Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2009-2010) ¿Queres ver a nosa árbore xigante do outono?

Un día no patio descubrimos que a nosa árbore, á que en cursos anteriores lle fixeramos fotos, estaba comezando a ter follas no chan.

Algúns comentaron que xa era o magosto, e por iso era de cor marrón, pero só eran marróns as do chan (abaixo), as que estaban nas árbores eran aínda verdes (arriba) 

Como había tantas pensamos en levalas para clase e facer alí unha árbore xigante.

Alí tamén descubrimos un paxaro morto no chan, e outros voando xuntos "como se escaparan". ¿Que estaba a suceder?, xa o contaremos outro día, cando rematemos a nosa investigación que comezamos sobre os paxaros.

 

Primeiro fixemos unha lista do material que necesitabamos para facer a árbore xigante.

Cando xa tiñamos o papel, descubrimos que era moi longo e sobraba na parede. ¿como podiamos saber por onde cortar o papel?. Despois de tentar varias "teorías", ó final decidimos empregar un metro.

 

Cortamos o papel pola marca feita co metro, xa tiñamos a medida xunta que necesitabamos.

 

Puxémonos mans á obra para pintar a árbore, o tronco sería de cor marrón, igual que os que tiñamos no patio.

 

Chegou o turno de recortalo, ata os de tres anos (con axuda dos maiores) foron capaces de cortar unha parte da árbore.

 

Co tronco xa pegado na parede, chegou o turno de pegar as follas. Despois de falar entre todos sobre onde colocar as de cor marrón e onde colocar as verdes, lembramos que as marróns estaban abaixo (no chan) e as verdes arriba (na copa)

 

Así quedou a nosa árbore rematada

 

Como nos sobrara papel por equipos fixemos nubes e un sol, e algúns paxaros, que xa vos contaremos a onde van cando rematemos "de investigar o misterio".

 

¿Onde marcharon os paxaros? ¿Por que marcharon?... moi pronto vos contaremos os resultados da nosa investigación (proxecto de traballo)

(2009-2010) Celebrámo-lo Magosto

Como cada ano, participamos na festa do Magosto que organizamos no colexio. Pensamos en facer tamén o cesto para as castañas do magosto, tal como fixeramos o curso pasado.

O primeiro foi escribir entre todos a nota para levar a casa, pedindo todo o que iamos necesitar, logo cada quen a escribiu nun folio.

 

Ó día seguinte xa tiñamos na clase todo o que necesitabamos.

 

Cada quen decidiu decorala como quixo, pero ó final a todos nos gustou a idea de pegarlles unha castaña xigante. Ata os máis pequenos, de tres anos, foron quen de facer a súa cesta.

 

Así quedaron as nosas cestas, preparadas para o día do Magosto.

 

Antes de ir a comer as castañas asadas, participamos nos xogos no pavillón.

 

Sabiamos o que tiñamos que facer, gracias ó video que xa vos ensinamos e que podes ver aquí. 

(2009-2010) Polo Samaín... pasámolo de medo

Días antes da festa do Samaín comezamos a traer as cabazas decoradas, para participar no concurso. Como algunhas viñan sen preparar decidimos facelas entre todos, xunto coas cabazas que trouxeron os profes para facer entre todos.

Xuntámonos as dúas aulas, para facelas entre todos e todas.

 

Despois de debuxar como queriamos facer a nosa cabaza, pensamos que coas tesoiras poderiamos cortala, pero era demasiado dura, e tivemos que pedir os mestres que o fixeran cun coitelo, como o viran facer na súa casa algúns dos compañeiros/as.

 

Xa  cortada, chegou o turno, despois de organizarnos para facelo en cada grupo, de valeirala, estaba un pouco duro e ó final facelo coas mans foi o máis doado.

 

Así quedou a nosa cabaza, que puxemos xunto ás demáis que os compañeiros e compañeiras foran traendo das súas casas.

 

Cando rematamos chegou o turno de limpar todo o que enlixamos valeirando as cabazas.

 

Outro día participamos no pintado, entre tódolos nenos e nenas do colexio, dun castelo xigante "de medo", na sala onde iamos a celebrar a festa do Samaín.

 

Para que todos atopasen ben o sitio, pensamos e facer un cartel para poñer enriba da porta da entrada. Co rodillo foi moi doado pintar as letras do cartel.

 

Así quedou o noso cartel, xa pendurado no seu sitio.

 

E chegou o día da festa do samaín, o día 30 de outubro.

Ese día alguén chamou á nosa porta, e cando fomos a abrir a porta alí estaban dúas bruxas...

 

E tamén un esquelo, que veu a visitarnos.

Algúns tivemos medo, pero logo descubrimos que eran as profes Merce, Loli e Vanessa, e rímonos moito coas falcatruadas que facían.

 

Cando as bruxas marcharon a asustar a outros compañeiros e compañeiras, pensamos que tamén nos podiamos difrazarnos e "dar medo". Álvaro foi o primer voluntario. Pasámolo moi ben facendo de "monstruos"

 

Logo na sala onde estaba o castelo Xigante, descubrimos que estaba todo escuro, e alí os mestres nos contaron un conto "de medo", pero o final era divertido.

 

Bailamos unha canción de medo, e tamén vimos as cabazas que trouxeron tódolos compañeiros, eran moitísimas.

 

Antes de saír, cada un escolleu a súa cabaza favorita, que tiña un número anotado, e puxémolo nun papel. Mentras saiamos iamos metendo a nosa "papeleta" nunha caixa, que tiña a "bruxa".

 

Cando estabamos no patio, foron aparecendo e paseando por alí: bruxas, pantasmas, mónstruos... pero non vos asustedes eran nenos "maiores" disfrazados. Eran moi simpáticos, algún ata nos deixou o seu disfraz para poñelo nos.

 

Cando voltamos, e antes de marchar para casa, pintámonos a cara de vampiros, pantasmas, bruxas e mónstruos... foi mo divertido xogar a asustarnos.

 

Pouco antes de marchar a profe Merce, xa sen traxe de bruxa, veu a dicirnos que xa sumaran os votos de tódolos nenos e nenas do colexio, e xa se coñecían que cabazas tiveron foron as que máis gustaron.

En infantil a de Ana foi a que máis votos tivo, démoslle un aplauso para felicitala.

 

 

 

(2009-2010) Deseñamos e preparamos o noso "xogo do Magosto"

Como cada ano, polo Magosto, temos xogos no pavillón. Este ano pensamos en facer este percorrido, cunha castaña na man, que o final temos que encestar nunha caixa.

Para que non se nos esqueza como é, e para que os demáis compañeiros de infantil, e de Cerdeiras, saiban o que hai que facer en cada un dos obstáculos, fixemos este vídeo.

Inés, que era a encargada, foi voluntaria para ser a "deportista" do vídeo.

Un aplauso para ela!!!

(2009-2010) Refacemos as normas cos novos compañeiros/as

Como este curso temos na aula novos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos, pensamos que deberían coñecer as normas que tiñamos o curso anterior, mais cando chegamos o primeiro día descubrimos que xa non estaban, porque desapareceran cando ampliaron a aula.

Por iso decidimos facelas novamente, lembrando algunhas das que tiñamos o ano pasado e poñendo ademais outras novas que foron idea dos novos compañeiros/as.

Primeiro escribímolas no encerado entre todos, e logo coa cámara de fotos "fixemos teatro" dramatizando as accións que se podían e non se podían facer na aula.

Por equipos fómolas pegando no mural escribindo debaixo a norma que representaba.

 

Cada cousa no seu lugar.

Tamén nos demos conta de que os novos compañeiros, sobre todo os pequenos de 3 anos, non sabían como "recoller os xoguetes" e onde ía cada cousa nos andeis. A un dos compeiros ocurriúselle poñer fotos das caixas e dos xoguetes, deste modo xa saben onde teñen que "recoller" todo o que empregaron.

 

Agora todo queda recollido despois de xogar.

(2009-2010) Temos novos compañeiros/as... e unha aula nova.

Este ano na aula de Educación Infantil 2 estamos 13 nenos e nenas, despois de que varios dos nosos antigos compañeiros e compañeiras marchasen a primeiro.

¿Queredes coñecer os nosos novos compañeiros/as? 

HUGO     DIEGO    JAVIER  JAVIER  INÉS  MARTÍN  AINHOA   ÓSCAR

JESSICA   ASHLEY  MARCOS    IKER   JAVIER   ÁLVARO

 

Ademáis este ano a nosa aula "medrou" e agora é máis grande, ó desaparecer unha das paredes que había antes. ¿Queres ver como cambiou?

Os primeiros días estivemos ordenando a aula, que estaba todo desordeado despois das vacacións de verán. 

Deixamos xa preparado o sitio para o noso ordenador, cando o teñamos, porque nos roubaron o que tiñamos na aula o curso pasado.

 

Algúns se encargaron de ordenarar a biblioteca

 

Esta é a nova parte da aula, antes aquí tiñamos unha parede, agora temos a casiña e unha zona mellor de xogos.

 

Así era antes a nosa aula, cambiou non si?

 

Outros adicáronse a voltar a poñer os rexistros na aula, non foi nada doado pegar cada número no seu sitio, pero ó  final fomos capaces de facelo.

 

(2008-2009) En busca do tesouro - fin de curso

O último día de clase participamos na "busca dun tesouro" que organizaron os mestres Ángela e Oscar, a profe Merce veu tamén a axudarnos co xogo. Contáronnos que esconderan un cofre cun tesouro no colexio, e que se seguíamos as pistas o atoparíamos.

Antes de nada Nerea leunos as normas do xogo, unha a unha fómolas comentando e aceptando. Se queres ler as normas podes descargalas abaixo de todo.

 

 

Logo chegou o turno de facer os tres equipos, cada quen buscou a tarxeta do seu nome. Como cada unha tiña unha cor distinta pensamos que había que xuntarse por cores, e así logramos ter os tres equipos.

 

O EQUIPO VERDE

 

O  EQUIPO VERMELLO

 

O EQUIPO AZUL

Por sorteo (cunhas ceras das mesmas cores que os equipos) decidimos que profes ían ir con cada equipo. Ó final Ángela foi co equipo Verde, Merce co equipo azul e Óscar co vermello.

 

A primera pista estaba pendurada na clase. Por diante tiña un debuxo, e por detras escrita unha palabra

Tiñamos que ir ás aulas de inglés (o equipo azul), biblioteca (o equipo verde) e música (o equipo vermello)


Cando chegamos ás aulas, descubrimos que estaban cheas de globos de cores (pero non da nosa cor), pensamos que a pista debería estar dentro deles, así que comezamos a estoupalos (co pe, co cu, coas mans...)

 

Dentro do globo atopamos a seguinte pista para atopar o tesouro, era unha fotografía dunha parte do colexio (pista de baloncesto, columpios e árbores)

 

Marchamos para os sitios que indicaba a foto e puxémonos a buscar a seguinte pista, despois dun tempo descubrimos "pezas dos xogos da clase", era unha pista un tanto "extraña"

 

Coa peza na man, pensamos que habería que voltar á aula e poñelas no seu sitio, efectivamente alí dentro había unha nova pista.

 

Era o título dun libro, dentro do cal atopamos a seguinte pista que nos levaría a atopar o tesouro.

A nova pista custounos un pouco descifrala, eran "moitos ratos de ordenador", ó final descubrimos que había que ir a onde houbera moitos "ratos"... á aula de informática.

 

Alí atopamos que en tres monitores había algo escrito, eran nomes de profes do colexio... seguro que a seguinte pista a tiñan eles.

 

Tivemos que buscar ós profes Tirso, Blanca e Bernarda, e era certo, eles tiñan a seguinte pista.

 

 

Era unha pista un pouco "rara", que habería que facer con ela e ¿por que tiña un número 21?, menos mal que por detrás viña escrito o que tiñamos que facer.

 

Había que construir unha torre do número de pezas que indicaba a tarxeta (21) e que non caese, eso si podiamos agarrala entre todos e todas para que non se derrumbase.

Non foi nada doado poñer 21 pezas xustas, tivemos que contar e ir poñendo e quitando ata que a torre estivese como indicaba a pista.

Cando rematamos a torre descubirmos que no encerado estaba a última pista, esperamos polos demáis equipos e entre todos tentamos lela e resolvela.

 

Fomos ó cuarto onde van os profes "cando marcha a luz" para arreglar o problema, e alí atopamos o "cofre do tesouro"

 

Sara, que descubriu á solución da pista final, colleuno e ensinoullo ó resto dos compañeiros/as

 

Dentro había unhas pequenas cartolinas azuis cunha palabra escrita e un debuxo, deulle unha a cada un...

Descubrimos que poñía XEADO e diante tiña un debuxo dun xeado... ESE ERA O TESOURO.

 

Cambiamos o noso vale por un xelado de verdade, estaban boísimos.

 

Tamén fixemos unha festa para despedir o curso.

Ata o curso que ven

 

 ¡¡BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!

 

 

(2008-2009) Recibimos unha carta de "agradecemento" polos nosos sacapenas

Uns días antes de rematar o colexio recibimos un carta, era un pouco rara, porque parecía que dentro tiña algo porque viña "gordiña".

Miguel que era o encargado ese día foi quen a abriu, descubirmos que viña dun colexio chamado "A Rúa" de Cangas, que queda un pouco lonxe do noso cole.

Según nos contaron os profes Óscar e Ángela, ese cole foi o primeiro que tivo a idea de enviar os sacapenas a Gaza.

¿Para que nos mandarían unha carta?

 

Dentro viña unha carta onde nos daban as GRAZAS por enviar os nosos sacapenas, cunhas palabras moi bonitas, ata descubirmos que viña escrito Grazas en árabe, como a carta que enviamos cos sacapenas.

 

Pero sabedes algo?... dentro viña unha sorpresiña xunto á carta, por iso era tan "gordiña", un pequeno sacapenas para nos... fíxonos tanta gracia que llo ensinamos (xunto ca carta) ós nosos compañeiros de primeiro que tamén enviaron os seus sacapenas.

 

En nome dos nenos  e nenas de infantil do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño, grazas por enviarnos esta carta que nos fixo tanta ilusión, e noraboa a tódolos que, coma nos, participaron no proxecto de "sacapenas para Gaza".

http://sacapenasparagaza.blogspot.com/

Estos son os sacapenas que enviaron a tódolos centros participantes, e que foron publicados no blog dos sacapenas.

 

(2008-2009) Preparamos a nosa excursión de fin de curso investigando

Cando plantexamos que iamos facer unha excursión ó final do curso para visitar un zoolóxico e un porto, xurdiron moitas preguntas sobre o que poderiamos ver e facer neles.

Para atopar a resposta ás nosas preguntas iniciamos un proxecto de investigación sobre "a nosa excusión", onde descubrimos e atopamos respostas ás nosas preguntas

O primeiro foi escribir entre todo O QUE SABIAMOS da excursión que iamos facer, tivemos que organizarnos no espacio do mural para poder anotar todo o mundo "os seus coñecementos previos" sen repetir os xa escritos polos compañeiros.

 

Estas foron tódalas "cousas" (organizados) que sabiamos sobre a nosa excursión;

 

Logo escribimos entre todos O QUE QUERIAMOS SABER, ou o que é o mesmo as preguntas que xurdiran ó principio (algunhas delas xa con solución ó escribir o que "sabiamos entre todos"), e outras moitas que foron xurdindo.

 

Xa coas preguntas organizadas, porque había moitas que se repetían ou que se descubrirían cando atopásemos a resposta a outras, chegou o momento de pensar ONDE PODERAIMOS ATOPAR A INFORMACIÓN, como xa fixeramos moitos proxectos de traballo ó longo do curso, as ideas xurdiron rápidamente.

Por primeira vez atopamos unha fonte de información que nunca usaramos, o calendario, xa que necesitabamos saber "que día sería a excursión", menos amal que a Ainhoa se lle ocurriu que seguramente o saberiamos mirando no calendario, onde sempre están anotadas as "cousas" que van a pasar.

Xa con todo preparado chegou o momento de ORGANIZAR O TRABALLO E COMEZAR A INVESTIGAR.

Un equipo investigou sobre se existían os tigres, atoparon un libro de animais onde aparecían nunha foto, apoco que acordamos que si existían.

 

Outro dos equipos investigou ¿cando era a excursión?, buscando no calendario atoparon que estaba anotado, xunto ó número 12 do mes de xuño a palabra ZOO e PORTO, asi que chegaron a conclusión que ese día debería ser a excursión, ademais contaron (cada día desde entón) os días que faltaban para a excursión.

 

Outro dos equipos adicouse a buscar ¿onde estaba o zoo e o porto?, no ordenador atoparon que estaban en VIGO, porque na web do zoo (que nos axudou a atopar o mestre) apararecía esa palabra "Vigo"

 

Por último outro equipo tentou atopar resposta a outras dúas preguntas, como iamos chegar ata alí e quen ía conducir .

O libro do "autobús Chus", que tiñamos do traballo sobre educación víal do curso pasado, foi moi útil.

 

Cada equipo foi anotando no mural os descubrimentos que ían facendo, para logo poder explicalos ó resto do grupo e así responder as preguntas plantexadas.

 

Para algunhas das preguntas investigamos entre todos, por exemplo para saber ¿que animais iamos atopar?. Para investigalo, usando a web do zoo que atoparamos outro día, e proxectando na pantalla de "usos múltiples",  tentamos "ler" o que poñía debaixo da foto de cada un dos animais.

Tamén atopamos un plano do zoo coa localización dos anmais, o mesmo plano que atopamos na visita ó zoo, así poidemos saber onde estaba cada animal, tan só había que buscar o número que tiña ó lado seu nome e buscalo no plano

 

Un día que subimos á aula de informática, descubrimos no encerado interactivo, ¿que era un porto? e ¿como se facían os barcos?.

Primeiro buscamos no diccionario que era un PORTO, descubirmos que neles había barcos, pero seguro que en internet atopariamos máis información

Poñendo a palabra PORTO (que tivemos que escribir pensando entre todos) apareceron moitas fotos do que nos pareceu un "aparcamento para barcos".

Tamén atopamos imaxes de peixas nun lugar chamado "lonxa", e chegamos á conclusión de que os barcos ían ó porto non só a "atracar" (que é como se chamaba realmente), sino para deixar os peixes que pescaron, e logo vendelos na lonxa.

Como tamén queriamos saber como se construia un barco o profe investigou en internet, e atopou un vídeo que amosaba "moi rápido" como se constrúe un barco. Podes atopalo na videoteca desta web, ou directamente miralo desde aquí.

Ademáis de no mural, fixemos o noso dosier con todo o que fomos descubrindo para levalo para as nosas casas.

 

Así quedou o noso mural da investigación, xa estabamos preparados para irnos de excursión.

Cando viñemos de volta, pegamos fotografías da viaxe e escribimos as cousas que miramos.`

Podes ver unhas poucas fotografías da visita ó zoo, a un monte en Arcade e ó aeroporto, na galería fotográfica desde aquí.

Nota: Debido á folga dos traballadores do sector do metal, non foi posible realizar a visita plantexada ó porto (quedando prevista para máis adiante) trocándoa por unha visita ó aeroporto e a un monte de Arcade. A visita ó zoo mantívose como estaba previsto.

(2008-2009) Xa temos as nosas zambombas

Fai unhas semanas participamos no colexio nun obradoido de instrumentos tradicionais galegos.

Alí Dionisio contounos moitas cousas interesantes sobre eles.

 

Logo cada un foi facendo a súa zambomba, co bote que trouxera da casa.

 

Pero como éramos "moitísimos" non nos deu tempo, así que Dionisio prometeunos que nolas traería feitas nuns días.

Agora xa as temos aquí e podemos levalas para casa, fan un son un pouco "raro", pero divetido.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.