quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto
Plan Director: concienciándonos en seguridade
Os días 3 e 10 de marzo, leváronse a cabo no centro charlas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.
Tratábase dunhas poñencias que formaban parte de Plan Director, implementado pola Garda Civil, e que teñen como obxectivo concienciar de maneira eficaz ao alumnado en temas relativos á súa seguridade, así como á convivencia no entrorno escolar.
Os temas a tratar foron: prevención de drogas, acoso escolar, bandas xuvenís e violencia de xénero.
Escoitamos con atención e non faltou tempo para que puidésemos aportar as nosas opinións ou plantexar as dúbidas que ían xurdindo.
Non cabe duda que foi interesante!!!
O Entroido na escola
Este ano, e seguindo o proxecto que dende a biblioteca escolar se está a desenvolver, o alumnado de 6º fomos caracterizados como "peruanos". Isto débese a que a nosa mascota da biblio, Dora, este ano vai de cruceiro, facendo escala nos lugares onde se atopan As 7 Marabillas do Mundo. Así pois, cada curso se ocupará de afondar no estudo de cada unha das "marabillas", e nós, adentrarémonos en Cuzco, Perú, para investigar sobre o emblemático e espectacular Machu Picchu.
Tocounos, entón, de ir de "peruanos" , e así lucimos.
Aquí estamos vendo o noso grupo co Machu Picchu por detrás. Impresssssionanteeeeee!!!!
E voltando ao Entroido, como en anos anteriores, o alumnado da escola ao completo, fixemos un desfile polo pobo, caracterizados como os habitantes dos lugares onde se atopan as 7 marabillas.
E visitamos tamén, como non, aos ao pequechos da Galiña Azul...
Unha xornada divertida e chea de diversidade!!!
A GARDA CIVIL NO COLEXIO
Dentro da programación do Plan Director, solicitamos unhas charlas para os alumnos/as de 5º e 6º organizadas pola Garda Civil, para que nos informaran ben sobre as consecuencias do consumo de drogas, sobre o acoso escolar, a seguridade en internet ou a violencia de xénero.
Aínda que a primeira vista nos impresionou ver a dous axentes na biblioteca, despois dun anaco xa nos fomos desprendendo dese sentimento, e nos entusiasmamos coas preguntas e as dúbidas que tiñamos...
BO TRABALLO!!!!
VISITA DA GARDA CIVIL
Dentro da programación do Plan Director están unhas charlas que organiza a Garda Civil para concienciarnos sobre o consumos das drogas, o acoso escolar, a seguridade en internet ou a violencia de xénero.
O día 3 tivemos os alumnos/as de 5º e 6º a primeira desas charlas...
Estivemos moi atentos ás súas explicacións, e tamén nos resolveron un montón de dúbidas que tiñamos...
Con "C" de coraxe: Dian Fossey e Jane Godall
Xa para pechar o curso, imos levar a cabo a nosa última tarefa do ano, estudaremos a dúas mulleres de bandeira: Dian Fossey e Jane Godall.
Comezamos, comentando, preguntando, especulando... un pouquiño sobre elas, e seguidamente, empezamos a busca de información.
Imos anotando os datos máis interesantes...
Unha vez recollida á información, imos pasándoa a limpo.
Xa rematada a primeira parte da nosa tarefa, busca de información, selección da mesma, redacción dos nosos textos, ilustracións... É o momento de visualizar un vídeo moi ilustrativo sobre a labor destas dúas mulleres!
E agora chega o momento de expoñer o noso traballo ante o "gran público", é o noso produto final!
Para elo, convidamos ao alumnado da escola, dende 1º ata 6º, á nosa aula para, alí, expoñer oralmente o traballo desenvolvido.
Acomodádevos todos!!!
O primeiro é ir explicando todo o que fixemos para, seguidamente, presentar a interesante vida destas dúas mulleres. Todos os nenos da clase imos facendo a nosa pequena exposición oral...
Para rematar, vemos uns vídeos moi emotivos sobre a vida dos gorilas, con momentos moi divertidos!
Tamén nos amosan un vídeo onde vemos a liberación do chimpancé Wounda, por Jane Godall. Este "tocounos a fibra" especialmente...
E aquí remata o noso traballo!
Bo verán a todas e todos!!!!
María Sabarís
REVISTA DIXITAL " O CERVO"
Ola de novo a tod@s:
Queremos recordarvos a tod@s que este curso foi habilitada na biblioteca unha zona de investigación e redacción para o periódico escolar que por 1º vez se levou a cabo en formato dixital coordinado polo noso grupo de "xornalistas en acción en busca de información".
Escribimos varios artigos tendo en conta as seccións e colaborou con nós xente do entorno, varios persoeiros entrevistados, e as restantes aulas da escola.
Podedes ver a nosa edición na páxina web da escola, en " O cervo dixital". Colaborou con nós tamén o equipo de dinamización da biblioteca escolar.
Pasámonos á prensa "on line". A ver que vos parece!!!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2253
BO VERÁN!!!
(2015-2016) Emocións na Carballeira
Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, dende a biblioteca escolar proponse facer unha II edición de "Lecturas na Carballeira" , isto é, saímos ao entorno cercano da escola, máis concretamente á praza do concello (Carballeira) e alí facemos pequenas lecturas e actuacións para todo aquel público que se anime a acercarse para escoitarnos.
Os de 5º, decidimos facer lecturas e pequenas dramatizacións de distintas emocións.
Agrupámonos por parellas para escoller unha emoción e traballar nela.
Nunha cartolina grande plasmamos o significado desta emoción: redactando a súa definición e acompañándoa dunha ilustración ben significativa...
Imos elaborando os nosos traballos...
E... así de emotivos van quedando.
E cando chega o día... Un de nós ocúpase de ler a definición da emoción mentres que outro dramatiza o que vai escoitando.
Imos aló!!!
María Sabarís
(2015-2016) Traballamos co XEOPLANO
Estes días tocounos traballar a xeometría e, imos facelo de forma lúdica e divertida utilizando o XEOPLANO.
Traballamos os conceptos xeométricos de xeito manipulativo, acadando unha meirande comprensión dos términos abstractos.
O uso deste sinxelo aparello tennos a todos superconcentrados!!!
Representamos distintos tipos de polígonos: triángulos, cuadriláteros, pentágonos, hexágonos... polígonos cóncavos, convexos...
Unha vantaxe do xeoplano é que non se precisa dunha grande destreza manual para debuxar correctamente, así é moito máis doado!!!
As paralelas, perpendiculares, ángulos...
Representamos o complementario e o suplementario dun ángulo...
Traballamos tamén a simetría de distintas figuras!
E representamos incluso o eixo de simetría...
Non estivo nada mal!!
María Sabarís
(2015-2016) O caracol Martiño vai ao Salón do Libro
Salón do Libro 2016: Os bichos
Este ano, dende a escola, decidimos participar no Salón do Libro elaborando unha bonita árbore chea de bichos!!!
Cada curso escolleu o bicho que mellor lle parecía e nós, os de 5º, quedámonos co caracol, si, co caracol Martiño!!!
Escollemos un agarimoso poema de Alicia Esain: "El caracol Martín" (mestra e bibliotecaria arxentina) e traducímolo ao galego, facendo unha pequena adaptación.
E ... así de "rechulo" quedou o noso libriño:
E aquí loce don Martiño rodeado de bichiños nesta bonita árbore!!!
María Sabarís
(2015-2016) A NOTICIA, " A voz da escola" chega a 5º.
Chega a hora de tratar "A noticia" na área de lingua castelá e, como non podía ser doutro xeito, aproveitamos este feito para desenvolver unha tarefa e convertirnos en xornalistas por uns intres.
O primeiro paso é coñecer a estrutura fundamental dunha nova: o titular, a entradilla, o corpo da noticia, as ilustracións... Para elo, é importante verlle as tripas a un xornal auténtico...
O segundo paso vai ser que cada un dos grupos pense na noticia que quere dar a coñecer e ir facendo un borrador co deseño da noticia.
Para plasmar as ilustracións decidimos que habería dúas opcións: buscar na rede unha imaxe relacionada coa nosa nova, imprimila, recortala e pegala...
Ou ben debuxar nós mesmos o que queremos representar...
Finalmente, o noso traballo como reporteiros quedou ben plasmado!!
O grupo de "Os fieras" descubrimos nada menos que a tumba de Julio César!!!
"Os Super Stars" colámonos nun cohete!! Toda unha aventura!!!
E...."Os cachondos" demos cun matemático prodixioso, un tal "Simpson"...
Ah, por certo! Non faltou a secuencia dunha nova desgranada polo miúdo, "fotograma a fotograma"!!
Xa so nos queda colocar as nosas noticias na corcheira da aula. Aí van!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »