Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

(2018-2019) O porcoespín Serafín manda que traiamos posto....

Para o XOVES os de 5º e 6º escolleron que viñéramos co disfraz que quixéramos.

 

 

Para o MÉRCORES os de 3º e 4º escolleron vir cun zapato diferente en cada pe.

 

Para o MARTES os de 1º e 2º elexiron que todos viñéramos coa cara pintada...

 

Para o LUNS os de INFANTIL decidiron que traiamos posto ó colexio...

 

 

(2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora

Coa chegada do mes de decembro comezamos a decorar os nosos corredores con motivos de Nadal, para celebrar a chegada desta sinalada data.

Así decoraron o corredor os nenos e nenas de infantil.

 

 

No andar superior  optaron por esta decoración.

 

O resto do corredor do andar inferior quedou así decorado.

 

 

Ata a nova mascota da Biblioteca "O porco-espín Serafín" puxo as súas mellores galas.

 

Os días 20 e 21 de decembro celebramos o noso tradicional Festival de Nadal. O primeiro día só para os compañeiros e compañeiras e o seguinte día para as familias.

 

Velaquí o programa de actuacións:

Os presentadores de 6º foron dando paso ós diferentes números:

 

Os de infantil de 5 anos representaron a obra "A min non me comas na noite de Nadal"

 

Infantil de 3-4 anos bailaron "Buscando Papa Noel a árbore de Nadal"

 

En 1º e 2º axudaron a Santa Claus e os seus renos coa obra de teatro "Rudolph"

 

Seguido dunhas cancións en inglés

 

A "Danza das horas" correou a cargo dos compañeiros e compañeiras de 3º.

 

 

Pola súa banda os de 4º interpertaron "Estreliña onde estás"

 

 

O teatro "Conto de Nadal" chegou da man dos compañeiros e compañeiras de 5º.

 

Quenes tamén nos agasallaron cun baile. 

 

 

Seguido dunha canción creada por unha das compañeiras. 

 

 

Os compañeiros e compañeiras de 6º interpretaron a peza instrumental "First Noel"

 

 

Seguido dun baile moi "navideño"

 

 

E como remate de festa, "e por sorpresa", os profes bailaron o "burrito Sabanero", na que rematamos todos no escenario.

 

Ó finalizar o curso, como cada ano, no DVD que vos entregaremos poderedes atopar todas estas actuacións.

 

Tamén recibimos a visita do Apalpador e da Apalpadora, o día 21, xusto antes de que chegasen as vacacións de Nadal.

 

Como despedida regaláronnos unhas landras para que plantemos carballos, xa que eles viven nos bosques.

 

Velaquí o agasallo que nos entregaron.

 

 

Todo o claustro de mestras e mestres deséxanvos unhas felices festas a todos e todas.

(2018-2019) Celebramos o Samaín cuns obradoiros e un concurso-exposición de cabazas

Coa chegada do Samaín o centro encheuse de pantasmas, morcegos, cabazas... ata convertirse nun lugar "terrorífico".

 

Todos e todas participamos na exposición-concurso de cabazas votando polas favoritas de cada un. Despois dun exhaustivo reconto xa tiñamos ós gañadores deste curso... o día da celebración do samaín daríanse a coñecer.

 

Podes ver o fantástica que quedou a exposición-concurso de cabazas no seguinte vídeo.

 

 

O día da celebración Samaín participamos nuns obradoiros terroríficos onde o pasamos de medo:

COCIÑA TERRORÍFICA:

 

FOTOMATÓN DE MEDO:

 

 

Podes ver tódalas fotografías que tomástedes no fotomatón nos seguintes álbumes, fai click e escolle o da túa aula:

ÁLBUM DE INFANTIL

ÁLBUM DE 1º-2º

 

ÁLBUM DE 3º-4º

 

ÁLBUM DE 5º-6º

 

 

MANUALIDADES ARREPIANTES:

 

 

MAQUILLAXE CURTAMETRAXES DE MEDO:

 


Rematados os obradoiros chegou o momento de coñecer ós elexidos por votación "como as cabazas preferidas", unha por cada nivel:

 

Para cada un deles houbo un pequeno agasallo

 

 

Tamén se repartiron os diplomas "ás cabazas máis..."

 

E para todos e todas un diploma por participar nesta fantástica festa do Samaín.

 

Podes atopar moitas máis fotografías da celebración do Samaín, de cada un dos obradorios e de todo o que sucedeu, na seguinte galería fotográfica:

(2018-2019) Celebramos o Samaín e pasámolo de medo [GALERÍA FOTOGRÁFICA]

 

 

 

(2018-201) FOTOMATÓN DO SAMAÍN: Podes atopar a túa foto terrorífica?

Entre os obradoiros cos que celebramos a festa do Samaín, estivo o do fotomatón terrorífico.

Fai click sobre a foto do teu grupo para escoller o álbum do teu curso de seguido, para ver tódalas fotografías que tomástedes.

Podes atopar a túa foto?

ÁLBUM DE INFANTIL

ÁLBUM DE 1º-2º

 

 

ÁLBUM DE 3º-4º

 

 

ÁLBUM DE 5º-6º

Descobre como nos foi nos restantes obradoiros, e durante celebración do Samaín na entrada correspondente deste mesmo blogue.

 

(2018-2019) Horario dos obradoiros e curtametraxes do Samaín 2018

 
ACCEDE ÁS CURTAMETRAXES DESDE AQUÍ :)
 
 
 
 

 

 
DESCARGA O HORARIO DOS OBRADOIROS DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NA SEGUINTE LIGAZÓN (OU NO ADXUNTO Ó FINAL A PÁXINA:
 
 
DESCARGAR: horario_samain.pdf
 
 
 
 
 
 
 
 
 

(2018-2019) Celebramos o Magosto!!!

Ao igual que o ano anterior, o pasado 22 de outubro, celebramos o Magosto na área recreativa de San Antonio. Debido ao éxito do ano anterior, decidimos repetir a xornada neste entorno excepcional, xa que reúne as características perfectas para pasar un día moi divertido. 

Comezamos a xornada cunha fermosa ruta de sendeirismo polo monte. A pesar que de que había algunha que outra pendente, os nenos/as camiñaron enérxicamente ata o alto de San Antonio.

Unha vez chegamos a área recreativa, deixamos un ratiño ao alumnado para que xogasen pola súa conta mentres preparabamos o circuito de xogos populares e asabamos as castañas.

Posteriormente realizamos un circuito de xogos populares dirixido polos alumnos/as de 6º curso, o cal foi todo un éxito debido a súa boa labor.

Despois de xogar tamén tivemos tempo para repoñer forzas e degustar as soborosas castañas!

Para rematar a xornada, volvemos camiñando todo o centro pola mesma ruta, pero neste caso "costa abaixo". 

Para o ano repetimos!

(2017-2018) Xa podes ver a nosa película: "3,2,1...Rodando libros", presentada esta tarde para as familias

Este curso, dende a Biblioteca escolar, estivemos a traballar a nivel de centro, nun proxecto de cine, que leva por título:"3,2,1...Rodando libros".

 

 

Como produto final,rodamos unha película entre todos os cursos, que proxectamos para as familias  o  MARTES 5 DE XUÑO ÁS 18:00H no SALÓN DE ACTOS do colexio.

 

 

 

A proxección para os alumnos/as será o día 21 de xuño en horario escolar.

Xa podes ver a película rematada de seguido.

 

(2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas

Este curso celebramos a semana das Letras Galegas descubrindo a vida e a obra da autora homenaxeada, María Victoria Moreno.

 

Os compañeiros e compañeiras de Educación infantil crearon un mural cunha das ssúas poesías, que falaba dun can, posto que lle encantaban os animais e estaban moi presentes na súa obra. Engadiron no mural fotografías cos nomes das mascotas de cada un deles.

 

Descubriron tamen a María Victoria Moreno os compañeiros e compañerias de primaria, a través de diferentes actividades levadas a cabo na aula.

 

Ó día seguinte da celebración das Letras galegas, organizouse un acto de celebración na Biblioteca do centro.

 

Nesa celebración algúns compañeiros contáronnos, a través dunah presentación, diferenetes momentos da vía e obra de María  Victoria Moreno.

 

 

Tamén asisitimos á interpretación de varias composicións musicais da tradición galega.

 

Os representantes da ANPA entregaron os premios do concurso Literario que organizaron, xunto coa colaboración do Concello e da editorial Kalandraka.

 

(2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018

Tal como vos comentamos nunha entrada anterior, para participar nas actividades do Salón do Libro 2018 creamos unha serie de libros sobre "mulleres de conto", que podes ver na seguinte ligazón:

24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo 

 

 

O 9 de abril puidemos participar nas actividades organizadas polo Salón do Libro 2018, onde puidemos ver o noso traballo, visitar a exposición e participar nunha serie de obradoiros.

Os de infantil asistiron a un contacontos sobre mulleres imporantes na historia.

Os de primeiro e segundo participaron noutra sesión de contacontos.

Os de terceiro e cuarto así como os de quinto e sexto participaron en cadanseu obradoiro.

Podes ver de seguido algunha fotografía da nosa visita.

 

 

 

Alí puidemos ver o noso traballo, na exposición, xunto ó dos restantes compañeiros e compañeiras doutros centros.

 

Podes ver tódalas fotografías da nosa visita e participación nas actividades do Salón do Libro na GALERÍA FOTOGRÁFICA, podes facelo directamente desde aquí.

Atoparás información  máis específica sobre cada curso,  nas entradas publicadas nos diferentes blogues da web.

Se queres visitar "O Salón do libro" de forma gratuita, podes consultar os horarios na seguinte ligazón:

www.salondolibro.gal

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.