primeiro, segundo, primeiro e segundo, 1º e 2º xuntos
(2018-2019) Aprender xogando
Durante este trimestre intentouse que aprender lles resultara divertido e motivador aos nenos.
Así, ademais de facer letras en papel, no aire, con cordas, con plastilina e ata nas costas dos compañeiros... tamén fixemos letras con limpapipas
ou na nosa "pizarra máxica" de fariña de millo.
Tamén usamos a nosa "culler de ler" para repasar as letras e a lectura de sílabas.
Ademais temos na aula varios "xogos da oca" que nos serven para practicar as letras máis difíciles.
Para as matemáticas e os números temos un ábaco e xogos como a nosa "árbore de sumar".
Un destes días veu á clase "Tropicaco", un canciño que nos ensinou o abecedario cantando.
Non olvidemos que xogar permite desenvolver unha grande variedade de destrezas, habilidades e coñecementos para os nenos. E ademais...é divertido!
Libriño do corpo humano
En 1º e 2º traballamos o tema do corpo humano. Co que aprendemos fixemos un libro desplegable para levar para casa.
Nel puxemos as partes do corpo.
As articulacións que temos e para que nos serven.
Fixemos un minilibro cos diferentes sistemas do corpo: locomotor, dixestivo, respiratorio, circulatorio...
Tamén fixemos unha "flor" cos nosos cinco sentidos.
Adicamos algunhas sesións a falar de como debiamos coidar o corpo para que estea san. Todo eso deixámolo reflexado no libriño.
Ademais, elaboramos un pequeno test para ver canto saben as familias sobre o corpo humano.
E así demos por rematado o traballo do corpo humano, non sen antes escoitar o noso propio corazón cun fonendoscopio auténtico.
Así de orgullosos estaban do seu traballo.
Cabeza, tronco, extremidades...
Para repasar, cantar e bailar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »