematamos de coidar o invernadoiro, de feito podedes ver que foi un auténtico éxito. As cenorias creceron un montón, e aínda que podían estar un tempo máis, ao final poidemos levar a casa un bo puñado delas!

Repartimos as papeletas de voto para o noso concurso de fotografía do arco da vella, que se celebrou durante o Cervifest organizado polos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º. Ao final, tras un reconto moi reñido, a gañadora foi a nosa compañeira Julia. Moitas grazas a todos por participar!

Os últimos días de cole, tamén se organizaron no cole unha serie de obradoiros. Como parte dos mesmos, a nai de Matías e Lara visitounos para contarnos un conto, fixemos chaveiros, pintamos utilizando limpiacristais, fixemos xogo motores... Foi super divertido!

Tamén participamos nunha xincana para atopar un tesouro en San Antoniño. Foi dificil, tivemos que andar un montón, pero o resultado valeu a pena, xa que ao final conseguimos atopar o cofre co noso premio correspondete. Somos expertos no arco da vella, pero tamén exploradores profesionais.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.