Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2017-2018) Proposta de traballo para o PFPP do curso 17/18

Podes descargar a información sobre o PFPP deste curso escolar no centro no pdf adxunto.

(2016-2017) Calendario das reunións/debate para establecer os niveis de logro por proceso de CD, CCEC, CSiEE e CSC

Calendario acordado para o debate e establecemento dos niveis de logro por competencia (de 1º a 6º), para o perfil competencial:
  
- 5 de abril (16:00 h):  CD
- 23 de maio (16:00 h): CCEC
- 30 de maio (16:00): CSIEE
- 26 de xuño (pola mañá): CSC 
  
De ser posible, e no caso de levar a cabo nalgunha das datas outra competenci ademais da indicada, a data do 26 de xuño non faría falta.
  
Por esta razón, para cada unha das datas indicadas sería recomendable traer un borrador dos niveis de logro que cada quen plantexaría, tanto para a competencia en cuestión como para a seguinte, para poder continuar no caso de que dese tempo a facelo.
  
Podes descargar o planing compartivo do perfil competencial, para poder facer o borrador de niveis de logro, desde a aplicación PROGRÁMAME > programación e currículo > xerar > perfil competencial > planing comparativo.
  
Para facer o seguimento dos niveis acordados, que están a ser introducidos na aplicación, así como dos estándares prioritarios escollidos, pode facerse unha copia, desde o cartafol do centro, a un novo cartafol propio ou ben noutro xa creado, copiando ben o perfil competencial da competencia en concreto como facendo unha copia total. 

(2016-2017) Programa da docencia "A arte de pelar as cebolas" (psicomotricidade e reflexos primitivos)


De seguido podedes descargar, en pdf, o programa-guión da docencia de psicomotricidade e reflexos primitivos que correrá a cargo de Cristina:
Data: Mércores 5 de abril de 2017
Hora: 17:00 a 19:00
Lugar: CFR Pontevedra  

(2016/2017) Datas e horas para as docencia de Zentangle (Elisabeth) e psicomotricidade (Cristina)

Podes descargar de seguido o horario (datas e horas) para estas dúas docencias, a idea e valorar en ambos casos se nos interesaría afondar nas mesmas de cara o PFPP do curso que ven.

 

 

Dispoñible calendario para o curso de Arte-terapia

As tres sesións terán lugar en mércores no mes de febreiro con duración de 3 horas, e última de 4.

Consulta as datas e horas no apartado calendario deste apartado do PFPP, ou directamente nesta ligazón: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1868

 

(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CD, CCEC, CSIEE e CSC

Despois do falado na primeira reunión do PFPP, esta foi a
planificación e acordos tomamos sobre o  traballo no seminario.

SEMINARIO: 

  • Acordamos continuar coas competencias CD, CCEC, CSIEE e CSC, escollendo os estándares prioritarios de cada un dos aspectos relevantes, ó tempo que nas reunións prescenciais estableceremos os niveis de logro por proceso das competencias CMCT e CAA das que xa se escolleron os estándares prioritarios..
  • Cada participante seleccionará os estándares prioritarios do proceso/aspectos relevantes, en tódalas áreas de tódolos cursos.
  • Non ten porque haber ese proceso en tódalas áreas de cada nivel, é dicir non hai que buscar estándares en tódalas áreas dese proceso senón daquelas nas que se atpen. O que temos que conseguir é que entre tódolos procesos (feitos entre todos) consigamos que estean tódalas áreas representadas. 
  • Tedes que facerme chegar os estándares elexidos antes do 25-04-2016, para que os meta na aplicación. Podedes darmos ben "rodeados no papel" ou pasándome os códigos dos estándares que escolléstedes.  
  • A partir desa data, nas reunións do cuarto "martes do mes" marcaríamos o nivel de logro para cada aspecto destas compeencias, de primeiro a sexto. A idea sería "sacar a adiante unha competencia por reunión" 

Repartimos os procesos/aspectos relevantes de ámbalas dúas entre os participantes deste xeito:

 

  • CD: Uso crítico e creativo.... (Óscar) - entregado - xa na aplicación
  • CD: Uso das TIC para obter... (Óscar) - entregado  - xa na aplicación
  • CD: Comunicarse e participa en redes... (Óscar) - entregado  - xa na aplicación
  • CCEC: Coñecer, Comprender e valorar.... (Ángela) - entregado -na aplicación
  • CCEC: Considerar as manifestacións artísticas... (Susana) - entregado
  • CCEC: Expresarse a través de diferentes... (Merce) - entregado - xa na aplicación
  • CSIEE: Transformar as ideas en actos... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación
  • CSIEE: Crear, innovar e asumir riscos (Ana) - entregado  - xa na aplicación
  • CSIEE: Planificar e xestionar proxectos... (María) - entregado - xa na aplicación.
  • CSIEE: Promover o bo goberno... (Paulo) - entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Interpretar fenómenos e problemas sociais... (Loli) - Entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Traballo cooperativo... (Chus) - entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Participar de xeito eficaz e constructivo na vida social... (Ángela) - entregado - na aplicación
  • CSC: Participar plenamente na vida cívica.... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación

 

(Entregado: foi entregado o documento ó coordinador cos estándares prioritarios,  Xa na aplicación: foi introducido xa na aplicación no cartafol compartido polo coordinador)

Para facer máis rápido este traballo, se entrades na aplicación escolledes a pestaña de "perfil competencial" poderes filtrar os estándares que son da competencia, para poder revisar "só eses" en non todos os do currículum. 

Para o traballo por se o necesitades, aquí podedes atopar os seguintes documentos:

  • Explicación de que é cada proceso ou aspecto relevante: en PROGRÁMAME > PROGRAMACIÓN E CURRÍCULUM > PERFIL COMPETENCIAL > AXUDA SOBRE OS PROCESOS... descargará o pdf do que ou outro día vos din impreso.
  • Os currículums sobre os que "escoller os prioritarios", podedes usar o "planning comparativo" de modo que os vexades de 1º a 6º, e se un é prioritario e 1º xa o tedes localizado no resto dos cursos, para xeralo entrades en PROGRAMAME >PROGRAMACIÓN E CURRICULUM > XERAR  > PERFIL DE ÁREA > PLANNING COMPARATIVO.

No seguinte cartafol compartido en "google Drive" podedes descargar os pdf ós que antes facía mención, xerados xa desde a aplicación.

https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcdEJrM2ZpNkx0VU0

 

Se queredes como "vai quedando en prográmame", tan só tedes que escoller ou cartafol que teñades (ou crear un novo), entrar en programación e currículum > perfil competencial e desde alí escoller (abaixo de todo) "copiar só perfil competencial" (e agardar un anaco a que o copie). Tede coidado de escoller esta opción e non a de "copiar programación e perfil de área, xa que neste caso reemplazaríase o que se teña feito de programación no cartafol) 


(2016/2017) Dispoñible documentación da experiencia e ponencia de Angélica Sátiro (pensar creativamente)

Podes atopar tanto o esquema do diálogo (e metacognición durante o mesmo) da sesión de docencia, como outro material que nos remitiu a ponente, no apartado "documentos", do PFPP- Seminario.

Accede directamente desde

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1585

 

(2016-2017) Planificación e horario da ponencia de Angélica Sátiro (parte práctica e teórica)

Podesde descargar, de seguido, comodocumento adxunto, o horario e distribución do profersorado na docencia de Ángelica Sátiro sobre "filosofía para nenos/as" (xogar a pensar).

Neste pdf figura tanto a distribución e horario da parte práctica como da teórica. 

(2016-2017) Xa está dispoñible o calendario completo de reunións do seminario

Desde o apartado "calendario" da sección "PFPP Seminario" ,podedes ver o calendario completo de reunións, docencias e traballo persoal do seminario para a elaboración dos perfís competenciais do Centro.

As horas indicadas nese calendario son orientativas, agás as docencias de Angélica Satíro que son fixas, xa que as axustaremos ó acordado internamente nas reunións. O mesmo é de aplicación as docencias internas a cargo do coordinador.

As horas de traballo persoal foron divididas en dous bloques de dúas sesións cada unha, segundo ó plan de traballo acordado para a selección dos estándares prioritarios dos diferentes procesos.

Podes ver o calendario directamente aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1579

 

Podes ver o reparto de traballo para este primeiro bloque de Competencias, aquí: 

(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CMCT e CAA 

 

 

 

 

(2016-2017) Fixadas as datas e horas para a docencia e experiencias con Angélica Sátiro (filosofía para nenos/as)

As horas de docencia, dentro do seminario, impartidas por Ángelica Sátiro, sobre Filosofía para nenos (2 horas teóricas e 2 horas prácticas co alumnado), quedaron fixadas deste xeito:

 

DATA E HORA LUGAR  h.
     

28/11/2016 

16:00 - 18:00 

CFR. Pontevedra:

Angélica Sátiro (Docencia sobre Filosfía para nenos) 

 2

29/11/2016 

10:00 - 12:00  

No centro

Experiencias cos alumnos con Angélica Sátiro.

Dous grupos (EI+1º+2º  e 3º+4º+5º+6º) - unha hora por grupo

 2
     
     
     

Estas datas foron tamén engadidas ó apartado calendario do seminario. 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.