Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

recursos

Horarios de clase e persoal para o DOC

Descargade, cubride e gardade no ordenador da sala de mestres (cartafol DOC), entregade en pendrive ou enviade por e-mail os horarios que teñades que cubrir.

Novo mininual sobre a creación de webquest na aual virtual

Podedes atopalo na aula virtual, no apartado profesorado -> funcionamento da aula virtual, ou ben directamente nesta ligazón

 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/moodle/mod/resource/view.p...

Actividades Caixanova 2009-2010 - prazo para solictalas 15 de outubro

Xa está dispoñible o catálogo de actividades de Caixanova para o curso 2009-2010.

http://www.centrosocialcaixanova.com/actividadesescolares

Comunicar aquelas actividades nas que se estea interesado á Dirección para solicitalas empregando a aplicación informática ó efecto.

Engadidos dicionarios online e visitas virtuais a museos

Pódese acceder ós diferentes dicionarios online desde o apartado ZONA DE ALUMNOS/AS.

O listado de múseos e as súas visitas ou galerías virtuais pode atoparse tanto na Zona de alumnos, como no apartado específico da categoría Na rede.

A cidade tema do Salón do libro 2010

Esta é a información remitida pola organización do "Salón do Libro 2010", o tema elexido é A CIDADE:

 

 

 

XI SALÓN DO LIBRO
Pontevedra, 25 de xuño de 2009


Estimadas amigas e amigos do Salón:
“A cidade” é o tema elixido pola organización do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para protagonizar as actividades do vindeiro ano. A cidade como contorno, a cidade como medio de exploración para alcanzar a autonomía, cidades imaxinadas, cidades desexadas, cidades futuras ou cidades pasadas terán cabida nesta nova convocatoria.
Asimesmo aproveito para comunicarvos que a inauguración terá lugar o día 7 de Febreiro do 2010, e que o prazo de inscripción estará aberto dende o luns 16 de novembro ata o venres 20 do mesmo mes. A ficha de inscripción, xunto ca información necesaria, estará colgada na nosa web
www.salondolibro.org a medida que  se vaian achegando as datas.
Recordarvos tamén que mantemos os formatos dos traballos do ano pasado:
Libros-  A2 (84 x 60 cm) máximo
Traballos tridimensionais- 0,75 x 0,75 x 120 cm máximo

Co fin de facilitar o traballo organizaremos unha reunión cos interesados xa comezado o novo curso .

En nome da organización e no meu propio, quero darvos as grazas, unha vez máis, pola vosa xenerosa participación.
Saúdos


Lola Dopico,
Concelleira de Cultura de Pontevedra

Xa dispoñible o calendario escolar para o curso 2009-2010

Podes descargalo directamente desde a páxina de inicio da web ou ben desde aquí

Dispoñible no apartado Lexislación o novo currículum de Ed. Infantil xa publicado no D.O.G.

Podes descargalo desde o apartado LEXISLACIÓN.

 

Publicado no D.O.G. do 23 de xuño de 2009.

Dispoñibles os borradores do currículum de E.I. (L.O.E.) e do Calendario escolar

Están xa dispoñibles os borradores do novo currículum de Educación Infantil e do calendario escolar.

Espérase que en breve sexan publicados no D.O.G., nese momento serán incluidos no apartado lexislación e calendario escolar, respectivamente.

Ata ese momento podes acceder ós borradores desde aquí:

- borrador do calendario escolar 2009-2010

- borrador do currículum de infantil (L.O.E.) 

Incluído novo mini-manual: Edición e creación de vídeos (WMM, Kdenlive) na aula virtual

Xa se atopa dispoñible un mini-curso para a edición e creación de pequenos vídeos, con Windows Movie Maker (windows) ou KDEnlive (GNU-linux).

Tamén se indica como empregar youtube para subir os vídeos creados, e poder logo incluilos na páxina web.

 Atópase na aula virtual -> profesorado

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.