quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto
(2018-2019) Continuamos a afondar no uso do m-bot neste segundo trimestre... xa estamos preparados para afrotar o gran reto de fin de curso.
Neste segundo trimestre, os compañeiros de 5º e 6º, na área de Libre Elección de robótica continuaron a afondar no coñecemento do m-bot, tanto na súa parte de programación como no "tuneado" da súa estructura.
Por suposto primeiro houbo que montalos.
Tuneámolos como consideramos a súa estructura, pensando como facer que fose viable para o seu funcionamento.
Así de orixinais quedaron as súas creacións:
Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.
Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.
[5º e 6º xuntos] 01/12/18: (2018-2019) Aprendemos a programar e a mover o m-bot neste primeiro trimestre nas clases de robótica en 5º e 6º
(2018-2019) Aprendemos a programar e a mover o m-bot neste primeiro trimestre nas clases de robótica en 5º e 6º
Este curso iniciamos no noso centro a implantación das áreas de Libre Elección de Centro, adicadas a robótica. A partir do currículum elabordo no curso pasado puxemos en práctica un obradoiro semanal para os niveis de 4º e 6º de primaria, no que que tamén participan os compañeiros de 3º e 5º respectivamente.
No caso dos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º durante este primeiro trimestre, tras organizar os seus equipos cooperativos, para o traballo nos obradoiros, descubrimos todo isto:
Descubrimos como funciona a pirámide holográfica e como crealos e experimentamos se tamén sucedía empregando outra figuras xeométricas en volume.
Serías capaz de debuxar un círculo co pro-bot programando distancias e ángulos?
Deseñamos un xogo de "penaltis" con m-block para aprender o seu funcionamento e poder usalo para mover o "m-bot". Cada un dos equipos creou o seu xogo.
Se queres ver tódolos proxectos (xogos que creamos) no obradoiro de 5º e 6º, co m-block (scratch) podes facelo de seguido.
Podes atopalos todos no sitio online de Scratch, na conta do colexio:
https://scratch.mit.edu/users/colexiocampolameiro/
Con estes mesmos códigos puidemos comezar a explorar como se pode mover programándooñ
Como último reto cada equipo tivo que seguir unhas instrucións para crear un pequeno "xogo" que cumplise os criterios, acordando os roles dentro do mesmo e chegando a acordos.
No seguinte trimestre seguiremos afondando no noso traballo nos obradoiros, encamiñados ó gran reto final de final de curso. Pero antes teremos que "construír" todos estes m-bot que recibimos co equipamento de "robótica educativa" no que participa o centro.
Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.
Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.
O Salón do Libro 2018: "Mulleres de conto"
"Rodando mulleres de conto", esta foi a nosa a aportación para o Salón do Libro deste ano.
Entre todo o alumnado da escola fixemos esta cámara de cine tan vistosa, e xa cada clase en particular elaborou un libro en forma de filme que, simbolicamente, sería proxectado na nosa cámara.
Como cada libro iría dedicado a unha "muller de conto", o noso centrouse en Lasksmi Bai, raíña e guerreira.
Había unha vez unha moza chamada Laskshmi que vivía en Jhansi, na India e a quen lle encantaba loitar...
Laskshmi Bai
E CHEGOU O DÍA DA VISITA AO SALÓN DO LIBRO...
O primeiro que fixemos foi un obradoiro literario que ía sobre unha píntega... Que era iso?.. Tras contrastar diversas opinións, ideas e ocurrencias, acabamos por ilustrala e, deste xeito, quedounos moi claro a todas e todos.
E unha vez rematado o noso obradoiro, comezamos a visita polo salón...
México foi o convidado especial!
Pero ademais... había moitas curiosidades!
E como non! Tamén quixemos ver os traballos dos outro coles...
2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro
Xa inmersos no Proxecto organizado pola biblioteca do centro: "3,2,1...rodando libros " quixemos afondar un pouco máis a cerca dun antigo cine que existía en Campo Lameiro fai xa moitos anos.
E, alá fomos, os de 6º, ao Concello coa profe Zaira,que nos axudou a redactar unha carta donde lle explicabamos o traballo que estamos a realizar, e a información que necesitabamos ...
(2017-2018 ) PERICO DOS PALOTES
Dende a Biblioteca escolar, estamos inmersos nun proxecto de cine que leva por título : " 1,2,3...Rodando libros". E, como para o Salón do Libro este curso se nos pedía un traballo sobre "Mulleres de conto", decidimos facer un refundido,unha adaptación das dúas temáticas, que quedou desta maneira:
A nosa muller é un tanto especial...PERICO DOS PALOTES
Unha muller, escritora, maestra, activista dos dereitos da muller...Unha muller de conto!!!!
Mural do outono con 6º
ENROLLÁNDONOS COAS FILIGRANAS
No segundo trimestre empezamos a traballar coas filigranas nas clases de plástica, foi unha tarefa laboriosa pero valeu a pena, pois saíron cousas moi bonitas.
O primeiro paso era decidir o que ía facer cada un e, unha vez feito, escoller as cores e cortar as tiras de papel para empezar a enrollar.
Uns decidiron facer cadros con filigranas e outros optaron polos marcos...
Unha vez enrolladas as filigranas, escolleuse a pintura para o fondo para logo empezar a pegar as rodiñas de papel...
Houbo incluso quen debuxou unha paixase que logo completaría coas filigranas...
E finalmente, foron quedando cousiñas así de bonitas!
VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA
No mes de abril, visitamos o Museo de Pontevedra, un percorrido sen desperdicio!
Alí nos estaban esperando para instruirnos cunha visita guiada, a cal comezou coa Idade de Pedra.
Tamén vimos petroglifos, aínda que non tan espectaculares como os de Campo Lameiro!
Logo fomos pasando á Idade dos Metais...
Sorprendeunos o tesouro que gardaban aquelas vitrinas... todo en ouro!!! Con xoias verdadeiramente espectaculares!!!
De alí pasamos á sala de exposicións de pintores galegos...
E... non podían faltar as obras do noso querido Castelao...
Así como algúns dos seus obxectos persoais...
E outros que utilizaba para as súas obras de teatro...
Esta colección, precisamente, pertencía á súa coñecida "Os vellos non deben de namorarse".
E así demos fin ao noso percorrido, recomendándovos non deixar de visitar este interesante museo que temos tan preto.
2016-2017 VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
A nosa visita ao Museo ...
Aquí estamos, os rapaces e rapazas de 5º e 6º desexosos de ver o que nos tiñan preparado!!!!
Empezamos coa Prehistoria...E nós deste tema demostramos que sabemos un montón...
Cantas cousiñas facían coas pedras!!!!! Ata había un petroglifo.....
Logo pasamos á Idade do Metal
Pero tamén vimos restos de cerámica..
E tamén nos levaron a ver a sala de Castelao...
E, como o Museo é tan bonito, non puiedemos resistirnos a sacar unha fotiño!!!!!!
E despois de tanta Historia, un paseíño pola Alameda para repoñer forzas...
"O MUNDO QUE QUEREMOS ", no Salón do Libro
O xoves, 16 de marzo, collemos as nosas mochilas, subimos ao bus e dirixímonos a Pontevedra, ao Salón do Libro, como non!!!
Dende os máis pequenos ata os maiores, acodimos o cole ao completo!
E alí esperábanos Orbil, a noso lobo favorito que, como non podía ser doutro xeito... recibiunos con moita alegría!
Unha vez alí, fixemos un taller moi interesante...
E seguimos a nosa visita polas dependencias do Salón...
Fixemos algún que outro experimento...
E tamén participamos nalgúns xogos interesantes...
E finalmente rulamos un pouquiño para gozar de todos os traballos feitos polos coles que participaron no Salón. Había un montón!!!
E non podía faltar a nosa maleta viaxeira de Dora, toda ela chea de marabillas... As Sete Marabillas do Mundo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »